Fritz Lang
Friedrich Christian Anton Lang, máis coñecido coma Fritz Lang, nado en Viena o 5 de decembro de 1890 e finado nos Ánxeles o 2 de agosto de 1976, foi un director de cine austríaco que traballou en Alemaña e Estados Unidos.
Traxectoria
editarDificilmente clasificable, as súas películas abrangueron dende o Film Noir, o western ou o cine de espías ata o cine bélico, o aventureiro ou o melodramático. Porén, cómpre salientar a súa época alemá, con filmes como o máximo expoñente do expresionismo cinematográfico, a visionaria Metropolis (1927), ou Der Testament des Dr. Mabuse (1933; O testamento do Dr. Mabuse, en tradución literal ao galego). Da súa xeira americana pódense destacar Só se vive unha vez (1936) e Os subornados (1953).
En 1933 recibiu a proposta de Joseph Goebbels de se facer cargo dos estudos alemáns de cine UFA, pero Lang, contrario ao nazismo, fuxiu cara a Francia esa mesma noite, chegando aos Estados Unidos o ano seguinte.
Filmografía
editarA filmografía de Lang podémola clasificar en función do país de rodaxe. De 1919, data da súa primeira película como director, ata 1933 filmou en Alemaña. En 1934 rodou un filme en Francia, para logo realizar as súas películas nos Estados Unidos de 1936 a 1956. En 1959 e 1960 dirixiu tres producións en Alemaña, para logo rodar a súa derradeira película en Francia en 1964.
- 1919: Halbblut
- 1919: Der Herr der Liebe
- 1919: Die Spinnen
- 1919: Harakiri
- 1920: Das wandernde Bild
- 1921: Kämpfende Herzen (tamén: Die Vier um die Frau)
- 1921: Der müde Tod
- 1922: Dr. Mabuse, der Spieler, 1ª parte: Der große Spieler – Ein Bild unserer Zeit
- 1922: Dr. Mabuse, der Spieler, 2ª parte: Inferno – Ein Spiel von Menschen unserer Zeit
- 1924: Die Nibelungen 1ª parte: Siegfried
- 1924: Die Nibelungen 2ª parte: Kriemhilds Rache
- 1927: Metropolis
- 1928: Spione
- 1929: Frau im Mond
- 1931: M – Eine Stadt sucht einen Mörder
- 1933: Das Testament des Dr. Mabuse
- 1934: Liliom
- 1936: Fury
- 1937: Só se vive unha vez
- 1938: You and Me
- 1940: The Return of Frank James
- 1941: Western Union
- 1941: Man Hunt
- 1943: Hangmen Also Die!
- 1944: Ministry of Fear
- 1944: A muller do cadro
- 1945: Perversidade
- 1946: Cloak and Dagger
- 1948: Segredo tras a porta
- 1949: House by the River
- 1950: American Guerilla in the Philippines
- 1952: Encubridora
- 1952: Clash by Night
- 1953: The Blue Gardenia
- 1953: Os subornados
- 1954: Desexos humanos
- 1955: Os contrabandistas de Moonfleet
- 1955: While the City Sleeps
- 1956: Beyond a Reasonable Doubt
- 1959: Der Tiger von Eschnapur
- 1959: Das indische Grabmal
- 1960: Os crimes do doutor Mabuse
- 1964: Le mépris
Véxase tamén
editarBibliografía
editar- Grandes directores. Fritz Lang (2009). G.E. On-Off S.L. DVD adquirido con Xornal de Galicia.