Glen Hansard
Glen Hansard, nado o 21 de abril de 1970 en Dublín, é un cantante e compositor do grupo irlandés de rock The Frames. Tamén ten traballado como presentador de televisión e actor, destacando a súa actuación no filme Once.
(2015) | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 21 de abril de 1970 (54 anos) Dublín, Irlanda |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Irlanda |
Educación | Escola de Cinema de Nova York |
Actividade | |
Ocupación | actor , músico , compositor de bandas sonoras , actor de cinema , cantautor , artista urbano , cantante , guitarrista |
Período de actividade | 1990 - |
Membro de | |
Xénero artístico | Música tradicional e indie pop |
Lingua | Lingua inglesa e lingua neerlandesa |
Tesitura | Barítono |
Instrumento | Ukelele, voz e guitarra |
Familia | |
Parella | Markéta Irglová |
Premios | |
Páxina web | glenhansard.com |
|
Traxectoria
editarHansard deixou a escola á idade de 13 anos para gaña-la vida tocando polas rúas de Dublín. A primeira vez que se deu a coñecer ó gran público foi como o guitarrista Outspan Foster no filme The Commitments. No 2003 presentou o programa de televisión da RTÉ, Other Voices: Songs from a Room. En abril do 2006 publicou o seu primeiro álbum musical en solitario The Swell Season, coa colaboración da cantante e instrumentista checa Markéta Irglová, a finesa Marja Tuhkanen ó violín e o francés Bertrand Galen ó violoncello. Tamén colaborou con Eddie Vedder no seu último traballo Ukelele Song. Tamén no 2006, actuou no filme Once, onde interpreta a un músico da rúa xunto con Markéta Irglová, que fai dunha inmigrante checa que vende flores pola rúa. O filme tivo moi boa acollida no Festival de Cinema de Sundance e foi gañadora dun Óscar á mellor canción orixinal.
Discografía
editarThe Frames
editarÁlbums
editar- Another Love Song (1991)
- Fitzcarraldo (1995)
- Fitzcarraldo (1996)
- Dance the Devil (1999)
- For the Birds (2001)
- Breadcrumb Trail (2002) (álbum en directo)
- Set List (2003) (álbum en directo)
- Burn the Maps (2004)
- The Cost (2006)
Singles e EPs
editar- The Dancer (1991)
- Masquerade (1992)
- Turn On Your Record Player EP (1992)
- Picture of Love (1993)
- Angel at My Table (1994)
- Revelate (1995)
- Monument (1996)
- I am the Magic Hand (1999)
- Pavement Tune (1999)
- Rent Day Blues EP (1999)
- Come On Up to the House
- Lay Me Down (2001)
- Headlong (2002)
- The Roads Outgrown EP (2003)
- Fake (2003)
- Finally (2004)
- Sideways Down (2005)
- Happy (2005)
- Falling Slowly/No More I Love Yous (2006)
The Swell Season
editar- The Swell Season (2006)
- Once Soundtrack (2007)
- Strict Joy (2009)
Filmografía
editar- The Commitments (1991)
- Once (2007)
- Austin City Limits (2008)
- Ballymun Lullaby (2011) - Documental
- Play (2011)
Premios e nomeamentos
editarAno | Categoría | Filme | Resultado |
---|---|---|---|
2007 | Óscar á mellor canción orixinal | Once | Gañador |
- Nomeado ós Premios Grammy 2007 - Mellor canción escrita para filme, televisión ou outro medio audiovisual - Falling slowly do filme Once.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Glen Hansard |
Ligazóns externas
editar- Letras de The Swell Season en Irish Music Central Arquivado 27 de setembro de 2007 en Wayback Machine. (en inglés)
- Excreting Songs - Entrevista a Glen Hansard (en inglés)