Glicerio
Glicerio, nado no 420 e finado despois do 480, foi emperador de Occidente, sucesor de Anicio Olibrio. Foi coroado polo príncipe burgundio Gundobado o 5 de marzo de 473.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 430 (Gregoriano) Dalmacia, Croacia |
Morte | década de 480 (49/59 anos) Dalmacia, Croacia |
Causa da morte | valor descoñecido |
Emperador romano de Occidente | |
3 de marzo de 473 – xuño de 474 (Gregoriano) ← Anicio Olibrio – Xulio Nepote → | |
Actividade | |
Ocupación | sacerdote |
Período de tempo | Imperio Romano |
Período de actividade | 473 - 474 |
Descrito pola fonte | Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron Paulys Realenzyklopädie der klassischen Altertumswissenschaft |
Traxectoria
editarAcceso ao trono
editarGlicerio foi nomeado emperador no 473. O remate da guerra civil entre o emperador Antemio e Ricimer deixaba o trono en mans de Anicio Olibrio, pero só durou uns meses á fronte do Imperio. Pero mentres tanto Ricimer morre e no seu lugar queda Gundobado, que se apresura a nomear novo emperador na persoa de Glicerio, quen até entón era comes domesticorum, ou sexa, comandante dunha unidade de elite da garda imperial. Segundo as fontes, foi nomeado entre o 3 o 5 de marzo do 473 en Rávena co apoio do exército.
Reinado
editarGlicerio reside a maior parte do tempo no Norte de Italia, segundo as cuñaxes de moeda, e pouco se coñece do seu reinado. Non foi recoñecido como emperador por León I, o emperador do Imperio Oriental. Trata de conciliar o seu nomeamento, aceptando que o infante León sexa nomeado cónsul dos dous imperios, pero León I nomea o comandante das forzas do Imperio Oriental en Dalmacia, Xulio Nepote, como novo emperador de Occidente, en xullo do 474. Pero, mentres tanto, León I fina en Constantinopla, e o elixido é o seu neto León II, quen, debido á súa curta idade, nomea Augustus ao seu pai Zenón.
Vívese naquel entón unha situación crítica, con tres emperadores no trono e outro nomeado, pero que aínda non tomara posesión. Por outra banda, os visigodos aproveitan este estado para tomar as cidades de Arles e Marsella. Así mesmo, o rei Vidimer, cos ostrogodos, tenta de invadir Italia, pero de novo se recorre aos visigodos, que envían un exército para a protección, pero que de seu significa a invasión e toma de Italia polos exércitos de Eurico; é o final ficticio do Imperio Romano.
Deposición
editarPero mentres tanto, Xulio Nepote e con motivo da morte de León I, deixara até a primavera do 474 a súa entrada en Italia. En xuño do 474, desembarca en Ostia e Glicerio entrega o poder sen loita nin resistencia. Inmediatamente, Xulio Nepote é nomeado emperador. Glicerio é nomeado bispo de Salona, e no ano seguinte, cando Xulio Nepote abandone Italia camiño da Dalmacia, levará a Glicerio como bispo persoal.
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editar- "Glycerius", De Imperatoribus Romanis
Imperio Romano | ||
---|---|---|
Segue a: Anicio Olibrio |
Glicerio | Precede a: Xulio Nepote |
Imperio de Occidente |