Glicurónido
Un glicurónido, tamén chamado glicuronósido, é unha substancia producida polo enlace entre un ácido glicurónico e outra substancia por medio dun enlace glicosídico.[1] Os glicurónidos pertencen aos glicósidos.
A glicuronidación ou conversión de compostos químicos en glicurónidos, é un método que usan os animais para facilitar a excreción de substancias tóxicas, fármacos e outras sbstancias que non poden utilizarse como fontes de enerxía. O ácido glicurónico únese ao composto por medio dun enlace glicosídico e o glicurónido resultante, que ten unha solubilidade en auga moito maior que a substancia orixinal, é finalmente excretado nos riles.[2]
Os encimas que rompen o enlace glicosídico dos glicurónidos denomínanse glicuronidases.
Exemplos
editar- Miquelianina (Quercetina 3-O-glicurónido)
- Morfina-6-glicurónido
- Escutelareína-7-glicurónido
Notas
editar- ↑ The American Heritage Medical Dictionary, 2007, Houghton Mifflin Company
- ↑ Yang G, Ge S, Singh R, Basu S, Shatzer K, Zen M, et al. (maio de 2017). "Glucuronidation: driving factors and their impact on glucuronide disposition". Drug Metabolism Reviews 49 (2): 105–138. PMC 7660525. PMID 28266877. doi:10.1080/03602532.2017.1293682.
Este artigo sobre bioloxía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |