Gran Premio de Mónaco de 1970

O Gran Premio de Mónaco de 1970 foi unha carreira de Fórmula Un celebrada o 10 de maio de 1970 no Circuíto de Mónaco en Monte Carlo, Mónaco. Foi a terceira carreira do Campionato do Mundo de pilotos de 1970.

Modelo:Competición deportivaGran Premio de Mónaco de 1970
Imaxe
Nome oficialXXVIII Grand Prix de Monaco Editar o valor en Wikidata
TipoGran Premio de Mónaco Editar o valor en Wikidata
Deporteautomobilismo Editar o valor en Wikidata
Parte deCampionato Mundial de Fórmula 1 de 1970 Editar o valor en Wikidata
Distancia do evento80 Editar o valor en Wikidata
Localización  e  Datas
LocalizaciónCircuíto de Mónaco (Monte Carlo) 43°44′05″N 7°25′14″L / 43.734722222222, 7.4205555555556 Editar o valor en Wikidata
Lonxitude3,337 km Editar o valor en Wikidata
PaísMónaco Editar o valor en Wikidata
Data10 de maio de 1970 Editar o valor en Wikidata
Competición
Primeiro postoJochen Rindt Editar o valor en Wikidata
Pole positionJackie Stewart Editar o valor en Wikidata
Volta máis rápidaJochen Rindt Editar o valor en Wikidata

Resumo

editar

Non houbo cambios significativos na liña de saída de Mónaco, a única noticia foi Ronnie Peterson, participando cun March privado. O equipo Lotus decidiu levar o vello 49 en vez do novo chasis 72, a pesar das probas nunha carreira non de campionato en Silverstone un par de semanas antes. Na cualificación, March copou a primeira fila, con Jackie Stewart na pole (para o equipo Tyrrell) e Chris Amon a seu carón. O terceiro lugar foi para o McLaren de Denny Hulme, e o cuarto para o Brabham de Jack Brabham; detrás deles estaba o Ferrari de Jacky Ickx. O primeiro piloto de Lotus foi Jochen Rindt, cualificou en oitavo lugar.

A pesar da choiva nos días anteriores, o sol brillaba o día da carreira, e a pista estaba seca. Ao principio, Stewart liderou a carreira, con Amon, Brabham, Ickx e Jean-Pierre Beltoise detrás del, na segunda volta, Beltoise pasou Ickx. Stewart comezou a afastarse, polo que a orde mantívose sen cambios ata a volta 12, cando Ickx retirouse cun fallo na transmisión. Na volta 22 Beltoise, retirouse con problemas na transmisión, na mesma volta Brabham pasou a Amón ao segundo lugar. Parecía que Stewart podía repetir comodamente a vitoria que tivo en España, pero na volta 27 o seu March comezou fallar, e detívose nos pits. Isto deixou ao Brabham á fronte, con Amón, Hulme e Rindt, que se abriu camiño desde o medio do pelotón. Na súa primeira carreira, Peterson estaba facéndoo ben, no sétimo lugar, mentres o motor do BRM de Jackie Oliver fallou, deixando aos comisarios un arduo traballo para limpar todo o aceite que caeu na pista.

Case ao mesmo tempo, Hulme tivo problemas co embrague do seu McLaren, saltaron as engrenaxes do cambio, polo que caeu por detrás de Rindt e Pescarolo, na volta 62 fallou a suspensión de Amón, e viuse obrigado a retirarse, deixando ao austríaco no segundo lugar, nove segundos por detrás de Brabham. Logo aumentou o seu ritmo, e cara ás últimas voltas estaba pegado ao australiano. A vitoria de Brabham parecía estar en camiño, resistindo toda a presión que Rindt exercía sobre el. Pero sucedeu o incrible: saíuse da liña de carreira para evitar un coche máis lento en Gazomètre, na última curva da última volta, Brabham derrapou sobre a superficie poeirenta e foise directamente ás balas de palla, entregándolle a vitoria a Rindt (unha vitoria recibida cun gran salto de alegría por Colin Chapman). Brabham volveu rapidamente á pista e terminou a carreira en segunda posición. O terceiro lugar foi para Pescarolo nun Matra, mentres que as restantes posicións para os puntos foron para Hulme, Graham Hill (que se abriu camiño desde o último lugar da grella) e Pedro Rodríguez.

Clasificación

editar
Pos Piloto Construtor Voltas Tempo/Retirada Grella Puntos
1 3   Jochen Rindt Lotus-Ford 80 1:54:37.4 8 9
2 5   Jack Brabham Brabham-Ford 80 + 23.1 4 6
3 9   Henri Pescarolo Matra 80 + 51.4 7 4
4 11   Denny Hulme McLaren-Ford 80 + 1:28.3 3 3
5 1   Graham Hill Lotus-Ford 79 + 1 volta 16 2
6 17   Pedro Rodríguez BRM 78 + 2 voltas 15 1
7 23   Ronnie Peterson March-Ford 78 + 2 voltas 12
8 19   Jo Siffert March-Ford 76 Sen Combustible 11
Ret 28   Chris Amon March-Ford 60 Suspensión 2
NC 24   Piers Courage De Tomaso-Ford 58 Non Clasificado 9
Ret 21   Jackie Stewart March-Ford 57 Motor 1
Ret 16   Jackie Oliver BRM 42 Motor 14
Ret 8   Jean-Pierre Beltoise Matra 21 Diferencial 6
Ret 12   Bruce McLaren McLaren-Ford 19 Suspensión 10  
Ret 14   John Surtees McLaren-Ford 14 Presión aceite 13
Ret 26   Jacky Ickx Ferrari 11 Semieixo 5
NSC 10   Andrea de Adamich McLaren-Alfa Romeo
NSC 6   Rolf Stommelen Brabham-Ford
NSC 15   George Eaton BRM
NSC 2   John Miles Lotus-Ford
NSC 20   Johnny Servoz-Gavin March-Ford

Posicións logo da carreira

editar
  • Notas: Só están incluídos os cinco primeiros postos da clasificación.


Carreira anterior:
Gran Premio de España de 1970
Campionato Mundial de Fórmula 1 da FIA
Temporada 1970
Carreira seguinte:
Gran Premio de Bélxica de 1970
Carreira anterior:
Gran Premio de Mónaco de 1969
Gran Premio de Mónaco Carreira seguinte:
Gran Premio de Mónaco de 1971

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar