Gran Premio de Mónaco de 1996
O Gran Premio de Mónaco de 1996 foi unha carreira de Fórmula Un celebrada o 19 de maio de 1996 no Circuíto de Mónaco en Monte Carlo, Mónaco. A carreira correuse con choiva e foi a sexta carreira do Campionato do Mundo de pilotos de 1996, disputada en principio sobre 78 voltas, gañouna Olivier Panis anotando a súa única vitoria na Fórmula Un, logrando a última vitoria na Fórmula Un para o equipo Ligier (e o primeiro para o fabricante do motor Mugen Motorsports) logo de cambiar aos pneumáticos lisos nunha parada en boxes moi oportuna. En virtude do regulamento, a carreira detívose no límite de dúas horas desde o inicio, cando se completaron 75 voltas das 78 que estaban previstas. Dos 22 coches, só catro chegaron á liña de meta.
Nome oficial | LIV Grand Prix Automobile de Monaco |
---|---|
Tipo | Gran Premio de Mónaco |
Deporte | automobilismo |
Parte de | Campionato Mundial de Fórmula 1 de 1996 |
Distancia do evento | 75 |
Localización e Datas | |
Localización | Circuíto de Mónaco (Monte Carlo) 43°44′05″N 7°25′14″L / 43.734722222222, 7.4205555555556 |
Lonxitude | 3,337 km |
País | Mónaco |
Data | 19 de maio de 1996 |
Competición | |
Primeiro posto | Olivier Panis |
Pole position | Michael Schumacher |
Volta máis rápida | Jean Alesi |
Informe
editarPráctica e cualificación
editarMichael Schumacher logrou a pole, pero causou unha controversia de menor importancia cando na súa volta de desaceleración impediu a Gerhard Berger facer un bo tempo ao final da sesión. Ao saír do túnel Schumacher circulaba lentamente, recibindo o recoñecemento da multitude, mentres que Berger estaba nunha volta rápida. Schumacher tratou de apartarse do camiño de Berger, pero o austríaco ía demasiado rápido e tivo que virar a gran velocidade para evitar ao Ferrari, entrando na chicane ao revés.
Carreira
editarOlivier Panis foi o máis rápido na volta de formación[1] Jacques Villeneuve foi 18º logo de preparar unha configuración de mollado en previsión de esperada choiva.[2] Entre a sesión de warm-up e a carreira, caeron fortes choivas no circuíto. Engadiuse unha sesión adicional de 15 minutos para permitir aos pilotos afacerse ás novas condicións xa que era a primeira vez que caía a choiva a fin de semana.[3][4][5] A sesión levouse a cabo ás 13:15;CEST (GMT +2).[6] Varios pilotos saíronse da pista durante a sesión, incluíndo a Pedro Lamy, Pedro Diniz e Giancarlo Fisichella, pero todos lograron continuar.[7][8][9] Os únicos dous pilotos con danos foron Mika Häkkinen e Andrea Montermini, que sufriron danos no seu coche.[10][11] Jean Alesi sufriu unha picada ao final da sesión, pero foi capaz de volver á rúa de boxes.[12] Varios pilotos optaron por saltar a sesión. O equipo Footwork optou por non participar, xa que non tiñan pezas de reposto, e calquera accidente marcaría o final do seu fin de semana.[13] Häkkinen foi o máis rápido, establecendo o seu tempo antes do seu accidente, con Alesi, Rubens Barrichello e Johnny Herbert por detrás. Os dous Williams foron sétimo e oitavo, con Villeneuve por diante de Damon Hill e Schumacher detrás deles, noveno.[14] A carreira comezou ás 14:30 CEST.[15]
Na volta de arrequecemento Montermini estrelou o seu Forti saíndo do túnel, e a falta dun coche de reserva significou que o italiano non puido iniciar a carreira en mollado, polo tanto, só 21 coches tomaron a saída. Hill, conseguiu pasar a Schumacher en Santa Devota, mentres que máis atrás xa había problemas. Jos Verstappen, que optara por iniciar a carreira con pneumáticos de seco, deslizouse directamente contra o muro. Os dous Minardi elimináronse cando se engancharon na saída da primeira curva. E así, 18 coches subían polo outeiro na primeira volta. Hill comezou a afastarse, mentres que Schumacher, gañador da pole perdeu o control saíndo de Mirabeau e chocou contra o muro, deixando 17 coches en marcha. Ao chegar á Rascasse, Barrichello fixo un trompo. Logo de cinco voltas, só había 13 coches en carreira Ukyo Katayama (accidente), Ricardo Rosset (accidente) e Diniz (transmisión) uníronse á lista de abandonos. Unha diferenza significativa empezou a abrirse entre os líderes e Eddie Irvine, cuarto. De feito había unha cola de oito coches detrás do lento Ferrari. Berger retirouse na volta 10 con problemas na caixa de cambios e quedaron 12 autos, mentres que Heinz-Harald Frentzen danou o seu alerón dianteiro intentando pasar Irvine. Na volta 31, Martin Brundle trompeou, o que deixou a só 11 coches na carreira. Tres voltas máis tarde, Irvine, finalmente, foi adiantado, cando Panis logrou pasalo na curva de Loews, nunha manobra electrizante. Irvine perdeu o control e atascouse pero incorporou de novo o seu coche coa axuda dos comisarios. Hill, pola súa banda, perdeu brevemente a vantaxe con Alesi cando fixo unha parada en boxes na volta 30 para cambiar a pneumáticos lisos cando pista comezou a secarse, pero recuperou o liderado unha volta despois, cando superou ao francés (que aínda estaba con pneumáticos de choiva) na pista. Alesi fixo a súa parada en boxes pouco despois, o que permitiu a Hill ampliar a súa vantaxe a case 30 segundos e seguir imperturbable na parte dianteira ata a volta 40, cando un erro na caixa de cambios levou a que fallara o motor na saída do túnel, foi a súa primeira retirada da tempada. Alesi tomou o liderado que duroulle 20 voltas, cando a súa suspensión fallou, entregando a primeira posición a Panis. Luca Badoer perdía seis voltas no Forti cando chocou con Villeneuve en Mirabeau, retirándose os dous pilotos. A carreira non cubriu a distancia total no tempo límite e a regra das dúas horas entrou en vigor. Panis aventaxaba a David Coulthard por unha pequena marxe, con só outros cinco coches detrás deles. Irvine finalizou unha tarde memorable ao trompear no mesmo punto no que o seu compañeiro Schumacher se estrelou. Mentres trataba de reincorporarse, foi golpeado por Mika Salo, que era á súa vez golpeado por Häkkinen. Os tres coches retiráronse e os comisarios tiveron que traballar duro para limpar a pista. Afortunadamente só había catro coches circulando, con Frentzen último. O alemán, que facilmente podería liderar a carreira, decidiu retirarse a boxes na penúltima volta, de tódolos xeitos corría por última vez. Xa que, só Panis, Coulthard e Herbert acabaron a carreira, o francés gañou o seu único Gran Premio e foi a primeira vitoria de Ligier en 15 tempadas. Frentzen, Salo e Häkkinen clasificáronse nas posicións dos puntos finais con Irvine acreditado no sétimo lugar.
Clasificación
editarCualificación
editarPos | Nº | Piloto | Construtor | Tempo | Diferenza | ||
---|---|---|---|---|---|---|---|
1 | 1 | Michael Schumacher | Ferrari | 1:20.356 | |||
2 | 5 | Damon Hill | Williams-Renault | 1:20.866 | +0.510 | ||
3 | 3 | Jean Alesi | Benetton-Renault | 1:20.918 | +0.562 | ||
4 | 4 | Gerhard Berger | Benetton-Renault | 1:21.067 | +0.711 | ||
5 | 8 | David Coulthard | McLaren-Mercedes | 1:21.460 | +1.104 | ||
6 | 11 | Rubens Barrichello | Jordan-Peugeot | 1:21.504 | +1.148 | ||
7 | 2 | Eddie Irvine | Ferrari | 1:21.542 | +1.186 | ||
8 | 7 | Mika Häkkinen | McLaren-Mercedes | 1:21.688 | +1.332 | ||
9 | 15 | Heinz-Harald Frentzen | Sauber-Ford | 1:21.929 | +1.573 | ||
10 | 6 | Jacques Villeneuve | Williams-Renault | 1:21.963 | +1.607 | ||
11 | 19 | Mika Salo | Tyrrell-Yamaha | 1:22.235 | +1.879 | ||
12 | 17 | Jos Verstappen | Footwork-Hart | 1:22.327 | +1.971 | ||
13 | 14 | Johnny Herbert | Sauber-Ford | 1:22.346 | +1.990 | ||
14 | 9 | Olivier Panis | Ligier-Mugen-Honda | 1:22.358 | +2.002 | ||
15 | 18 | Ukyo Katayama | Tyrrell-Yamaha | 1:22.460 | +2.104 | ||
16 | 12 | Martin Brundle | Jordan-Peugeot | 1:22.519 | +2.163 | ||
17 | 10 | Pedro Diniz | Ligier-Mugen-Honda | 1:22.682 | +2.326 | ||
18 | 21 | Giancarlo Fisichella | Minardi-Ford | 1:22.684 | +2.328 | ||
19 | 20 | Pedro Lamy | Minardi-Ford | 1:23.350 | +2.994 | ||
20 | 16 | Ricardo Rosset | Footwork-Hart | 1:24.976 | +4.620 | ||
21 | 22 | Luca Badoer | Forti-Ford | 1:25.059 | +4.703 | ||
22 | 23 | Andrea Montermini | Forti-Ford | 1:25.393 | +5.037 | ||
107% tempo: 1:25.981 |
Carreira
editarPos | Nº | Piloto | Construtor | Voltas | Tempo/Retirada | Grella | Puntos |
---|---|---|---|---|---|---|---|
1 | 9 | Olivier Panis | Ligier-Mugen-Honda | 75 | 2:00:45.629 | 14 | 10 |
2 | 8 | David Coulthard | McLaren-Mercedes | 75 | +4.828 | 5 | 6 |
3 | 14 | Johnny Herbert | Sauber-Ford | 75 | +37.503 | 13 | 4 |
4 | 15 | Heinz-Harald Frentzen | Sauber-Ford | 74 | Retirada | 9 | 3 |
5 | 19 | Mika Salo | Tyrrell-Yamaha | 70 | Colisión | 11 | 2 |
6 | 7 | Mika Häkkinen | McLaren-Mercedes | 70 | Colisión | 8 | 1 |
7 | 2 | Eddie Irvine | Ferrari | 68 | Collisión | 7 | |
Ret | 6 | Jacques Villeneuve | Williams-Renault | 66 | Colisión | 10 | |
Ret | 3 | Jean Alesi | Benetton-Renault | 60 | Suspensión | 3 | |
Ret | 22 | Luca Badoer | Forti-Ford | 60 | Colisión + Eléctrico | 21 | |
Ret | 5 | Damon Hill | Williams-Renault | 40 | Motor | 2 | |
Ret | 12 | Martin Brundle | Jordan-Peugeot | 30 | Trompo | 16 | |
Ret | 4 | Gerhard Berger | Benetton-Renault | 9 | Caixa de cambios | 4 | |
Ret | 10 | Pedro Diniz | Ligier-Mugen-Honda | 5 | Transmisión | 17 | |
Ret | 16 | Ricardo Rosset | Footwork-Hart | 3 | Trompo | 20 | |
Ret | 18 | Ukyo Katayama | Tyrrell-Yamaha | 2 | Trompo | 15 | |
Ret | 1 | Michael Schumacher | Ferrari | 0 | Accidente | 1 | |
Ret | 11 | Rubens Barrichello | Jordan-Peugeot | 0 | Trompo | 6 | |
Ret | 20 | Pedro Lamy | Minardi-Ford | 0 | Colisión | 19 | |
Ret | 21 | Giancarlo Fisichella | Minardi-Ford | 0 | Colisión | 18 | |
Ret | 17 | Jos Verstappen | Footwork-Hart | 0 | Accidente | 12 | |
NTS | 23 | Andrea Montermini | Forti-Ford | Accidente na volta de formación | 22 |
Posicións logo da carreira
editar
|
|
- Notas: Só están incluídos os cinco primeiros postos da clasificación.
Carreira anterior: Gran Premio de San Marino de 1996 |
Campionato Mundial de Fórmula 1 da FIA Temporada 1996 |
Carreira seguinte: Gran Premio de España de 1996 |
Carreira anterior: Gran Premio de Mónaco de 1995 |
Gran Premio de Mónaco | Carreira seguinte: Gran Premio de Mónaco de 1997 |
Notas
editar- ↑ Edwards, Ben (Commentator) (1996-05-19). Monaco Grand Prix: Acclimatisation Session Live (Television production). Londres: Eurosport. Escena en 08:05 (excluding commercials).
- ↑ Edwards, Ben; Watson, John (Commentators) (1996-05-19). Monaco Grand Prix: Acclimatisation Session Live (Television production). Londres: Eurosport. Escena en 01:00-01:20 (excluding commercials).
- ↑ Edwards, Ben (Commentator) (1996-05-19). Monaco Grand Prix: Acclimatisation Session Live (Television production). Londres: Eurosport. Escena en 00:00-00:05.
- ↑ Edwards, Ben (Commentator) (1996-05-19). Monaco Grand Prix: Acclimatisation Session Live (Television production). Londres: Eurosport. Escena en 00:57.
- ↑ Edwards, Ben (Commentator) (1996-05-19). Monaco Grand Prix: Acclimatisation Session Live (Television production). Londres: Eurosport. Escena en 02:10-02:15.
- ↑ Edwards, Ben (Commentator) (1996-05-19). Monaco Grand Prix: Acclimatisation Session Live (Television production). Londres: Eurosport. Escena en 15:37.
- ↑ Monaco Grand Prix: Acclimatisation Session Live (Television production). Londres: Eurosport. 1996-05-19. Escena en 05:00.
- ↑ Monaco Grand Prix: Acclimatisation Session Live (Television production). Londres: Eurosport. 1996-05-19. Escena en 07:30.
- ↑ Monaco Grand Prix: Acclimatisation Session Live (Television production). Londres: Eurosport. 1996-05-19. Escena en 12:45.
- ↑ Monaco Grand Prix: Acclimatisation Session Live (Television production). Londres: Eurosport. 1996-05-19. Escena en 13:45.
- ↑ Monaco Grand Prix: Acclimatisation Session Live (Television production). Londres: Eurosport. 1996-05-19. Escena en 15:56.
- ↑ Monaco Grand Prix: Acclimatisation Session Live (Television production). Londres: Eurosport. 1996-05-19. Escena en 16:56-19:00.
- ↑ Watson, John (Commentator) (1996-05-19). Monaco Grand Prix: Acclimatisation Session Live (Television production). Londres: Eurosport. Escena en 18:45.
- ↑ Monaco Grand Prix: Acclimatisation Session Live (Television production). Londres: Eurosport. 1996-05-19. Escena en 19:47.
- ↑ Edwards, Ben (Commentator) (1996-05-19). Monaco Grand Prix: Acclimatisation Session Live (Television production). Londres: Eurosport. Escena en 00:40.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Gran Premio de Mónaco de 1996 |