Historia da literatura galega contemporánea
Historia da literatura galega contemporánea é unha obra de Ricardo Carballo Calero publicada pola Editorial Galaxia en 1963.[1] En 1975 fíxose unha 2ª edición ampliada:
Historia da literatura galega contemporánea | |
---|---|
Portada da edición de 1975 | |
Título orixinal | Historia da literatura galega contemporánea |
Autor/a | Ricardo Carballo Calero |
Orixe | Galicia |
Lingua | Galego |
Tema(s) | literatura galega |
Xénero(s) | Ensaio |
Editorial | Editorial Galaxia |
Data de pub. | 1975, 2ª ed. (1963) |
Páxinas | 896 |
ISBN | ISBN 84-7154-227-7 |
[ editar datos en Wikidata ] |
“ | En 1963 foi imprentada unha parte desta obra, que comprendía os primeiros oito capítulos. Estaba prevista a aparición dun segundo volume que contería o resto do traballo... Cando ao final se rematou a tarefa, estimouse preferíbel reunir nun só tomo toda a obra; así que esta é unha segunda edición daquel primeiro tomo, completada cos capítulos proxeitados inicialmente para constituír o segundo. É, logo, unha segunda edición aumentada![2] | ” |
Reeditouse en 1981[3] e 2001[4]. Galaxia tirou en 2020 unha nova edición facsímile da de 1981 (ISBN 978-84-9151-421-3).[5]
A Editora Nacional de Madrid publicou en 1976 unha tradución da primeira edición.
Contido
editarO estudo abrangue de 1808 a 1936
“ | Como estaba previsto desde que se planeou a obra, esta comprende a literatura galega aparecida entre 1808 e 1936, fitos importantes na evolución da mesma. Mais o editor e o autor teñen convido en non interrumpir a información sobre aqueles autores xa ben coñecidos en 1936 que continuaron en activo despois desa data. Séguese, pois, a súa carreira até o presente, no seu caso. Incluímos no noso estudo aos que en 1936 tiñan publicado libros, e prescindimos dos que por entón somente encetaran a súa carreira, por moi soados que chegaran a ser posteriormente. Realmente, damos por rematado este estudo co dos membros da derradeira promoción do Seminario de Estudos Galegos, nados arredor de 1910.[6] | ” |
- Introdución
- Lingua e literatura
- Historiografía
- I. A literatura galega dende a Invasión Francesa ata a morte de Fernando VII
- Literatura patriótica. Un labrador que foi sarxento aos soldados do novo alistamento.
- O teatro. Antonio Benito Fandiño. Noticia doutros autores e pezas.
- Xosé Fernández Neira
- Manuel Pardo de Andrade
- Antonio Arias Teixeiro
- Louvores do Cardeal Quevedo.
- Pedro Boado Sánchez
- Cantores mindonienses do Nadal. Antonio María de Castro e Neira. Lois Corral Rodríguez.
- Nicomedes Pastor Díaz
- Escritos satíricos de carácter popular
- II. O Romantismo. Precursores de Rosalía
- A Galicia romántica
- Os Precursores
- Os Xogos Florais de 1861 na Coruña
- Vicente Turnes
- Xacinto Romualdo López
- Francisco Fernández Anciles
- Xoán Manuel Pintos
- Francisco Añón
- Xosé María Posada
- Xosé García Mosquera
- Alberto Camino Sigüer
- Marcial Valladares Núñez
- Xosé Bieito Amado
- Francisco Mirás
- Antonio de la Iglesia
- Francisco María de la Iglesia
- Xosé Pérez Ballesteros
- Xan Antonio Saco e Arce
- Antonio Fernández Morales
- Benito Vicetto
- Xosé Domínguez Izquierdo
- Xan Montero Telinge
- Vicente Feixoo
- Sánchez de Santa María
- Máis cultivadores do vilancico de Nadal
- Outros poetas do Álbum da Caridade
- III. Introducción ao estudo do Renacimento pleno
- O Renacimento pleno
- Mestres, compañeiros e sucesores
- Revolución e Restauración
- As revistas
- Andrés Martínez, editor
- Os Xogos Frorás de Tui
- A Cova Céltiga
- A Academia Galega
- Murguía
- O acompañamento musical
- IV. Rosalía de Castro
- Importancia de Rosalía
- A vida
- Physis
- Psyshé
- A invención dos Cantares
- Contido
- Comentario
- Métrica
- Follas Novas. Contido
- Do folclore á metafísica
- Visión da vida humá
- A métrica en Follas Novas
- Relacións e débedas
- A prosa rosaliá
- Lingua
- Estilo
- VI. Manuel Curros Enríquez
- Persoalidade de Curros
- Biografía
- Bibliografía
- Civis
- Civis gallaecus
- Poesía costumista
- Lirismo
- A Virxe do Cristal
- O Divino Sainete
- Lingua
- Algúns rasgos estilísticos
- Métrica
- VII. Os Diádocos
- Xenios orixinais e inxenios coadxuvantes
- Valentín Lamas Carvajal
- Benito Losada
- Xan Cuveiro Piñol
- Manuel Murguía
- Antonio López Ferreiro
- Xan Barcia Caballero
- Galo Salinas
- Evaristo Martelo Paumán
- Manuel Comellas Coimbra
- Manuel Leiras Pulpeiro
- Francisco Tettamancy
- Aureliano Pereira
- Xesús Rodríguez López
- Carré Aldao
- Alberto García Ferreiro
- Manuel Martínez González
- Filomena Dato Muruais
- Xan da Masma
- Outros escritores diste tempo
- VIII. Os Epígonos
- Continuación
- Florencio Vaamonde Lores
- O Marqués de Figueroa
- Enrique Labarta
- Manuel Lugrís Freire
- Salvador Cabeza León
- Amador Montenegro Saavedra
- Aurelio Ribalta
- Eladio Rodríguez González
- Manuel Núñez González
- Lois González López
- Heraclio Pérez Placer
- Francisca Herrera Garrido
- Xerardo Álvarez Limeses
- Francisco Álvarez de Nóvoa
- Xan Pla Zubiri
- Samuel Eixán
- Francisco Porto Rey
- Xosé Alonso Obregón
- Outros epígonos
- Nómina de esquecidos
- Poetas da dereita do Eo
- Outros poetas da antoloxía de Carré
- IX. A literatura postrenacentisa
- A literatura postrenacentista
- Transición e renovación
- A vida de Noriega Varela
- O home e o poeta
- Realismo costumista
- Lirismo da natureza
- Os sonetos
- Semblanza de Noriega
- A liña tradicional da época postrenacentista
- Manuel Vidal Rodríguez
- Avelino Rodríguez Elías
- Xesús San Luís Romero
- Xavier Prado "Lameiro"
- Manuel García Barros
- Xosé María López
- Teolindo Cortiña Toural
- Daniel Pernas Nieto
- Francisco Potel Pardal
- Xosé Crecente Vega
- Carmen Prieto Rouco
- Outros poetas e prosistas continuadores da tradición
- X. A época das Irmandades
- Modernismo e rexionalismo
- Extensión cultural do idioma galego
- Ramón Cabanillas. A vida
- Poesía lírica
- Poesía narrativa
- Prosa
- Teatro
- Lingua e estilo
- A escolma de Cabanillas. Gonzalo López Abente
- Victoriano Taibo
- Xosé Rubinos
- Outros poetas dos tempos da Irmandades
- Prosistas da Irmandade da Cruña
- Os irmáns Carré Alvarellos
- A narrativa. Xosé Lesta Meis
- A novela curta
- O teatro
- O Grupo Nós
- A revista Nós
- A persoalidade de Vicente Risco
- A súa obra narrativa
- A súa obra ensaística
- Vida de Castelao
- A súa persoalidade literaria
- Castelao narrador
- Castelao dramaturgo
- Castelao ensaísta
- Perfil biográfico de Otero Pedrayo
- A obra literaria. Novelas
- Narrativa breve
- Valor da narrativa de Otero Pedrayo
- Ensaio
- Teatro
- Poesía
- Estilo
- Florentino Cuevillas
- Antonio Losada Diéguez
- XII. Os Novecentitas
- XIII. Os tempos do Seminario
“ | Acabouse de imprimir nos talleres de Artes Gráficas Galicia, de Vigo, esta segunda edición da Historia da literatura galega contemporánea, de Ricardo Carballo Calero, o día 24 de febreiro de 1975, data en que se compren cento trinta e oito anos do nacimento de Rosalía de Castro, que tivo lugar na mesma cidade de Santiago de Compostela onde o autor puxo o ramo á súa obra. | ” |
Proxección
editarEsta monumental historia da literatura galega contemporánea é a obra máis importante do autor e unha contribución fundamental á historiografía da literatura en lingua galega, fonte na que beben os estudos posteriores.
Inclúe unha completa Bibliografía dos doce capítulos tratados. Tamén achega uns extensos Índices: onomástico, de obras, de revistas e xornais, de láminas, xeral. O índice de obras serviu de guía na exposición O libro galego onte e hoxe (1979) en Santiago de Compostela.[7]
Segundo Henrique Rabuñal: unha obra monumental que supuña un tratamento dignificador da nosa propia literatura abordada con rigor, autonomía e precisión.[8]
Carballo Calero engade nunha conversa con Carmen Blanco:[9]
... foi a obra en que invertín, efectivamente, un maior número de horas de traballo e na que consumín un maior número de anos en reunir datos, consultar textos e organizar sistematicamente a materia. Esa obra non vai máis alá da miña propia xerazón. Foi concebida desde o primeiro momento por min dentro dos límites que se me sinalaron...
Notas
editar- ↑ Valverde, Albeerto (Xullo, agosto, setembro 2020). "Carballo Calero e a Historia da Literatura". Grial. LVIII (227): 82. ISSN 0017-4181.
- ↑ Carballo Calero, Ricardo (1975). Historia da literatura galega contemporánea. Editorial Galaxia. ISBN 84-7154-227-7.
- ↑ Carballo Calero, Ricardo (1981). Historia da literatura galega contemporánea. Editorial Galaxia. ISBN 84-7154-391-5.
- ↑ Carballo Calero, Ricardo (2001). Historia da literatura galega contemporánea. Editorial Galaxia. ISBN 978-84-7154-390-5.
- ↑ "Volver a clase co manual de Carvalho". La Voz de Galicia (en castelán). 2020-07-06. Consultado o 2020-07-06.
- ↑ Carballo Calero 1975, p. 8.
- ↑ Vilariño Pintos, Daría; Pardo Gómez, María Virtudes (1981). O libro galego onte e hoxe. Catálogo da Exposición Bibliográfica Santiago, maio-xuño 1979. USC. ISBN 84-7191-252-X.
- ↑ Rabuñal, Henrique (2020). Ricardo Carvalho Calero. O anxo da terra. Galaxia. p. 158. ISBN 978-84-9151-436-7.
- ↑ Blanco, Carmen (1989). Conversas con Carballo Calero. Galaxia. p. 113. ISBN 84-7154-654-X.
Véxase tamén
editarOutros artigos
editar- Historia da literatura galega (1951, F. del Riego)
- Historia da literatura galega (5 vol,s. 1996-98, AS-PG)
- Historia da literatura galega (1999, Vilavedra)
- Galicia#Literatura (2000-2003, Hércules de Ediciones)
- Historia xeral da literatura galega (2001, Gómez e Queixas)
- Historia da literatura galega (4 vol,s., 2013-2019, Pena)
Ligazóns externas
editar- Historia da literatura galega contemporánea (3ª edición, 1981) en Google Books.
- Historia da literatura galega online da AS-PG.