Hugo I de Francia

(Redirección desde «Hugo Capeto»)

Hugo I de Francia ou Hug Capeto, nado en Dourdan en 940 e finado en Les Juifs, preto de Chartres, o 24 de outubro de 996, foi conde de París, duque de Francia (956 - 987), rei dos francos (987 - 996) e fundador da dinastía dos Capetos[1].

Modelo:BiografíaHugo I de Francia

Editar o valor en Wikidata
Nome orixinal(fr) Hugues Capet Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento940 Editar o valor en Wikidata
Dourdan, Francia Editar o valor en Wikidata
Morte24 de outubro de 996 Editar o valor en Wikidata (55/56 anos)
Les Juifs, Francia (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Causa da morteVaríola Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaBasílica de Saint-Denis Editar o valor en Wikidata
Rei dos francos
3 de xuño de 987 – 24 de outubro de 996
← Lois V de FranciaRoberto II de Francia → Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónrealeza Editar o valor en Wikidata
Outro
TítuloDuque Editar o valor en Wikidata
FamiliaDinastía dos Capetos Editar o valor en Wikidata
CónxuxeAdelaide da Aquitânia (969 (Gregoriano)–) Editar o valor en Wikidata
FillosGisèle de France, Hedwig of France, Countess of Mons, Roberto II de Francia Editar o valor en Wikidata
PaisHugo o Grande (robertiano) Editar o valor en Wikidata  e Edviges da Saxônia Editar o valor en Wikidata
IrmánsBeatriz de França
Emma of Paris
Henrique I de Borgoña
Otto, Duke of Burgundy
Erberto d'Auxerre Editar o valor en Wikidata
Sinatura Editar o valor en Wikidata

sen valor Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteDicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron
The Nuttall Encyclopædia >>>:Hugh Capet
Meyers Konversations-Lexikon, 4th edition (1885–1890) (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
WikiTree: Capet-57 Find a Grave: 11420947 Editar o valor en Wikidata

Traxectoria

editar

Liñaxe

editar

Hugo Capeto era o fillo de Hugo o Grande, duque dos francos, e a súa esposa Edwiga de Saxonia. Por liña paterna era neto do rei Roberto I de Francia, e por liña materna de Henrique I de Alemaña.

Hugo o Grande morreu o 16 de xuño de 956, cando aínda era menor o mozo Hugo, o irmán máis vello dos tres fillos do falecido duque. Os tres quedaron baixo a tutela do seu tío Bruno de Colonia, arcebispo de Colonia, mentres que as súas "honras" pasaron ás mans do Güelfo, Hugo o Abade.

Duque dos francos

editar
 
Escudo de armas da dinastía Capeto

En 960 converteuse en duque dos francos, tamén foi conde de Orleans e abade laico de Saint-Martin, de Marmoutier, de Saint-Germain-des-Prés e de Saint-Denis.

Rei dos francos

editar

Foi elixido rei por unha grande asemblea reunida en Senlis o 1 de xuño de 987 despois de que o rei carolinxio Lois V de Francia falecese sen sucesión por mor dun accidente de caza no 987. Foi coroado en Noyon o 3 de xullo de 987 polo arcebispo de Reims, co que se converteu en rei por dereito divino. O "rei do capuchón"[2] inaugurou, así, a dinastía Capeto que durará ata 1328 -con ramas colaterais ata 1792-, e puxo fin á dinastía precedente aínda que o carolinxio Carlos de Lotarinxia tamén optase ao trono de Francia. Non obstante, tanto a intervención do arcebispo de Reims como o apoio do partido imperial, contrario á unión de Lorena co reino occidental, xa que se convertería nun reino demasiado poderoso que podería facer sombra á autoridade imperial, foron decisivos para que Hugo Capeto fose elixido rei malia a lexitimidade da candidatura de Carlos de Lorena.

 
Carolinxios e robertianos

Reinado de Hugo Capeto

editar

Contorno económico

editar

O seu reinado supuxo a feudalización da moeda. A debilidade do poder real levou a moitos bispos, señores e abadías a cuñaren a súa propia moeda e difundiuse a práctica de pesar as moedas para comprobar o seu valor[3].

Contorno eclesiástico

editar

A dirección das abadías encoméndase a persoas laicas, coas que se relaxou a disciplina monástica e o nivel cultural dos sacerdotes caeu. En contraste, aqueles raros mosteiros que mantiveron unha conduta irreprochábel recibiron numerosas doazóns económicas a cambio de cartas de absolución, especialmente post mortem[4]. Algúns mosteiros, coa súa fama, gañaran algo de autonomía, por exemplo Cluny, cuxo abade era amigo persoal do rei[5].

As revoltas dos vasalos

editar
 
Ao nordés os inimigos do rei: o conde de Flandres, o conde de Vermandois e o conde de Blois. Os aliados do rei: o conde de Normandía, casado coa súa irmá Emma e o conde de Anjou

Hugo atopouse cos intentos de independencia dos seus vasalos na zona comprendida entre o Sena e o Loira. O conde Teobaldo I de Blois, que fora fiel ao seu pai, Hugo o Grande, e, a cambio, se lle encomendara o goberno da cidade de Laon, autoproclamouse conde de Blois, fortificou as principais cidades e buscou apoio de Chartres e Châteaudun.

Carlos de Lorena intentara ser elixido rei de Francia á morte do último dos carolinxios, Lois V de Francia, pero o bispo Adalberón de Reims desacreditárao nunha reunión cos grandes señores na que expuxo o carácter traizoeiro de Charles acusándoo de diferentes cargos: intento de usurpación da coroa (978), aliarse con Otón II e difamación da súa cuñada acusándoa de adulterio a raíña Emma de Italia[6]. Durante o reinado de Hugo, Carlos fíxose forte en Laon e o rei tivo que montar un cerco á cidade[7]. Entón morreu o bispo Adalberón e Hugo nomeou para substituílo a Arnoul, un fillo ilexítimo do falecido Lotario de Francia, coa esperanza de que estivese do seu lado, pero este entregou Reims a Carlos de Lorena. Hugo só recibiu o apoio de Eudes I de Blois. Unha vez que gañou a cidade, fixo xulgar a Arnoul nun concilio en Saint-Basle-de-Verzy (o 18 e o 19 de xuño de 991), que o depuxo e nomeou a Xerberto de Aurillac no seu lugar.

En 991 formouse unha coalición entre o rei, o conde de Anjou e o duque de Normandía para vencer a rebelión de Eudes de Blois. Entre todos gañaron a cidade de Melun, pero Eudes retomou as armas e apoderouse de Nantes, que sería liberado polo conde de Anjou Fulques Nerra.

Preocupados polas ansias de poder do conde de Anjou, Ricardo I de Normandía, Eudes de Blois e Balduíno IV de Flandres aliáronse contra el (995-996). O conflito veríase interrompido pola morte de Eudes en marzo de 996 e definitivamente pola morte de Hugo Capeto a finais de outubro do mesmo ano[a][9].

Os ducados silenciosos

editar

Entre todas estas loitas contra o rei Hugo, houbo condados que se mantiveron á marxe.

Matrimonio e descendencia

editar
 
Hugo Capeto e Adelaida de Aquitania.

Hugo Capeto casou en 968 con Adelaida de Aquitania, filla de Guillerme III de Aquitania. Tres fillos naceron deste matrimonio.

Tivo un fillo ilexítimo coñecido como Guaslín de Francia (? - 1030 ), arcebispo de Bruxas.

Sucesión

editar

Do mesmo xeito que o rei Lotario I, o primeiro capeto fixo escoller e coroou rei de todo o dominio real ao seu herdeiro, Roberto, a finais do ano 987, evitando así as loitas dinásticas entre irmáns que foran moi frecuentes durante as dinastías merovinxias e caroloxias. Hugo Capet morreu preto de Chartres, sendo posteriormente enterrado na catedral de Saint-Denis.

  1. Polos síntomas descritos polos cronistas do seu tempo, semella que morreu de varíola.[8]
  1. "Hug I de França". L'Enciclopèdia.cat. Barcelona: Grup Enciclopèdia Catalana. 
  2. "Capet". L'Enciclopèdia.cat. Barcelona: Grup Enciclopèdia Catalana. 
  3. Philippe Contamine, Marc Bompaire, Stéphane Lebecq, Jean-Luc Sarrazin:"L'économie médiévale", Collection U, Armand Colin 2004, p. 128
  4. Georges Duby:" L'an mil", Paris, Gallimard, 1993 (ISBN 978-2-07-032774-4) pàg276
  5. Michel Balard, Jean-Philippe Genet et Michel Rouche:" Le Moyen Âge en Occident", Hachette 2003, p. 104-105
  6. Michel Parisse:"Le roi de France et son royaume autour de l'an mil", Paris, Picard, 1992 (ISBN 978-2-7084-0420-5)pàg 31-32
  7. François Menant i altres:" Les Capétiens. Histoire et dictionnaire". 987-1328, Paris, Robert Laffont, 1999 (ISBN 978-2-221-05687-5) pàg 32
  8. Sassier, Yves (1987). Hugues Capet (en francés). París: Fayard. p. 265. ISBN 978-2-213-01919-2. 
  9. Les Capétiens. Histoire et dictionnaire (987-1328) (en francès). París: Robert Laffont. 1999. ISBN 978-2-221-05687-5. )
  10. "BURGUNDY duchy. dukes of burgundy". 

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar