Irene Montero

política española

Irene María Montero Gil, nada en Madrid o 13 de febreiro de 1988, é unha política e psicóloga española, membro da dirección de Podemos. Deputada por Madrid da lexislatura XII do Congreso dos Deputados. Actual Voceira do Grupo Confederal Unidos Podemos -En Comú Podem -En Marea no Congreso. É licenciada en Psicoloxía, ten un máster en Psicoloxía da Educación (2013) e é investigadora na Universidade Autónoma de Madrid.[1]

Modelo:BiografíaExcelentísima Señora Editar o valor en Wikidata
Irene Montero

Montero en 2024.
Biografía
Nacemento(es) Irene María Montero Gil Editar o valor en Wikidata
13 de febreiro de 1988 (36 anos)
Madrid
Eurodeputada
Representa: Podemos

16 de xullo de 2024 –

Circunscrición electoral: España

Minister for Equality (en) Traducir
Representa: Unidas Podemos

13 de xaneiro de 2020 – 20 de novembro de 2023
← Bibiana AídoAna Redondo García (mul) Traducir →
Deputada de España
Representa: Unidas Podemos

3 de decembro de 2019 – 17 de agosto de 2023

Circunscrición electoral: Circunscrición electoral de Madrid

Deputada de España
14 de maio de 2019 – 3 de decembro de 2019 (disolución do parlamento)

Circunscrición electoral: Circunscrición electoral de Madrid

Deputada de España
8 de xullo de 2016 – 21 de maio de 2019

Circunscrición electoral: Circunscrición electoral de Madrid

Deputada de España
5 de xaneiro de 2016 – 19 de xullo de 2016

Circunscrición electoral: Circunscrición electoral de Madrid

Datos persoais
ResidenciaGalapagar Editar o valor en Wikidata
País de nacionalidadeEspaña
Ideoloxía políticaSocialismo e feminismo Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade Autónoma de Madrid - psicoloxía (2006–2011)
Colegio Siglo XXI (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoFeminismo e Unión Europea Editar o valor en Wikidata
Lugar de traballo Madrid Editar o valor en Wikidata
OcupaciónPolítica e psicóloga
Partido políticoPodemos (2014–) Editar o valor en Wikidata
Membro de
Xuventude Comunista (2004–valor descoñecido) Editar o valor en Wikidata
Salario base79.025,73 € Editar o valor en Wikidata
Familia
ParellaPablo Iglesias Turrión (2016–) Editar o valor en Wikidata
PaisClemente Montero Editar o valor en Wikidata  e Adoración Gil Editar o valor en Wikidata
Premios
Sinatura

IMDB: nm6940852 Facebook: irene.montero.5070 Twitter: IreneMontero Instagram: i_montero_ Telegram: i_montero Dialnet: 5240072 Editar o valor en Wikidata

Traxectoria

editar

Estudou no colexio Siglo XXI do barrio de Moratalaz en Madrid. Afiliouse á Xuventude Comunista (UJCE) ós 16 anos.[2] É licenciada en Psicoloxía, ten un máster en Psicoloxía da Educación (2013) e é investigadora na Universidade Autónoma de Madrid.[3] Uniuse a Podemos xunto a Rafael Mayoral tras as eleccións ao Parlamento Europeo de 2014.

En novembro de 2014, tras ser candidata ó Consello Cidadán de Podemos, foi nomeada responsable de Movementos Sociais.[4][5] Ademais, comezou a dirixir o gabinete do líder de Podemos, Pablo Iglesias, a súa actual parella.[6]

Durante a campaña electoral previa ás eleccións do 20 de decembro de 2015, Pablo Iglesias afirmou que sería a vicepresidenta e ministra da Presidencia dun hipotético goberno de Podemos.[7]

É membro da Mesa de Coordinación de Podemos, secretaria de Acción no Congreso e xefa do gabinete de Pablo Iglesias, secretario xeral do partido.

Ministra de Igualdade

editar

En 2020, Pedro Sánchez resulta elixido de novo, tralas eleccións xerais de novembro de 2019. Tralo pacto entre PSOE e Podemos, acádase un acordo para formar goberno de coalición en España por primeira vez na súa historia moderna, trala experiencia da Fronte Popular durante a Segunda República. Irene Montero -con 31 anos- chega ó Goberno desta forma e é nomeada ministra, coa mesma idade que tiña a que foi a primeira ministra de Igualdade de España, a socialista Bibiana Aído, cando o presidente José Luis Rodríguez Zapatero a puxo á fronte desa nova carteira, e converteuna na ministra máis nova da historia de España. A dirixente de Podemos igualou este récord.[8]

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar