José María Pardo Montero
José María Pardo Montero, nado en Sobrado o 24 de setembro de 1930 e finado en Lugo o 25 de outubro de 2015, foi un avogado e político galego.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1930 Sobrado, España |
Morte | 25 de outubro de 2015 (84/85 anos) Lugo, España |
Deputado no Congreso dos Deputados | |
10 de xullo de 1986 – 2 de setembro de 1989 Lexislatura: III lexislatura de España Circunscrición electoral: Pontevedra Electo en: Eleccións Xerais 1986 en España | |
Deputado no Congreso dos Deputados | |
2 de xullo de 1986 – 2 de setembro de 1989 Circunscrición electoral: Pontevedra | |
Deputado do Parlamento de Galicia | |
12 de decembro de 1981 – 20 de outubro de 1985 Circunscrición electoral: Provincia de Pontevedra | |
Senador de España | |
1 de marzo de 1979 – 31 de agosto de 1982 Circunscrición electoral: Lugo (en) | |
Deputado no Congreso dos Deputados | |
4 de xullo de 1977 – 2 de xaneiro de 1979 Lexislatura: Lexislatura Constituínte de España Circunscrición electoral: Circunscrición electoral de Lugo Electo en: Eleccións Xerais 1977 en España | |
Actividade | |
Lugar de traballo | Madrid |
Ocupación | político |
Traxectoria
editarEstudou o bacharelato en Santiago de Compostela e licenciouse en Dereito na USC. Exerceu como avogado en Vilalba. Casou con Ángeles Hortal Espinosa.
Como home público, tivo unha longa traxectoria política. Foi deputado de UCD por Lugo na lexislatura constituínte (1977-1979), logo senador na I lexislatura (1979-1982), parlamentario autonómico en 1981 e deputado por Pontevedra na III Lexislatura (1986-1989). En 1979 foi nomeado Conselleiro de ordenación do territorio, urbanismo e transportes da Xunta preautonómica. O 11 de abril de 1987 como representante do Partido Liberal, constituíu na Coruña a Coalición Progresista Galega, con Fernando García Agudín, por Coalición Galega e Enrique Marfany polo PDP.
Contribuíu á dinamización económica de Lugo desde o seu cargo como presidente de Caixa Rural Galega, que se converteu (dende 1986)[1] en tal na súa presidencia a partir da Caixa Rural de Lugo.
Notas
editar- ↑ "Falece José María Pardo Montero, presidente de Caixa Rural Galega". El Progreso de Lugo. 2015-10-26. Consultado o 2020-03-29.
Véxase tamén
editarBibliografía
editar- Porteiro, Mª Xosé; Perozo, Xosé A. (1981). Quen é quen no primeiro Parlamento Galego. Vigo: Xerais. pp. 262–265. ISBN 84-7507-044-2.
Outros artigos
editar- Lista de deputados galegos no Congreso desde a Transición
- Lista de senadores galegos desde a Transición
Ligazóns externas
editar- Ficha no Congreso dos Deputados Arquivado 01 de xuño de 2020 en Wayback Machine.
- Ficha no Senado