Kismaayo
Kismaayo (en somalí, Kismaayo; en árabe, كيسمايو,; en italiano, Chisimaio) é unha cidade portuaria na provincia de Jubbada Hoose (Baixo Xuba), Rexión autónoma de Xubalandia, a máis sureña de Somalia.
Localización | ||||
---|---|---|---|---|
| ||||
Estado | Somalia | |||
Capital de | ||||
Poboación | ||||
Poboación | 166.667 (2017) (3.968,26 hab./km²) | |||
Lingua oficial | Lingua somalí Lingua suahili | |||
Xeografía | ||||
Superficie | 42 km² | |||
Altitude | 0 m | |||
Comparte fronteira con | ||||
Identificador descritivo | ||||
Fuso horario | ||||
É a quinta cidade máis grande do país, despois de Mogadixo (a capital), Hargeisa, Merca e Berbera.
Está situada a 528 km ao suroeste de Mogadixo, cerca da foz do río Xuba, onde desemboca no océano Índico.
A cidade foi fundada polos baxuni, unha poboación bantú. Varios clans somalís chegaron á zona recentemente.
En 2007, a súa poboación estimábase nuns 256 000 habitantes.
En 2006 a cidade estivo baixo o control da Unión de Tribunais Islámicos, un grupo islamista fundamentalista que estableceu alí a xaria.
Historia
editarA cidade quizais podería ser a antiga Gondal. Foi fundada en 1872 polos Baxuni, etnia bantú, antes de que os clans somalís se instalasen na rexión.
O seu nome deriva de dúas palabras da lingua Bajuni: Kisima, que significa "pozo" e yu, que significa "profundo"; por tanto, o nome da cidade significa "pozo profundo". Dado que era difícil para os somalís a pronuncia de Kisimayu, o nome foi somalizado, e converteuse en Kisimaayo (o duplo "aa" en somalí indica un a longo, polo que algúns escriben Kismayo). O pozo do cal a cidade recibiu o nome encontrábase na illa de Kisimayu que durante a construción do porto actual foi unida á costa polos norteamericanos en 1962.
Cando se fundou en 1872, Kismaayo estaba baixo a soberanía do Sultán de Zanzíbar, e despois foi ocupada por Exipto de 1875 a 1876, baixo Mehmet Alí. O 1 de xullo de 1895, foi cedida e anexionada ao protectorado británico de África Oriental e até 1923 formou parte da colonia británica de Kenya. Polo protocolo italo-británico do 15 de xullo de 1924 a cidade foi anexionada a Somalia, xunto co seu territorio, que pasou a denominarse Transxuba, ou Ultraxuba (en italiano, Oltre Giuba), porque estaba situado a partir da marxe oeste do río Xuba, até a fronteira con Kenya. En virtude do Tratado de Londres, que prevía cesións de territorios coloniais a favor de Italia por Francia e Inglaterra en caso de vitoria na primeira guerra mundial.
O 28 de xuño de 1925 o Alto Comisario Corrado Zoli desembarcou en Kismaayo, capital da Xubalandia, para recibir a entrega do territorio de mans do Comisario Provincial británico; o goberno de Roma tiña previsto que o novo territorio, despois dun breve período de administración exraordinaria do Alto Comisario, formaría parte da Somalia italiana, o que tivo lugar o 1 de xullo de 1926 por efecto dun Real Decreto despois convertido en Lei. Kisamaayo foi a capital da rexión de Xubalandia.[1]
Durante a administración italiana, Kismaayo foi a terceira cidade en importancia política, económica e social da colonia.
A Kismaayo moderna debe o seu desenvolvemento aos coñecementos e ao savoir-faire dos seus habitantes, que foron capaces de establecer relacións comerciais coas zonas da costa oriental de África ao longo dos séculos pasados.
A raíz do colapso do Estado somalí, en xaneiro de 1991, converteuse nun lugar de resistencia antes de caer baixo o control dos milicianos dos señores da guerra Aidid e Omar Jesse. Centos de civís, incluíndo un gran número de médicos e intelectuais, foron masacrados sistematicamente, co fin de facer fuxir polo terror os cidadáns. Foi unha cidade mártir até a chegada dos soldados belgas na cadro da operación Restore Hope (restaurar a esperanza) no outono de 1993. Esta operación era o nome que se lle deu á Forza de Intervención Unificada (UNITAF), forza multilateral da Organización das Nacións Unidas (resolución 794 do Consello de Seguridade das Nacións Unidas), que foi liderada polos Estados Unidos e se desenvolveu desde o 5 de decembro de 1992 até o 4 de maio de 1993 en Somalia. A misión terminou en fracaso.
Dous anos máis tarde, despois de rematar a misión da ONU, a administración da cidade confiouse ao xeneral Morgan, xenro do antigo presidente de Somalia Siad Barre, e home pertencente ao clan deste. Despois de fracasar na misión de pacificación dos clans da rexión, o xeneral Morgan foi destituído, pero permaneceu á cabeza da administración da rexión. Tivo que enfrontar unha importante ofensiva militar apoiada polos habitantes de Kismaayo e dirixida polo coronel Barre Hiiraale para destituílo no ano 2001.
A cidade, que estes anos perdeu poboación, estimándose que en 2012 contaba con entre os 160 000 e os 190 000 habitantes, foi o derradeiro bastión das milicias da Unión de Tribunais Islámicos, antes da súa caída a comezos de 2007 despois dunha ofensiva conxunta das forzas armadas somalís e etíopes.
Despois dunha batalla en agosto de 2008 que causou polo menos 89 mortos,[2] a cidade volver caer baixo o dominio dos UTI, que desarmaron as milicias locais co fin de restablecer a orde.[3] Ao tempo, reinstauraron a xaria na súa versión máis radical, comprendendo tamén o dereito penal musulmán inspirado naquela.[4] Tamén destruíron os lugares relixiosos (critiáns e sufís).[5][6]
Cando se produciu a intervención kenyana en Somalia, en novembro de 2011, as forzas armadas de Kenya fixeron un bloqueo aeronaval do porto, co que deixaron os islamistas radicais sen unha das súas máis importantes fontes de ingresos: as taxas portuarias das naves que atracaban alí, e o que obtiñan das mercadorías de contrabando para Kenya, ademais do carbón vexetal que se exportaba a Oriente Medio.
O venres 28 de setembro de 2012, as forzas kenyanas e as somalís, baixo o mando do xeneral de brigada kenyano Anthony Ngere, entraron en Kismaayo despois de desembarcaren na praia con apoio de helicópteros e artillaría, e anunciando que tomaran o porto.[7]. Pola noite, os islamistas da UTI anunciaron a súa retirada da cidade.[8] As perdas, para a AMISOM, foron oficialmente 118 mortos e 60 feridos.[9]
Notas
editar- ↑ The Columbia Encyclopedia, Sixth Edition, 2001.
- ↑ "Somali city clears bodies after deadly clashes" CNN, 23-08-2008.
- ↑ SOMALIA: Thousands displaced as insurgents take control of Kismayo, IRIN (proxecto da ONU), 25 de agosto de 2008.
- ↑ Ver a Proposition de résolution commune do Parlamento Europeo de 19 de novembro de 2008.
- ↑ Somali fighters destroying shrines, Al Jazeera, decembro de 2008.
- ↑ "Les islamistes somaliens détruisent une vieille église à la fin du ramadan". ARDHD (en francés). 2008-09-30. Consultado o 2022-04-16.
- ↑ AFP (28 de setembro de 2012). "Somalie: l'armée kényane dit avoir pris Kismayo, dernier bastion islamiste". Le Point.
- ↑ AFP (30 de setembro de 2012). "Somalie: les islamistes shebab abandonnent leur dernier bastion de Kismayo". Le Nouvel Observateur.
- ↑ AMISOM (outubro de 2012). "La prise de Kysmaayo par les armées kényanes et somaliennes" (PDF).
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Kismaayo |
Ligazóns externas
editar- Somalia en WorldStatesmen (en inglés).
- Páxina web de Kysmmayo (en inglés).
- Mapa de Kysmaayo na lib.utexas.edu