La Polla Records
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde novembro de 2022.) |
La Polla Records, ou simplemente La Polla, é un grupo vasco de música punk.
La Polla Records | |
---|---|
Orixe | Áraba, País Vasco |
Período | 1979-2003, 2019- presente |
Xénero(s) | Punk |
Membros | Evaristo, Abel, Tripi, Txiki, Sume |
Antigos membros | Txarly, Maleguin, Fernando, Jokin |
Na rede | |
http://www.lapollarecords.net/ | |
Historia
editarLa Polla Records formouse en 1979 en Agurain (Áraba), por Evaristo Páramos (vocalista), Fernandito na batería, Maleguin no baixo, Txarly na guitarra líder e Some na outra guitarra. O nome da banda resulta controvertido porque en castelán "polla" é como se lle chama vulgarmente ao pene. Segundo Evaristo:
Saíu porque diciamos moito "me cagon la polla", e records non sabiamos que significaba disco en inglés, senón que llo puxemos no sentido dos records de atletismo
Inicialmente adoitaban tocar en garaxes ou bares, xa que a primeira vez que actuaron foi no bar da súa vila, pero foi en 1983 cando lanzaron o seu primeiro álbum ¿Y ahora que?, que contiña só 4 cancións baixo a discográfica independente "Oihuka".
Con todo, en 1984 sacan un álbum máis completo de 19 cancións chamado Salve. Nas súas letras fan fortes críticas contra o fascismo, capitalismo, catolicismo, alienación, moda, e outros factores da sociedade, algo que caracterizaría toda a súa carreira.
Os anos seguintes gravan Revolución (aquí foi o primeiro cambio no baixo de Maleguin por Abel, curmán de Fernandito), No somos nada, En directo (gravado nun concerto, en Lakuntza), Ellos dicen mierda nosotros amén, Los jubilados, Barman, Negro e Hoy es el futuro.
En 1991 un tribunal prohibiu o nome da banda debido a un contencioso cun antigo técnico de son expulsado do grupo, pero LPR ignorando a sentenza sacou o álbum Bajo presión, un nome moi significativo do que estaba pasando ao redor do grupo. Finalmente en 1996 cambiaron o nome deixando unicamente "La Polla" co CD de Carne para la picadora.
Posteriormente lanzan o álbum titulado La Polla Enturecto, gravado en vivo como unha recompilación. En 1999 celebran os vinte anos de LPR gravando Toda la puta vida igual. Logo lanzan Bocas e Txarly deixa a banda sendo substituído por Jokin de M.C.D..
En 2002 cando seguen tocando e dando concertos, morreu Fernandito (batería) o 22 de setembro. LPR cancela todos os seus concertos e xiras. Logo da perda de Fernandito, sacan o seu último álbum como ben indica o seu título: El último (el) de la Polla, e poñen fin a vinte e tres anos de carreira.
Evaristo decidiuse a sacar un libro chamado Por los hijos lo que sea en que narra relatos, historias e anécdotas que teñen o mesmo propósito que as súas letras, continuando tamén a súa carreira musical con grupos como The Kagas, The Meas e actualmente con Gatillazo preparando o seu segundo traballo.
O grupo non foi amante das promocións nin das gravacións en vídeo. Durante a súa dilatada carreira realizaron poucos videoclips.
Membros do grupo
editarFormación orixinal
editar- Evaristo Páramos (voz)
- Abel (baixo)
- Fernando (batería)
- Txarly (guitarra)
- Sume (guitarra)
Última formación
editar- Evaristo (voz)
- Abel (baixo)
- Tripi (batería)
- Txiki (guitarra)
- Sume (guitarra)
Membros antigos
editar- Maleguin (baixo). Desde Y ahora que? ata Salve.
- Jokin (guitarra). Estivo no disco Bocas, trala marcha de Txarly do grupo. Ex-guitarrista de MCD, e posteriormente de Motorsex.
- Txarly (guitarra). Desde Y ahora que? ata Toda la puta vida igual. Deixou o grupo por un accidente que lle afectou á audición.
Discografía
editarÁlbums
editar- Banco Vaticano (maqueta, 1981)
- Y ahora qué? (1983)
- Salve (1984)
- Revolución (1985)
- No somos nada (1987)
- Donde se habla (1988)
- En directo (1988)
- Ellos dicen mierda nosotros amén (1990)
- Los jubilados (1990)
- Barman (1991)
- Negro (1992)
- Hoy es el futuro (1993)
- Bajo presión (1994)
- Carne para la picadora (1996)
- En tu recto (1998)
- Toda la puta vida igual (1999)
- Bocas (2001)
- El último (el) de La Polla (2003)
- Vamos entrando (directo) (2004)
DVD
editar- Vamos Entrando (2004, Festival Viña Rock. Villarrobledo, Albacete)
Recompilatorios
editar- Volumen 1
- Volumen 2
- Volumen 3
- Volumen 4
- 14 Años de La Polla