León VI o Sabio
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. |
León VI o Sabio, nado o 19 de setembro de 866 e finado o 11 de maio de 912, foi emperador bizantino de 886 a 912.
Nome orixinal | (el) Λέων ΣΤ' |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | 19 de setembro de 866 Constantinopla, Turquía |
Morte | 11 de maio de 912 (45 anos) Constantinopla, Turquía |
Causa da morte | doenza |
Lugar de sepultura | Igreja dos Santos Apóstolos (pt) |
Emperador bizantino | |
29 de agosto de 886 – 11 de maio de 912 ← Basilio I – Alexandre III de Bizancio → | |
Actividade | |
Ocupación | compositor |
Familia | |
Familia | Dinastia macedônica (pt) |
Cónxuxe | Teofano Zoe Carbonopsina Zoé Zautsina Eudocia Baiana |
Fillos | Anna of Constantinople () Zoé Zautsina Basili () Eudocia Baiana Constantino VII () Zoe Carbonopsina |
Pais | Basilio I e Eudocia Inxerina |
Irmáns | Alexandre III de Bizancio |
Descrito pola fonte | Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron Biblioteca dixital BEIC, (sec:Leo (6. ; imperatore d'Oriente) 866-911) |
Traxectoria
editarDo seu pai Basilio I herdou un imperio moito máis extenso e poderoso que o que fora desde época de Xustiniano I no século VI. Con todo, el e o seu pai odiábanse, e é posíbel que León non fose fillo de Basilio, senón de Miguel III, o titular do Imperio anterior a Basilio. Basilio estivo a piques de cegar a León no seu adolescencia. En 886, Basilio morreu nun accidente de caza, aínda que no seu leito de morte sostivo que se trataba en realidade dun intento de asasinato no que estaría posibelmente implicado o propio León.
León terminou a compilación das Basilica, a tradución grega e posta ao día do código xurídico creado por Xustiniano I, que se iniciara durante o reinado de Basilio.
León non logrou tantos éxitos no campo de batalla como Basilio, quen nunca fora derrotado polos búlgaros, mentres que en 894 estes derrotaron ao exército de León. En 895 tivo máis éxito, tras aliarse por primeira vez cos maxiares, aínda que en 896, sen o apoio maxiar, os bizantinos volverían ser derrotados.
León deu lugar a un certo escándalo por mor dos seus numerosos matrimonios. A súa primeira muller, á que Basilio obrigou a casar con el, morreu en 897, e León volveu casar con Zoe Zautzina, filla do seu conselleiro Zautzes, aínda que esta morreu tamén en 899. Logo deste matrimonio, León creou o título de basileopator ("pai do emperador") para o seu pai político. Trala morte de Zoe, un terceiro matrimonio resultaba tecnicamente ilegal, pero León volveu casar, aínda que a súa esposa morreu en 901. No canto de casar por cuarta vez, o que (desde o punto de vista do patriarca Nicolás Místico) sería un pecado aínda maior có terceiro matrimonio, León decidiu entón ter como amante a Zoe Karvounopsina. Só se lle permitiu casar con ela cando esta deu a luz un fillo seu en 904, aínda que con moitas limitacións, como a imposibilidade de lexitimar á súa esposa como emperatriz.
En 907 Constantinopla sufriu un ataque dos Rus de Kíiv, que intentaban conseguir dereitos comerciais máis vantaxosos co Imperio. León pagoulles para lograr a paz, pero estes atacaron de novo en 911, e finalmente houbo que asinar un tratado comercial. Por outra banda, León non tivo tanto éxito contra os árabes, que derrotaron á frota bizantina cando esta trataba de recuperar Creta en 912. Tras esta derrota, León enfermou e morreu ao pouco tempo. Como o seu fillo era aínda un neno, o irmán de León e o seu coemperador nominal (aínda que sen poder real) Alexandre III pasou a ser o novo emperador.
Commons ten máis contidos multimedia sobre: León VI o Sabio |
Imperio Bizantino | ||
---|---|---|
Segue a: Basilio I |
León VI o Sabio | Precede a: Alexandre III |
Dinastía Macedonia |
Principado de Benevento | ||
---|---|---|
Segue a: Orso de Benevento |
León VI o Sabio | Precede a: Guido IV de Spoleto |
Dinastía Macedonia |