Lingua luxemburguesa
O luxemburgués[2] (en luxemburgués Lëtzebuergesch, en alemán, Luxemburgisch, en francés Luxembourgeois) é unha lingua xermano-occidental falada en Luxemburgo. Foi adoptada como idioma oficial en 1984. Fálase tamén en pequenas partes de Bélxica, Francia e Alemaña, así como por algúns descendentes de inmigrantes luxemburgueses dos Estados Unidos e Transilvania, Romanía (Siebenbürgen). Hai uns 300.000 falantes de luxemburgués en todo o mundo.
Luxemburgués 'Lëtzebuergesch' | ||
---|---|---|
Falado en: | Luxemburgo, Bélxica, Francia, Alemaña. | |
Rexións: | Europa | |
Total de falantes: | 300.000 | |
Familia: | Indoeuropea Xermánica Occidental Antigo alto alemán Luxemburgués | |
Status oficial | ||
Lingua oficial de: | Luxemburgo | |
Regulado por: | Conseil Permanent de la Langue Luxembourgeoise (CPLL) | |
Códigos de lingua | ||
ISO 639-1: | lb
| |
ISO 639-2: | ltz (B) | ltz (T) |
ISO 639-3: | ltz
| |
SIL: | LTZ
| |
Mapa | ||
Distribución xeográfica do luxemburgués (raiado). | ||
Status | ||
Pertence ao grupo de idiomas do Alto Alemán, como o alemán estándar. É relativamente doado para un alemán entender a un falante de luxemburgués pero moito máis complicado tentar falalo pola súa influencia francesa.
Por outro lado, o luxemburgués escrito a miúdo amosa unha clara influencia do Alto Alemán na sintaxe e os modismos. O luxemburgués aínda depende moito da normativa gramatical alemá.
Comparación con outras linguas
editarLuxemburgués | Alemán | Neerlandés | Francés | Galego |
---|---|---|---|---|
Jo | Ja | Ja | - | Si |
Nee | Nein | Nee | - | Non |
Moien | Moin (alemán do norte) | Hallo | - | Ola |
Villäicht | Vielleicht | - | - | Quizais |
Merci | - | - | Merci | Grazas |
Äddi | - | - | Adieu | Adeus |
Schwätzt dier Däitsch? | Sprechen Sie Deutsch? | - | - | Fala vostede alemán? |
Notas
editar- ↑ Moseley, Christopher e Nicolas, Alexandre. "Atlas of the world's languages in danger". unesdoc.unesco.org. Consultado o 11 de xullo de 2022.
- ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para luxemburgués.
Véxase tamén
editarExiste unha versión da Wikipedia en Lingua luxemburguesa |