Lista Vermella da IUCN
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde xaneiro de 2019.) |
A lista vermella da IUCN (Unión Internacional para a Conservación da Natureza) é unha lista de especies, subespecies, variedades ou mesmo poboacións de seres vivos ameazados de extinción, en graos variados, e organizada no ano 1964. É o inventario máis completo das especies animais e vexetais a nivel mundial.
Lista Vermella da IUCN | |
---|---|
Tipo | banco de dados biológicos e red list |
Campo de traballo | wildlife conservation |
Área de operación | mundial |
Data de fundación | 1964 |
Organización matriz | Unión Internacional para a Conservación da Natureza |
Sede | Reino Unido |
País | Suíza |
Na rede | |
https://www.iucnredlist.org/ | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Pola súa solidez científica, a lista vermella da UICN está considerada como a relación de maior autoridade sobre o estado da diversidade biolóxica.
O obxectivo da lista vermella é transmitir a urxencia e magnitude dos problemas de conservación a toda a sociedade e ás autoridades, motivando así á comunidade mundial para tratar de reducir a extinción das especies animais e vexetais. A lista vermella actualízase cada 4 ou 5 anos.
Na versión 3.1 dos criterios e categorías da lista vermella, que é a utilizada actualmente, considera nove criterios estruturados da seguinte maneira,[1] desde maior a menor risco (as abreviaturas oficiais proveñen do nome orixinal en idioma inglés):
- Extinta (EX),
- Extinta en estado silvestre (EW),
- En perigo crítico (CR),
- En perigo (EN),
- Vulnerable (VU),
- Case ameazada (NT),
- Preocupación menor (LC),
- Datos insuficientes (DD),
- Non avaliada (NE) (especie non avaliada para ningunha das outras categorías).
De maneira nominativa, as categorías VU, EN e CR integran o grupo de "especies ameazadas".
A lista incorpora tamén as categorías "non avaliada" (NE) para as especies que aínda non foron cualificadas, e "datos insuficientes" (DD) para as especies das que non se posúe suficiente información para unha cualificación rigorosa.[1]
Notas
editar- ↑ 1,0 1,1 UICN (2001): Categorías e Criterios da Lista Vermella da UICN: Versión 3.1. Comisión de Supervivencia de Especies da UICN. Gland, Suíza e Cambridge, Reino Unido: UICN. Dispoñíbel no sitio oficial da UICN.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Lista Vermella da IUCN |
Outros artigos
editar Este artigo sobre bioloxía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |