Marilar Aleixandre
María Pilar Jiménez Aleixandre, nada en Madrid o 1 de maio de 1947, é escritora en lingua galega, tradutora, bióloga e académica de número da Real Academia Galega.[1][2]
Traxectoria
editarDe avoas e avós andaluces, valencianos e madrileños, naceu en Madrid en 1947. Di sentir saudade dos sitios nos que viviu por mor dos destinos laborais do pai: Ceuta, Doña Mencía (Córdoba)[3], e Madrid. Regresou á cidade natal, onde estudou a carreira de Bioloxía. Alí comezou a traballar no departamento de Entomoloxía, pero os atrancos cos que tropezou por ser muller animárona a opositar ao ensino secundario, e así chegou a Galicia, en setembro de 1973, como catedrática no Instituto do Calvario, en Vigo. Implicouse na resistencia clandestina contra a ditadura: presidiu a asociación de veciños do Calvario, participou na primeira asociación feminista galega e despois na AGM.[4] Axiña adoptou o galego como a súa lingua literaria e se converteu nunha das escritoras galegas actuais con obra máis consolidada e recoñecida. É profesora da Universidade de Santiago de Compostela, onde ensina Didáctica das Ciencias Experimentais e Educación Ambiental, dende 1988.[5]
O primeiro relato que escribiu, un conto sobre vampiros, foi o xermolo de Agardando polos morcegos. Logo viñeron A formiga coxa, a súa primeira novela de literatura infantil, e A expedición do Pacífico (Premio da Crítica de Galicia 1995).
Ademais de destacar como autora de literatura infanto-xuvenil tamén escribiu para adultos. Foi finalista do Premio Xerais de Novela en 1992 con Tránsito dos Gramáticos. En 1996 publicou o libro de relatos Lobos nas illas, sobre as difíciles relacións familiares, en 1998 a novela A compañía clandestina de contrapublicidade (Premio Álvaro Cunqueiro dese mesmo ano), e no 2001 Teoría do Caos (Premio Xerais 2001), unha novela ambiciosa e fragmentaria sobre como é posible traizoarse a un mesmo. Boa parte da súa obra narrativa está traducida ó castelán, portugués, catalán e vasco. En 2020 gañou o premio Blanco Amor por As malas mulleres e en 2022 o Premio Nacional de Narrativa pola mesma obra, traducida ao castelán (Xordica, 2022), catalán (Bromera, 2023) e éuscaro (Alberdania, 2023).
Traduciu do inglés para o galego o poemario Muller ceiba (1996) de Sandra Cisneros, A caza do Carbairán, de Lewis Carroll (incluída na Lista de Honra do IBBY en 1997) e Harry Potter e a pedra filosofal, o primeiro volume da serie Harry Potter, no 2001, sendo ademais a responsable dos guións dos 14 capítulos da serie de banda deseñada Os Escachapedras, con ilustracións de Fran Bueno.[6]
Como poeta participou en varias publicacións colectivas e nas actividades do Batallón Literario da Costa da Morte. En 1998 gañou o Premio Esquío co poemario Catálogo de velenos. En 2010 foi nomeada Socia de honra da Asociación de Escritores en Lingua Galega. Ten así mesmo colaboracións en diversas revistas sobre cultura e literatura: CLIJ, Festa da Palabra Silenciada, Dorna, Boletín da Real Academia Galega, Nó, Luzes de Galiza e El Signo del Gorrión; tamén en revistas científicas da súa especialidade (Science Education e JRST).[7] Así mesmo é autora de obras sobre o ensino das Ciencias e colabora no xornal Nós Diario.[8]
Foi elixida académica de número da Real Academia Galega no pleno do 9 de xullo de 2016,[9] pronunciando o 14 de xaneiro de 2017 o discurso de ingreso Voces termando da paisaxe galega[10], respostado por Fina Casalderrey.
O 28 de marzo de 2017 foi escollida tesoureira da Real Academia Galega[11] ata 2021 en que foi nomeada arquiveira-bibliotecaria.
Pertence á Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil e ao PEN Clube de Galicia, á Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega e á Asociación de Tradutores. Formou parte durante catro anos do Executive Committee do International Board on Books for Young People (IBBY). É membro da Sección de Ciencia, Natureza e Sociedade do Consello da Cultura Galega e é socia de Nova Escola Galega, Ensinantes de Ciencias de Galicia (ENCIGA), a European Science Education Research Association (ESERA) e a National Association for Research in Science Teaching (NARST).[4] Pertence ó "Batallón Literario da Costa da Morte", paisaxe literaria onde están situados algúns dos seus libros e ó consello editorial de "Letras de Cal".[12]
No 2023 presentouse como candidata ó Senado por Sumar pola provincia da Coruña.[13]
Obra en galego
editarPoesía
editar- Catálogo de velenos (1999). Ferrol: Sociedade de Cultura Valle-Inclán. Foi traducida ao portugués, Ed. Deriva,2007[14]
- Desmentindo a primavera (2003). Vigo: Xerais. 72 páxs. ISBN 978-84-9782-060-8.[15]
- Abecedario das árbores (2006). Santiago: El Correo Gallego. ISBN 978-84-8064-170-8.[16]
- Mudanzas (2007). Santiago: PEN Clube de Galicia.[17] 126 páxs. ISBN 9788493542139.
- Desescribindo (2016). A Coruña: Apiario. 88 páxs. ISBN 978-8494321061.
- Mudanzas e outros velenos (2017). Vigo: Galaxia, Dombate. Contén: Catálogo de velenos, Abecedario de árbores e Mudanzas. 196 páxs. ISBN 9788491511472.
Narrativa
editar- Tránsito dos gramáticos (1993). Vigo: Edicións Xerais. 161 páxs. ISBN 978-84-7507-721-5.[18] Foi traducida ao castelán.[19]
- Lobos nas illas (1996). Vigo: Edicións Xerais. 160 páxs. ISBN 9788475079820. Foi traducida ao castelán[20] e ao inglés.[21]
- A compañía clandestina de contrapublicidade (1998). Vigo: Galaxia. 218 páxs. ISBN 978-84-7154-040-9.
- Teoría do caos (2001). Vigo: Edicións Xerais. 224 páxs. ISBN 978-84-8302-694-6.[22][23] ePubl: ISBN 978-84-9121-259-1.
- Unha presa de terra (2001). Vigo: Ir Indo. ISBN 978-8476803677.[24] Ilustracións de Miguelanxo Prado. Reeditada en 2022: Unha presa de terra. Un caso de Ana Candeán.
- O coitelo en novembro (2010). Vigo: Edicións Xerais. 272 páxs. ISBN 978-8499141503.[25] ePub: ISBN 978-84-9121-243-0. Foi traducida ao inglés.[21]
- As malas mulleres (2021). Vigo: Editorial Galaxia. 248 páxs.. ISBN 978-84-9151-597-5.[26][27]
Literatura infanto-xuvenil
editar- A formiga coxa (1989). Vigo: Edicións Xerais. Ilustracións de Fran Jaraba. 96 páxs. ISBN 978-84-9782-898-7 (6ª)
- O rescate do peneireiro (1990). Vigo: Edicións Xerais. Ilustracións de Fran Jaraba. 104 páxs. ISBN 9788475074719.
- A expedición do Pacífico (1994). Vigo: Edicións Xerais. 160 páxs. ISBN 978-84-9782-501-6 (16ª). ePub: ISBN 978-84-9914-620-1.[28] Foi traducida ao castelán[29] e ao portugués.[30]
- Nogard (1994). Ed. Alfaguara, Col. Obradoiro. Foi traducida ao catalán.[31] En 2022: Xerais, 144 páxs. ISBN 9788411101417.
- O trasno de Alqueidón (1996). Vigo: Edicións Xerais. Ilustracións de Miguelanxo Prado. 72 páxs. ISBN 978-84-9121-243-0 (3ª). Foi traducida ao éuscaro.[32]
- O monstro da chuvia (1998). col. A Maxia das Palabras, Xunta de Galicia, il. F. Bueno. Foi traducida ao castelán e recibiu o Premio Nacional de Ilustración.[33] En 2003: SM, 32 páxs. ISBN 9788434893368.
- A banda sen futuro (1999). Vigo: Edicións Xerais. 168 páxs. ISBN 978-84-8302-471-3 (21ª). ePub: ISBN 978-84-9914-794-9. [34] Foi traducida ao castelán,[35] ao catalán,[36] ao éuscaro[37] e ao portugués.[38]
- Lapadoiras, Sacaúntos e Cocón (1999). Vigo: Galaxia, col. Bambán. ISBN 978-84-8288-294-9. Foi traducida ao castelán,[39] ao catalán,[40] ao éuscaro,[41] ao asturiano,[42] ao aragonés[43] e ao catalán de Valencia.[44]
- Paxaros de papel (2001). Vigo: Edicións Xerais. ISBN 978-84-9121-323-9 (2018). ePub: ISBN 978-84-9121-320-8. Ilustracións de Lázaro Enríquez.
- El-Rei Artur e a abominable dama (2001). Vigo: Ir Indo Edicións. 92 páxs. ISBN 9788476803561.
- O chápiro verde (2001). Anaya Educación. 160 páxs. ISBN 9788420792491. Foi traducida ao castelán,[45] ao éuscaro[46] e ao catalán.[47]
- Basilisa, a princesa sapiño (2002). Vigo: Galaxia. 56 páxs. ISBN 978-84-8288-453-0.
- A vaca de Fisterra e a trabe de alcatrán (2005). Vigo: Tambre. 208 páxs. ISBN 978-8426350251. Foi traducida ao castelán.[48]
- Rúa Carbón (2005). Vigo: Edicións Xerais, Col. Fóra de Xogo. 224 páxs. ISBN 978-84-97823357. Foi traducida ao castelán[49] e ao catalán.[50]
- Herbalúa (2006). Vigo: Ed. Galaxia, Col. Os Duros. 26 páxs. ISBN 978-84-8288-963-4.
- A cabeza de Medusa (2008). Vigo: Edicións Xerais. 224 páxs. ISBN 978-84-9914-098-8 (13ª ed.). ePub: ISBN 978-84-9914-098-8. Foi traducida ao castelán[51] e ao éuscaro.[52]
- Dez abellas na laranxeira (2008). Vigo: Edicións Xerais. 24 páxs. ISBN 978-84-9782-798-0. Ilustracións de Pere Meján. Foi traducida ao castelán,[53] ao catalán[54] e ao éuscaro.[55]
- Robinson contado polas alimarias (2011). Oxford. 192 páxs. ISBN 978-8467360714. Ilustracións de Federico Delicado. Foi traducida ao castelán.[56]
- A vaca caníbal (2012). Vigo: Galaxia, Árbore. 116 páxs. ISBN 978-84-9865-460-8.
- Ovella descarreirada (2014). Vigo: Xerais. 96 páxs. ISBN 978-84-9914-763-5. Ilustracións de Oscar Villán.
- O anano máis alto conta a historia de Brancaneves (2015). Barcelona: Ed. Rodeira, Col. Tucán azul. 64 páxs. ISBN 9788483493960. Ilustracións de Tesa González. Foi traducida ao castelán.[57]
- Catro cascarolos (2016). Vigo: Xerais. 64 páxs. ISBN 978-84-9121-017-7. Ilustracións de Enjamio.
- Alí Babá, Morxiana e os corenta usureiros (2017). Vigo: Galaxia, Costa Oeste. 68 páxs. ISBN 978-84-9151-053-6.[58]
- A filla do Minotauro (2018). Vigo: Galaxia. 188 páxs. ISBN 978-84-9151-189-2.[59]
- Nogard (2022). Vigo: Xerais. 144 páxs. ISBN 978-84-1110-141-7. Ilustracións de Enjamio.
Ensaio
editar- Dubidar para aprender (1996). Vigo: Edicións Xerais. 192 páxs. ISBN 978-8475079806.
- Castelao segundo Rañolas. Vida e obra de Castelao (2000). Vigo: Galaxia, Árbore. 92 páxs. ISBN 978-84-8288-363-2.
- Terras de Compostela (viaxes literarias (2009). Vigo: A Nosa Terra. 58 páxs. ISBN 9788483413289.
- María Victoria Moreno. A muller que durmía pouco e soñaba moito. Con Fina Casalderrey (2018). Vigo: Xerais.
- Santiago de Compostela desde dentro (2019). Ed. Alvarellos. 108 páxs. ISBN 978-84-16460-62-5.
- Movendo os marcos do patriarcado.O pensamento feminista de Emilia Pardo Bazán (2021). Con María López Sández.[60]. Vigo: Galaxia. 232 páxs. ISBN 978-84-9151-587-6. Traducido ao castelán polas propias autoras.[61]
- Juana de Vega. A muller que desafiou o seu tempo (2022). Con Enma Pedreira. Vigo: Galaxia. 120 páxs. ISBN 978-84-9151-900-3.[62]
Tradución
editar- A caza do Carbairán de Lewis Carroll (Lista de Honra do IBBY)
- Muller ceiba da poeta Sandra Cisneros
- Harry Potter e a pedra filosofal de J. K. Rowling
Obras colectivas
editar- Neve na Amaía, 1992, Xunta de Galicia.
- Traballando coas ciencias da Terra (1995). Universidade de Santiago de Compostela, coeditora.
- Construír a paz, 1996, Xerais.
- Unha liña no ceo, 1996, Edicións Xerais.
- E dixo o corvo..., 1997, Xunta de Galicia.
- Rumbo ás illas. Escritores da Costa da Morte nas Sisargas, 1997, Asociación Cultural Monte Branco/Asociación Neria, O Couto, Ponteceso.
- Airadas de palabras, 1998, Laiovento.
- Alguén agarda que volva alí, 1998.
- dEfecto 2000. Antoloxía de poetas dos 90, 1999, Letras de Cal.
- Contos para levar no peto, 2001, Xerais.
- Paisaxes con palabras, 2001, Galaxia.
- Palabras con fondo, 2001, Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade.
- A poesía é o gran milagre do mundo, 2001, PEN Clube de Galicia.
- Longa lingua, 2002, Edicións Xerais.
- Materia prima, 2002, Edicións Xerais.
- Alma de beiramar, 2003, Asociación de Escritores en Lingua Galega.
- Carlos Casares: a semente aquecida da palabra, 2003, Consello da Cultura Galega.
- Intifada. Ofrenda dos poetas galegos a Palestina, 2003, Fundación Araguaney.
- Narradio. 56 historias no ar, 2003, Edicións Xerais.
- Negra sombra. Intervención poética contra a marea negra, 2003, Espiral Maior.
- Postais do Camiño, 2004, Galaxia.
- Uxío Novoneyra. A emoción da Terra, 2004, Asociación de Escritores en Lingua Galega.
- Xela Arias, quedas en nós, 2004, Edicións Xerais.
- Contos de medo no museo, 2005, Museo Provincial de Lugo.
- Homenaxe a Ánxel Casal, 2005, AELG.
- X. Espazo para un signo, 2005, Edicións Xerais.
- Do máis fondo do silencio saen voces, 2006, Asociación Cultural Panda de Relacións Laborais, A Coruña.
- Homenaxe dos poetas galegos a Federico García Lorca contra a súa morte, 2006, Xerais.
- Poetas e Narradores nas súas voces. II, 2006, Consello da Cultura Galega.
- Polifonías: voces poéticas contra a violencia de xénero, 2006, Espiral Maior/Xunta de Galicia.
- Volverlles a palabra. Homenaxe aos represaliados do franquismo, 2006, Difusora.
- O son das buguinas, 2007, Edicións Xerais.
- Vanakkam. Benvidas, 2007, Implicadas/os no Desenvolvemento.
- From the beginning of the sea (De onde comeza o mar), 2008, Foreign Demand.
- Na frente unha estrela, no bico un cantar, 2008, Fundación Rosalía de Castro.
- De Pondal ao Batallón Literario. 120 anos de poesía na Costa da Morte, 2009, Sotelo Blanco.
- Marcos Valcárcel. O valor da xenerosidade, 2009, Difusora.
- Quen casa ten de seu: cinco contos na casa de Rosalía, 2009, Fundación Rosalía de Castro. Literatura infanto-xuvenil.
- En defensa do poleiro, 2010, Toxosoutos.
- II Encontro Cidade da Coruña. Mulleres na literatura, 2010.
- To The Winds Our Sails, 2010, Salmon Poetry. Tradución do galego ao inglés.
- A cidade na poesía galega do século XXI, 2012, Toxosoutos.
- Manuel Lueiro Rey. A liberdade ferida (1916-1990) (2013). Vigo: Xerais.
- Versos no Olimpo. O Monte Pindo na poesía galega, 2013, Toxosoutos.
- De Cantares Hoxe. Os Cantares Gallegos de Rosalía de Castro no século XXI, 2015, Fundación Rosalía de Castro/Radio Galega.
- O libro dos libros (2018, Galaxia), co relato "A criatura interpela a creadora".[63]
- Entre donas (2020). Baía Edicións. 208 páxs. ISBN 9788499953427. Dez relatos de escritoras galegas actuais colocando as mulleres no centro da historia.[64]
Obra en castelán
editarEnsaio
editar- Enseñar Ciencias (2003). Barcelona: Graó (como coordinadora).
- Competencias en argumentación y uso de pruebas10 ideas clave (2010). Barcelona: Graó. ISBN 978-84-7827-897-8.
Premios
editarRecibiu os seguintes premios:
- Premio Merlín de literatura infantil 1994, por A expedición do Pacífico.
- Premio da Crítica á creación literaria en galego, 1995, por A expedición do Pacífico.
- Premio Rañolas ó mellor libro infantil/xuvenil en galego 1996 por O Trasno de Alqueidón
- Premio Manuel Murguía de Relato breve 1997 por Desaforados Muños.
- Premio Álvaro Cunqueiro de Narrativa 1997 por A Compañía clandestina de contrapublicidade.
- Premio Esquío de poesía en galego 1998 por Catálogo de velenos.
- Lista de honra do IBBY 1997 por A caza do Carbairán (tradución de The Hunting of the Snark) de Lewis Carroll.
- Premio Lazarillo en 1999 por A banda sen futuro.
- Premio de Literatura Infantil e Xuvenil Lecturas - Galix, 2001, por A banda sen futuro.
- Premio Xerais en 2001 por Teoría do caos.
- Premio San Clemente en 2003 por Teoría do caos.
- Premio de novela por entregas de La Voz de Galicia, 2001, por Unha presa de terra.
- Premio de poesía Caixanova en 2006 por Mudanzas.
- Premio Fundación Caixa Galicia de Literatura xuvenil en 2008 por A cabeza de Medusa.
- Premio The Withe Ravens (Internationale Jugend Bibliothek), 2009, por A cabeza de Medusa.
- Premio Frei Martín Sarmiento 2010 (categoría 3º ESO a Bacharelato), por A cabeza de Medusa.
- XI Premio Raíña Lupa por A filla do Minotauro en 2017[65].
- Premio "Distinguished Contribution to Research" de 2019, concedido pola National Association for Research in Science Teaching (NARST), na área de didáctica das ciencias.[66][67]
- Premio Blanco Amor por As malas mulleres en 2020.[68]
- Premio Nacional de Narrativa de España 2022 por As malas mulleres.[69][70]
- VII Premio Luís Porteiro Garea 2024 polo seu compromiso coa lingua galega no ensino das ciencias.[71]
Galería de imaxes
editarNotas
editar- ↑ "Marilar Aleixandre ingresará na Academia o 14 xaneiro". Praza Pública. 6 de xaneiro de 2017. Consultado o 7 de xaneiro de 2017.
- ↑ "Editorial Galaxia Marilar Aleixandre". Editorial Galaxia. Arquivado dende o orixinal o 20 de maio de 2022. Consultado o 2022-08-27.
- ↑ "Lendo a Marilar Aleixandre". Botóns. Portal Galego de Educación. Consultado o 06/12/2018.
- ↑ 4,0 4,1 "De número". Real Academia Galega. Consultado o 2022-08-27.
- ↑ "MARIA PILAR JIMENEZ ALEIXANDRE - Universidade de Santiago de Compostela". investigacion.usc.gal. Consultado o 2022-08-27.
- ↑ "OS ESCACHAPREDRAS, de Marilar Aleixandre y Fran Bueno (Demo Editorial): recuperando un clásico del cómic infantil y juvenil gallego.". www.komic.es. Consultado o 2024-08-30.
- ↑ "MARIA PILAR JIMENEZ ALEIXANDRE - Universidade de Santiago de Compostela". investigacion.usc.gal. Consultado o 2022-08-27.
- ↑ "autor/a A Editorial Xerais". www.xerais.gal. Consultado o 2022-08-27.
- ↑ "O Día das Letras Galegas de 2017 estará dedicado a Carlos Casares". Real Academia Galega. Consultado o 9 de xullo de 2016.
- ↑ Aleixandre, M. (2017). Voces termando da paisaxe galega. Real Academia Galega.
- ↑ "Marilar Aleixandre". Real Academia Galega. Consultado o 1 de setembro de 2022.
- ↑ "Marilar Aleixandre Galegos Gallegos". galegos.galiciadigital.com. Consultado o 2022-08-27.
- ↑ "Marta Lois e Manuel Lago encabezan a lista de Sumar Galicia ao Congreso pola Coruña e Marilar Aleixandre lidera a do Senado". Praza Pública. 2023-06-19. Consultado o 2023-10-16.
- ↑ "Catálogo de venenos". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 02 de xuño de 2020. Consultado o 2019-10-25.
- ↑ "Desmentindo a primavera". xerais.gal. Consultado o 06/12/2018.
- ↑ "Presentouse no Casino de Santiago o "abecedario das árbores" de Marilar Aleixandre". www.elcorreogallego.es. Consultado o 2022-08-27.
- ↑ Abelenda, Ana. "«Para as mulleres ningún tempo pasado foi mellor»". lavozdegalicia.es. Consultado o 06/12/2018.
- ↑ Andrade, Marisa (1994). "Tránsito dos gramáticos de Marilar Aleixandre". Festa da palabra silenciada (10): 109–111. ISSN 1139-4854.
- ↑ "Tránsito de los gramáticos". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 02 de xuño de 2020. Consultado o 2019-10-25.
- ↑ "Lobos en las islas". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 02 de xuño de 2020. Consultado o 2019-10-25.
- ↑ 21,0 21,1 "Under the trout’s skin". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 02 de xuño de 2020. Consultado o 2019-10-25.
- ↑ "Teoría do caos". xerais.gal. Consultado o 06/12/2018.
- ↑ Vilavedra, Dolores (2002). "Teoría do caos, de Marilar Aleixandre". Festa da palabra silenciada (17): 77–78. ISSN 1139-4854.
- ↑ "Narrativa". Marilar Aleixandre. Consultado o 06/12/2018.
- ↑ Nicolás, Ramón. "O coitelo en novembro, de Marilar Aleixandre". cadernodacritica. Consultado o 06/11/2018.
- ↑ "As malas mulleres". Editorial Galaxia. Consultado o 2021-03-24.
- ↑ Nogueira, María Xesús (xullo, agosto, setembro 2021). "O coro das malas mulleres". Grial LIX (231): 111–2. ISSN 0017-4181.
- ↑ "A expedición do Pacífico". xerais.gal. Consultado o 06/12/2018.
- ↑ "La expedición del Pacífico". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 02 de xuño de 2020. Consultado o 2019-10-25.
- ↑ "A expedição ao Pacífico". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 02 de xuño de 2020. Consultado o 2019-10-25.
- ↑ "Card". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 02 de xuño de 2020. Consultado o 2019-10-25.
- ↑ "Alqueidoneko iratxoa". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 02 de xuño de 2020. Consultado o 2019-10-25.
- ↑ "El monstruo de la lluvia". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 02 de xuño de 2020. Consultado o 2019-10-25.
- ↑ "A banda sen futuro". EDN IES Félix Muriel. Consultado o 06/12/2018.
- ↑ "La banda sin futuro". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 02 de xuño de 2020. Consultado o 2019-10-25.
- ↑ "La banda sense futur". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 02 de xuño de 2020. Consultado o 2019-10-25.
- ↑ "Etorkizunik ez". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 02 de xuño de 2020. Consultado o 2019-10-25.
- ↑ "A banda sem futuro". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 02 de xuño de 2020. Consultado o 2019-10-25.
- ↑ "Tragaldabas, Sacamantecas y Coco". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 02 de xuño de 2020. Consultado o 2019-10-25.
- ↑ "Escuracassoles, Xuclanates y Papu". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 02 de xuño de 2020. Consultado o 2019-10-25.
- ↑ "Akilimarro, Sakarramin eta Mamu". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 02 de xuño de 2020. Consultado o 2019-10-25.
- ↑ "Tragaldabes, Sacaúntu y Coco". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 02 de xuño de 2020. Consultado o 2019-10-25.
- ↑ "Fotronero, Ensundiero y Totón". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 02 de xuño de 2020. Consultado o 2019-10-25.
- ↑ "Escuracassoles, Xuplanates i Butoni". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 02 de xuño de 2020. Consultado o 2019-10-25.
- ↑ "El chápiro verde". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 02 de xuño de 2020. Consultado o 2019-10-25.
- ↑ "Txapiro berdea". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 02 de xuño de 2020. Consultado o 2019-10-25.
- ↑ "El barreter verd". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 02 de xuño de 2020. Consultado o 2019-10-25.
- ↑ "La vaca Fisterra y la viga de alquitrán". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 02 de xuño de 2020. Consultado o 2019-10-25.
- ↑ "Calle carbón". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 02 de xuño de 2020. Consultado o 2019-10-25.
- ↑ "Carrer del Carbó". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 02 de xuño de 2020. Consultado o 2019-10-25.
- ↑ "La cabeza de Medusa". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 02 de xuño de 2020. Consultado o 2019-10-25.
- ↑ "Medusaren burua". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 02 de xuño de 2020. Consultado o 2019-10-25.
- ↑ "Diez abejas en el naranjal". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 02 de xuño de 2020. Consultado o 2019-10-25.
- ↑ "Deu abelles al taronger". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 02 de xuño de 2020. Consultado o 2019-10-25.
- ↑ "Hamar erle laranja-sailean". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 02 de xuño de 2020. Consultado o 2019-10-25.
- ↑ "Robinson contado por las alimañas". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 02 de xuño de 2020. Consultado o 2019-10-25.
- ↑ "El Enano más alto cuenta la historia de Blancanieves". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 02 de xuño de 2020. Consultado o 2019-10-25.
- ↑ "Alí Babá, Morxiana e os corenta usureiros Marilar Aleixandre". editoriagalaxia.gal. Consultado o 06/12/2018.
- ↑ "A filla do Minotauro". editorialgalaxia.gal. Consultado o 06/12/2018.
- ↑ Triñáns, Ana. "Marilar Aleixandre e María López reivindican nun libro o feminismo de Pardo Bazán". Nós Diario. Consultado o 2021-03-03.
- ↑ "Moviendo Los Marcos Del Patriarcado". bibliotraducion.uvigo.es. Consultado o 2022-01-25.
- ↑ Otero Varela, Inma (xullo, agosto, setembro 2022). "O desafío de contar unha vida". Grial LX (235): 83–84. ISSN 0017-4181.
- ↑ "O libro dos libros". editorialgalaxia.gal. Consultado o 05/12/2018.
- ↑ Xmeyre, ~ (2020-11-18). "a propósito de ENTRE DONAS, varias autoras, en Baía.". Ferradura en Tránsito II. Arquivado dende o orixinal o 17 de xaneiro de 2021. Consultado o 2021-01-22.
- ↑ "Marilar Aleixandre gaña o Raíña Lupa con ‘A filla do Minotauro’ e convértese na primeira muller en gañar este certame". Sermos Galiza. Arquivado dende o orixinal o 01 de decembro de 2017. Consultado o 23 de novembro de 2017.
- ↑ "María Pilar Jiménez Aleixandre recibe o prestixioso premio Distinguished Contribution to Research Award - - USC". xornal.usc.es. Arquivado dende o orixinal o 01 de abril de 2019. Consultado o 2019-04-01.
- ↑ Redacción (20 de marzo de 2019). Sermos Galiza, ed. "Marilar Aleixandre, premio Distinguished Contribution en didáctica das ciencias". Arquivado dende o orixinal o 01 de abril de 2019. Consultado o 21 de marzo de 2019.
- ↑ "Marilar Aleixandre gana el premio Blanco Amor con "As malas mulleres"". La Región (en castelán). 2020-11-28. Consultado o 2020-11-28.
- ↑ Casas, Patricia (25/10/2022). "Marilar Aleixandre, Premio Nacional de Narrativa 2022" El País (en castelán).
- ↑ "A académica Marilar Aleixandre gaña o Premio Nacional de Narrativa coa novela 'As malas mulleres'". academia.gal. 25 de outubro de 2022. Consultado o 5 de novembro de 2022.
- ↑ "Marilar Jiménez-Aleixandre, gañadora do VII Premio Luís Porteiro Garea polo seu compromiso coa lingua galega no ensino das ciencias Universidade de Santiago de Compostela". www.usc.gal. 2024-06-21. Consultado o 2024-06-21.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Marilar Aleixandre |
Bibliografía
editar- Barrera, Feliciano, ed. (2002). Gallegos. Quién es quien en la Galicia del siglo XXI (en castelán). Santiago de Compostela: El Correo Gallego / O Correo Galego. pp. 17–18. ISBN 84-8064-113-4.
- Vilavedra, Dolores, ed. (1995). Diccionario da Literatura Galega. Autores I. Vigo: Editorial Galaxia. ISBN 84-8288-019-5.
Ligazóns externas
editar- Páxina persoal de Marilar Aleixandre (en varias linguas)
- Biografía Arquivado 17 de maio de 2006 en Wayback Machine. da Biblioteca Virtual Galega
- Biografía (en castelán)
- Entrevista de Literatura Galega do S.XX do alumnado do IES Manuel García Barros Arquivado 23 de decembro de 2014 en Wayback Machine.