Reino de Mercia

reino da Inglaterra, un dos sete da Heptarquía anglosaxoa
(Redirección desde «Mercia»)

Mercia foi un dos reinos da heptarquía anglosaxoa, o nome é unha latinización do Inglés antigo Mierce ou Myrce, que significa "xente da fronteira" (ver Marca). O reino céntrase no val do río Trent e os seus afluentes, na rexión agora coñecida como a Midlands inglesas.[1] A capital do reino era a cidade de Tamworth, que foi a sede dos reis de Mercia de polo menos ao redor do ano 584, cando o rei Creoda construíu unha fortaleza na cidade. Os veciños de Mercia eran Northumbria, Powys, os reinos de Gales do Sur, Wessex, Sussex, Essex e Anglia Oriental.

Modelo:Xeografía políticaReino de Mercia
Miercna Rīce (ang) Editar o valor en Wikidata

Localización
lang=gl Editar o valor en Wikidata Mapa
 52°36′N 1°36′O / 52.6, -1.6
CapitalTamworth (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Poboación
Lingua oficialinglés antigo
lingua latina Editar o valor en Wikidata
Relixiónpaganismo e cristianismo Editar o valor en Wikidata
Xeografía
Parte de
Datos históricos
Precedido por
Creación527 Editar o valor en Wikidata
Disolución918 (Gregoriano) Editar o valor en Wikidata
Sucedido porWessex Editar o valor en Wikidata
Organización política
Forma de gobernomonarquía absoluta
monarquía Editar o valor en Wikidata
MoedaAnglo-Saxon pound (en) Traducir Editar o valor en Wikidata

Pobos británicos contra comezos do século VII
Mapa que amosa a expansión do reino de Mercia.

Durante 300 anos (entre o 600 e o 900), logo de anexar ou adquirir a submisión de cinco dos seis reinos da heptarquía (East Anglia, Essex, Kent, Sussex e Wessex), Mercia dominaba Inglaterra ao sur do río Humber, este período coñécese como a supremacía merciana. O reinado do rei Offa, que é o máis recordado pola súa muralla, que marcaba o límite entre Mercia e os reinos de Gales, coñécese ás veces como a "idade de ouro de Mercia". Nicholas Brooks observou que "os merciáns destacan de lonxe como o máis exitoso dos diversos primeiros pobos anglosaxóns ata finais do século noveno",[2] e algúns historiadores, como Sir Frank Stenton, cren que a unificación de Inglaterra ao sur do estuario do Humber logrouse durante o reinado de Offa.[3]

Mercia foi orixinalmente un reino pagán, pero o Rei Penda converteuse ao cristianismo en torno ao 656, o cristianismo quedou establecido firmemente no reino a finais do século VII. A Diocese de Mercia foi fundada en 656, co primeiro bispo, Diuma, con sé en Repton. Logo de só 13 anos en Repton, no 669 o quinto bispo, San Chad, trasladou o obispado a Lichfield, no que ten a sé desde entón. No 691 a Diocese de Mercia converteuse na Diocese de Lichfield. Durante un breve período do 787 ao 799 a diocese foi un arcebispado, aínda que se disolveu oficialmente en 803. O actual bispo, Jonathan Gledhill, é o 98 desde a creación da diocese. A finais do século noveno, logo das invasións dos viquingos e o seu grande exército pagán, a maior parte do antigo territorio de Mercia foi absorbido por Danelaw. No seu apoxeo Danelaw incluíu Londres, toda East Anglia e a maior parte do norte de Inglaterra.

O último rei de Mercia, Ceolwulf II, morreu no ano 879, con iso o reino parece perder a súa independencia política. Inicialmente foi gobernada por un señor ou ealdorman baixo o señorío de Alfredo o Grande, que se facía chamar "rei dos anglosaxóns". O reino tivo un breve período de independencia na metade do século X, e de novo moi brevemente en 1016, con todo esta vez foi visto como unha provincia dentro do Reino de Inglaterra, non como un reino independente. Mercia aínda se utiliza como unha designación xeográfica, e o nome é utilizado por gran variedade de organizacións, incluíndo unidades militares, entidades públicas, comerciais e benéficas.

Dinastías

editar

O primeiro rei coñecido de Mercia foi chamado Creoda, quen dicía ser o bisneto de Icel. Subiu ao poder aproximadamente no ano 585 e foi sucedido polo seu fillo Pybba en 593. Cearl, un parente de Creoda, seguiu a Pybba en 606. En 615, Cearl deu á súa filla Cwenburg en matrimonio a Edwin, rei de Deira que el protexera mentres era un príncipe desterrado. O seguinte rei merciano foi Penda, quen gobernou dende aproximadamente do 626 ou 633 até 655.

Reis dos mercios

editar

Os gobernantes tradicionais de Mercia eran coñecidos como os Iclingas, descendentes dos reis dos anglos. Cando a liña masculina dos Iclingas se extinguiu, unha serie de familias, etiquetadas como B, C e W polos historiadores, competiron polo trono.[4].

      Iclingas (Icel e os seus descendentes en liña masculina)
      Dinastía B (agrupación deducida de conxecturas baseada só nos nomes)
      Dinastía C (aparentemente descenden dunha irmá de Penda)
      Dinastía W (Wiglaf e os seus descendentes, máis tarde casaron con C)
      Afiliación dinástica descoñecida
      Mercia baixo ocupación externa
      Aethelred II e a súa familia (recoñecendo o señorío do Reino de Wessex)

Gobernante Reinado Notas biográficas Morte
Icel c.527 (o c.515)–? Fillo de Eomer, último rei dos anglos en Anglia. Guiou ao seu pobo a través do Mar do Norte cara a Britania. ?
Cnebba ? Fillo de Icel. ?
Cynewald ? Fillo de Cnebba. ?
Creoda c.584c.593 Fillo de Cynewald. Probábel fundador da fortaleza real mercia en Tamworth. c.593
Pybba c.593–c.606 Fillo de Creoda. Estendeu o control de Mercia ao oeste cara aos Midlands ingleses. c.606
Cearl c.606–c.626 Non se coñece a relación cos seus predecesores. Posibelmente un usurpador ou un familiar distante. c.626
Penda c.626–655 Fillo de Pybba. Elevou a Mercia a un estado dominante entre os reinos anglosaxóns. Último gobernante pagán de Mercia. Morto en batalla por Oswiu de Northumbria. 15/11/655
Eowa c.635–642 Fillo de Pybba. Cogobernante. Morto en batalla. 5/08/642
Peada c.653–656 Fillo de Penda. Cogobernante nos Midlands do sueste. Asasinado. 17/04/656
Oswiu de Northumbria 655–658 Por pouco tempo tomou o control directo de Mercia despois da morte de Penda. Tamén rei de Northumbria (655–670). 15/02/670
Wulfhere 658–675 Fillo de Penda. Restaurou o dominio dos mercios en Inglaterra. Primeiro rei cristián de Mercia. 675
Aethelred I 675–704 Fillo de Penda. Abdicou e retirouse a un mosteiro en Bardney. 716
Coenred 704–709 Fillo de Wulfhere. Abdicou e retirouse a Roma. ?
Ceolred 709–716 Fillo de Aethelred I. Probabelmente envelenado. 716
Ceolwald 716 Presúmese que foi fillo de Aethelred I (se cadra nin existiu). 716
Aethelbald 716–757 Neto de Eowa. Autoproclamouse Rei de Britania en 736. Asasinado polos seus gardas. 757
Beornred 757 Non se coñece relación cos seus predecesores. Deposto por Offa. Posibelmente queimado ata morrer en 769 en Northumbria. 769
Offa 757–796 Tataraneto de Eowa. O meirande e poderoso de todos os reis de Mercia, autoproclamouse Rei dos ingleses en 774, construíu a Muralla de Offa, e introduciu o penique de prata. 26 o 29/07/796
Ecgfrith 787–796 Fillo de Offa. Cogobernante, morreu de súpeto poucos meses despois do seu pai. 14 o 17/12/796
Coenwulf 796–821 Sétima xeración de descendentes de Pybba, probabelmente a través dunha irmá de Penda. Asumiu o título de «emperador». 821
Cynehelm c.798–812 Fillo de Coenwulf. Sendo apenas un neno, reinou durante un breve período tras a morte de seu pai. Presuntamente foi asasinado e máis tarde canonizado (San Kenelm).[5] 812
Ceolwulf I 821–823 Irmán de Coenwulf. Deposto por Beornwulf. ?
Beornwulf 823–826 Suponse parente de Beornred. Morto en batalla contra os anglos do Leste. 826
Ludeca 826–827 Non se coñece a relación cos seus predecesores. Morto nunha batalla contra os anglos orientais. 827
Wiglaf (primeiro reinado) 827–829 Non se coñece a relación cos seus predecesores. Deposto por Ecgberht de Wessex. 829
Ecgberht de Wessex 829830 Durante un tempo tomou o control directo de Mercia despois da deposición de Wiglaf. Tamén foi rei de Wessex (802–839). 4 Feb 829
Wiglaf (segundo reinado) 830–839 Restaurado. Malia Mercia recuperar a súa independencia, o seu dominio en Inglaterra perdeuse. 839
Wigmund c.839–c.840 Fillo de Wiglaf e xenro de Ceolwulf I. Probabelmente cogobernante. c.840
Wigstan 840 Fillo de Wigmund. Rexeitou a monarquía e foi asasinado máis tarde por Beorhtwulf. Canonizado (San Wystan). 849
Aelflaed (Raíña) 840 Filla de Ceolwulf I, esposa de Wigmund e nai de Wigstan. Nomeada rexente por Wigstan. ?
Beorhtwulf 840–852 Afirmou ser curmán de Wigstan. Usurpou o trono e obrigou a Aelflaed a casar co seu fillo, Beorhtfrith. 852
Burgred 852–874 Suponse parente de Beorhtwulf. Fuxiu a Roma cando a invasión dos daneses. ?
Ceolwulf II 874–c.883 Posibelmente fillo ou neto de Wigmund e Elffled. Creado polos daneses como gobernante monicreque no oeste de Mercia. c.883
Aethelred II c.883–911 Recoñeceu a Alfredo de Wessex como seu señor. Ás veces aparece como «Ealdorman» en lugar de «rei». 911
Aethelflaed (Dama) 911–918 Esposa de Aethelred II, filla de Alfredo de Wessex e sobriña de Burgred. Reconquistou o leste de Mercia. 12 de xuño 918
Aelfwynn (Dama) 918 Filla de Aethelred II e Aethelfleda. Deposta polo seu tío, Eduardo o Vello (4 de decembro de 918), quen anexou Mercia a Wessex, creando o Reino de Inglaterra. ?

Reis titulares despois da anexión de Mercia

editar
Gobernante Reinado Notas biográficas Morte
Ethelstan de Inglaterra 924 Fillo de Eduardo o Vello e o sobriño de Ethelfleda. Converteuse en rei de Mercia despois da morte de Eduardo (xullo de 924), e en rei de Wessex sobre 16 días despois. 27/10/939
Edgar o Pacífico 957959 Sobriño de Ethelstan. Tomou o control de Mercia e Northumbria en maio de 957, antes de acceder ao trono inglés unificado en outubro de 959. 8/07/975
  1. Roach & Hartman, eds. (1997) English Pronouncing Dictionary, 15th edition. (Cambridge University Press). p. 316; see also J.C. Wells, Longman Pronunciation Dictionary and Upton et al., Oxford Dictionary of Pronunciation for Current English.
  2. *Brooks, N. (1989). "The formation of the Mercian kingdom". En Steven Bassett. The Origins of Anglo-Saxon Kingdoms. Leicester.  p.159
  3. Stenton, F. M. (1970). "The Supremacy of the Mercian kings". En D. M. Stenton. Preparatory to Anglo-Saxon England. Oxford. pp. 48–66. 
  4. Zaluckyj, Sarah & Feryok, Marge. Mercia: The Anglo-Saxon Kingdom of Central England (2001) ISBN 1-873827-62-8
  5. Chaney, William A. (1970). The Cult of Kingship in Anglo-Saxon England: The Transition from Paganism to Christianity (en inglés). Manchester University Press. ISBN 9780719003721. 

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar