Os mesozoos son un grupo de animais que historicamente clasificáronse no subreino Agnotozoa, e hoxe en día inclúense no subreino Mesozoa e que antes incluían a outros organismos con características especiais que non encaixaban en ningún outro filo. Mais co incremento dos coñecementos zoolóxicos, moitos deses seres foron descartados quedando só dous grupos de seres vivos claramente emparentados entre eles e que máis adiante comentaremos.

A palabra mesozoo fai referencia a que estes seres atópanse no medio ("meso") entre o Phylum dos Protistas e o dos Metazoos.

Características

editar

Trátase de seres pluricelulares que non teñen unha clara orixe evolutiva e que posiblemente acadaron esta pluricelularidade por unha vía distinta aos Eumetazoos. Son parasitos vermiformes de animais como os cefalópodos, platelmintos, anélidos, moluscos, equinodermos e nemertinos.

Son animais que non teñen aparato circulatorio, nervioso e excretor, constituídos por un número limitado de células que é constante de especie en especie (fenómeno de "eutelia"). Só dispoñen de dous estratos: un interno, representado por un número variable de células alongadas con función reprodutiva, e outro externo, ciliado, dedicado ó movemento e a dixestión (somatoderma).

Clasificación dos mesozoos

editar

Os dous principais grupos de mesozoos son os seguintes:

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar