Modio da Ponte Puñide

vaso cilíndrico de bronce do século IV

O modio de Ponte Puñide é un vaso cilíndrico de bronce[1] datado no século IV, achado no ano 1913 no lugar da Ponte Puñide, na parroquia de Gonzar,[2] no concello do Pino. Está exposto no Museo Arqueolóxico Nacional de Madrid.

Modio da Ponte Puñide

Modio de Ponte Puñide.
Tipo Vaso / Modio
Data Século IV
Cultura Roma Antiga
Características
Materiais Bronce
Descuberta
Localización Ponte Puñide, Gonzar, O Pino, Galicia Galicia
Data 1913
Conservación
Localización Museo Arqueolóxico Nacional de España

Características

editar

O vaso era empregado polos romanos coma unidade de medida de áridos, particularmente o trigo. A importancia deste modio (latín: modius) atópase na inscrición que recolle a mención dos principais (curiae) das cidades, que estaban ao cargo de recolectar os impostos entre os habitantes dos núcleos urbanos[3] en tempos dos emperadores Valentiniano I (364-375), Valente (364-378) e Graciano (375-383), que estiveron vencellados ao poder entre 367 e 375.

O modio como unidade de medida equivalía 8,6666 litros aínda que o modio de Ponte Puñide mide case 10 litros[4] e ten un peso de 6,800 kg.

Texto da inscrición

editar

M O D I I L (E X), IVXTA

SACRAM IVSSI [ON] EM

DOMINORVM NOSTRORUM

VALENTINIANI VALENTIS ET

GRATIANI INVICTISSIMORVM

PRINCIPVM, IVBENTE

MARIO ARTEMIO

V (IRO) C (LARISSÍMO) A [G] (ENTE)

VIC (ARIAM) P (RAEFECTVRAM) (i),

C V R (A N T I B V S) POTAMIO

ET QUENTIANO PRINCIPALIBVS.

Medida de modio, segundo

o sagrado mandato

dos nosos señores

Valentiniano, Valente e

Graciano, invictísmos

príncipes, mandando

Mario Artemio


Vicario da prefectura das Hispanias

procurándoo Potamio

e Quinciano pincipais.[5]

  1. García Romero (1914), p. 275
  2. García Romero (1914), p. 273
  3. Sayas Abengoechea 2001, p. 109.
  4. García Romero (1914), pp. 273–287
  5. Tradución a partir da ofrecida por García Romero (1914), p. 287

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar

Outros artigos

editar