Nova Holanda
nome histórico da illa continente de Australia
Nova Holanda foi un nome histórico que recibiu a illa-continente de Australia.
Historia
editarO nome foi aplicado a Australia por primeira vez en 1644 polo navegante neerlandés Abel Tasman, e permaneceu en uso durante máis de 150 anos. Despois da fundación dun asentamento en Nova Gales do Sur en 1788, o topónimo «Nova Holanda» foi usado sobre todo para referirse só á parte do continente australiano que non fora anexionada a Nova Gales do Sur. Así, usábase para denominar á rexión que hoxe é Australia Occidental.
A comezos do século XIX, Matthew Flinders recomendou empregar o nome «Australia» en lugar de «Nova Holanda», pero o cambio de nome non sería oficial até 1824.[1]