O Val, Narón
Santa María a Maior do Val é unha parroquia rural, que se localiza no noroeste do concello de Narón na provincia da Coruña. Segundo o padrón municipal de 2007 tiña 1.722 habitantes (859 mulleres e 863 homes) distribuídos en 37 entidades de poboación, o que supón un aumento en relación ao ano 1999 cando tiña 1.602 habitantes. A súa densidade poboación é de 132 hab/km².
O Val | |
---|---|
Igrexa de Santa María a Maior do Val. | |
Concello | Narón[1] |
Provincia | A Coruña |
Coordenadas | 43°33′22″N 8°12′47″O / 43.55618872, -8.21296292 |
Área | 13 km² |
Poboación | 1.804 hab. (2017) |
Densidade | 138,77 hab./km² |
Entidades de poboación | 38[1] |
[ editar datos en Wikidata ] |
Ten unha superficie de 13 km², o que a converte na meirande do concello. Limita ó norte co océano Atlántico, ó sur coas parroquias de Trasancos e Castro, ó leste co concello de Valdoviño e ó oeste co concello de Ferrol.
Na xurisdición eclesiástica forma parte do arciprestado de Xuvia, pertencente á diocese de Mondoñedo-Ferrol.
Xentilicio
editarO seu xentilicio é valexo[2].
Galería de imaxes
editar-
Convento de Baltar.
-
Capela de San Xoan.
-
Capela de Sta. Margarida.
-
Cruceiro en Santa Margarida.
-
Cooperativa do Val.
Lugares e parroquias
editarLugares do Val
editarLugares da parroquia do Val no concello de Narón | |
---|---|
O Abelleiro | Baltar | Bardás | O Cádavo | Os Canteiros | As Carballedas | O Casal | O Castro | A Cavada | As Chousas | A Cima da Vila | Ciobre | O Codesal | Cornido | Corval |O Cruceiro | A Espiñeira | As Filgueiras | O Foxo | O Grandal | O Lobeiro | A Modia | Os Outeiros | A Pedreira | O Pico do Vento | Pradedo | Quintá | O Redondo | O Río de Cortes | Santa Margarida | Sinde | O Vento | Vilacornelle | O Vilar | Os Vilares | Vilarquinte | Vilasuso |
Parroquias de Narón
editarNotas
editar- ↑ 1,0 1,1 DECRETO 189/2003, do 6 de febreiro, polo que se aproba o nomenclátor correspondente ás entidades de poboación da provincia da Coruña.
- ↑ "Xentilicios_0.pdf" (PDF). p. 28. Consultado o 22 de xullo de 2021.