Péptido YY
O péptido YY ou PYY é unha pequena proteína de 36 aminoácidos con función hormonal liberada polas células do íleo e colon en resposta á alimentación. Nos humanos a forma YY3-36 parece reducir o apetito.
Outros nomes cos que se coñece o péptido YY son: péptido tirosina tirosina, ou péptido pancreático YY3-36.[1]
Estrutura
editarO péptido YY está relacionado coa familia de péptidos pancreáticos por ter 18 dos seus 36 aminoácidos situados na mesma posición ca nos péptidos pancreáticos.[2] Existen dúas formas principais do péptido YY: PYY1-36 e PYY3-36 que teñen un pregamento estrutural PP. Porén, a forma máis común de inmunorreactividade de PYY circulante é o PYY3-36, que se une ao receptor Y2 (Y2R) da familia de receptores Y.[3] O péptido YY3-36 (PYY) é un polipéptido liñal que consta de 36 aminoácidos cunha homoloxía estrutural co neuropéptido Y e co polipéptido pancreático.
Liberación
editarO PYY encóntrase nas células L da mucosa do tracto dixestivo, especialmente no íleo e colon. Tamén se encontra unha pequena cantidade de PYY, arredor de 1-10%, no esófago, estómago, duodeno e xexuno.[4] As concentracións de PYY en circulación aumentan no período posprandial (despois de comer) e diminúen co xaxún.[3] Ademais, o PYY prodúceno tamén unha pequena poboación de neuronas no tronco encefálico, especificamente situadas no núcleo xigantocelular reticular do bulbo raquídeo.[5] C. R. Gustavsen et al. encontraron células produtoras de PYY nos illotes de Langerhans en ratas.[6]
Funcións
editarO PYY exerce a súa función a través do receptor do neuropéptido Y, inhibe a motilidade gástrica e incrementa a absorción de auga e electrólitos no colon.[7] O PYY tamén podería suprimir a secreción pancreática. É secretado polas células neuroendócrinas no íleo e colon en resposta a unha comida, e reduce o apetito. O PYY traballa freando o baleiramento gástrico, e incrementa a eficiencia da dixestión e a absorción de nutrientes despois dunha comida. Algunhas investigacións sinalaron que o PYY podería ser útil na eliminación do aluminio acumulado no cerebro.
Estudos en animais
editarVarios estudos mostraron que a administración periférica aguda de PYY3-36 inhibe a alimentación de roedores e primates. Fixéronse estudos con ratos knockout-Y2R, e os resultados indicaron que non hai efectos anorexíxenos (redutores do apetito) en ratos knockout-Y2R. Estes descubrimentos indican que o PYY3-36 ten efectos anorexíxenos, mediados polo Y2R. Realizáronse algúns estudos para investigar o efecto do PYY en ratos. Ratos knockout-PYY femias incrementaron o seu peso corporal e masa graxa. Os ratos knockout-PYY, son resistentes á obesidade pero teñen maior masa graxa e unha menor tolerancia á glicosa cando son alimentados con dietas altas en graxa, comparado cos ratos de control. Polo tanto, o PYY tamén xoga un papel moi importante na homeostase da enerxía ao equilibrar a inxestión de comida.[3]
Relación coa obesidade
editarA leptina é outra hormona que tamén reduce o apetito en resposta á alimentación, pero as persoas obesas desenvolven unha resistencia á leptina. Tamén se sabe que as persoas obesas secretan menos PYY cós non obesos.[8] Intentouse usar o PYY directamente como medicamento para a perda de peso e tivo certo éxito. Os investigadores notaron que a inxesta calórica durante unha comida tomada dúas horas despois da infusión de PYY viuse reducida nun 30% en suxeitos obesos (P<0,001) e nun 31% en suxeitos delgados (P<0,001).[9]
Mentres que algúns estudos mostran que a xente obesa ten menores niveis de PYY circulante despois das comidas, outros estudos informaron que os individuos obesos teñen unha sensibilidade normal aos efectos redutores do apetito do PYY3-36. Ademais, entre a xente obesa e non obesa non hai diferenzas nas concentracións de PYY. Xa que logo, a redución na secreción de PYY non podería ser unha das causas da obesidade. Aínda así, os efectos anorexíxenos do PYY poderían ser parte dun tratamento farmacolóxico contra a obesidade no futuro.[3]
Unha investigación feita en 2006 mostrou que o consumo de proteínas incrementa os niveis de PYY, e observou algúns beneficios na redución do apetito e perda de peso nos suxeitos experimentais.[10] Isto podería explicar a perda de peso experimentada nas dietas altas en proteínas.
Parece ser que o estradiol podería interaccionar co PYY. As isoflavonas de soia teñen semellanzas estruturais e funcionais co estradiol. Os datos dispoñibles indican que o estradiol e os compoñentes parecidos ao estradiol poderían interactuar coas "hormonas da saciedade" do intestino tales como o péptido YY (PYY) e a ghrelina, e así influír no peso corporal.[11]
Notas
editar- ↑ "Entrez Gene: PYY peptide YY".
- ↑ DeGroot, Leslie Jacob (1989). J. E. McGuigan, ed. Endocrinology. Philadelphia: Saunders. p. 2754. ISBN 0-7216-2888-5.
- ↑ 3,0 3,1 3,2 3,3 Murphy, Kevin G. & Bloom, Stephen R. (decembro de 2006). "Gut hormones and the regulation of energy homeostasis". Nature (en inglés) 444 (7121): 854–859. ISSN 0028-0836. doi:10.1038/nature05484.
- ↑ Taylor IL (marzo de 1985). "Distribution and release of peptide YY in dog measured by specific radioimmunoassay". Gastroenterology 88 (3): 731–7. PMID 3838162.
- ↑ Glavas MM, Grayson BE, Allen SE, Copp DR, Smith MS, Cowley MA, Grove KL (2008). "Characterization of brainstem peptide YY (PYY) neurons.". J Comp Neurol 506 (2): 194–210. PMID 18022952. doi:10.1002/cne.21543.
- ↑ Gustavsen, Carsten R.; Pillay, Neville; Heller, R. Scott (2008-07). "An immunohistochemical study of the endocrine pancreas of the African ice rat, Otomys sloggetti robertsi". Acta Histochemica (en inglés) 110 (4): 294–301. doi:10.1016/j.acthis.2007.11.003.
- ↑ Liu C, Aloia T, Adrian T, Newton T, Bilchik A, Zinner M, Ashley S, McFadden D (1996). "Peptide YY: a potential proabsorptive hormone for the treatment of malabsorptive disorders.". Am Surg 62 (3): 232–6. PMID 8607584.
- ↑ "Peptide YY Secretion in Morbidly Obese Patients Before and After Vertical Banded Gastroplasty". Arquivado dende o orixinal o 15 de setembro de 2019. Consultado o 06 de maio de 2012.
- ↑ Batterham RL, Cohen MA, Ellis SM, Le Roux CW, Withers DJ, Frost GS, Ghatei MA, Bloom SR (2003). "Inhibition of food intake in obese subjects by peptide YY3-36". The New England journal of medicine 349 (10): 941–8. PMID 12954742. doi:10.1056/NEJMoa030204.
- ↑ Batterham RL, Heffron H, Kapoor S, Chivers J, Chandarana K, Herzog H, Le Roux CW, Thomas EL, Bell JD, Withers DJ (2006). "Critical role for peptide YY in protein-mediated satiation and body-weight regulation.". Cell Metabolism 4 (3): 223–233. PMID 16950139. doi:10.1016/j.cmet.2006.08.001.
- ↑ Weickert MO, Reimann M, Otto B, Hall WL, Vafeiadou K, Hallund J, Ferrari M, Talbot D, Branca F, Bügel S, Williams CM, Zunft HJ, Koebnick C (2006). "Soy isoflavones increase preprandial peptide YY (PYY), but have no effect on ghrelin and body weight in healthy postmenopausal women". J Negat Results Biomed 5: 11. PMC 1562443. PMID 16907966. doi:10.1186/1477-5751-5-11.
Véxase tamén
editarBibliografía
editar- Ekblad E, Sundler F (2002). "Distribution of pancreatic polypeptide and peptide YY". Peptides 23 (2): 251–61. PMID 11825640. doi:10.1016/S0196-9781(01)00601-5.
- Sandström O, El-Salhy M (2002). "Ontogeny and the effect of aging on pancreatic polypeptide and peptide YY". Peptides 23 (2): 263–7. PMID 11825641. doi:10.1016/S0196-9781(01)00603-9.
- Yang H (2002). "Central and peripheral regulation of gastric acid secretion by peptide YY". Peptides 23 (2): 349–58. PMID 11825649. doi:10.1016/S0196-9781(01)00611-8.
- Naruse S, Kitagawa M, Ishiguro H, Hayakawa T (2002). "Feedback regulation of pancreatic secretion by peptide YY". Peptides 23 (2): 359–65. PMID 11825650. doi:10.1016/S0196-9781(01)00612-X.
- Aponte GW (2002). "PYY-mediated fatty acid induced intestinal differentiation". Peptides 23 (2): 367–76. PMID 11825651. doi:10.1016/S0196-9781(01)00613-1.
- Hagan MM (2002). "Peptide YY: a key mediator of orexigenic behavior". Peptides 23 (2): 377–82. PMID 11825652. doi:10.1016/S0196-9781(01)00614-3.
- Mannon PJ (2002). "Peptide YY as a growth factor for intestinal epithelium". Peptides 23 (2): 383–8. PMID 11825653. doi:10.1016/S0196-9781(01)00615-5.
- Tseng WW, Liu CD (2002). "Peptide YY and cancer: current findings and potential clinical applications". Peptides 23 (2): 389–95. PMID 11825654. doi:10.1016/S0196-9781(01)00616-7.
- El-Salhy M, Suhr O, Danielsson A (2002). "Peptide YY in gastrointestinal disorders". Peptides 23 (2): 397–402. PMID 11825655. doi:10.1016/S0196-9781(01)00617-9.
- Imamura M (2002). "Effects of surgical manipulation of the intestine on peptide YY and its physiology". Peptides 23 (2): 403–7. PMID 11825656. doi:10.1016/S0196-9781(01)00618-0.
- Beglinger C, Degen L (2007). "Gastrointestinal satiety signals in humans--physiologic roles for GLP-1 and PYY?". Physiol. Behav. 89 (4): 460–4. PMID 16828127. doi:10.1016/j.physbeh.2006.05.048.
- Eberlein GA, Eysselein VE, Schaeffer M; et al. (1989). "A new molecular form of PYY: structural characterization of human PYY(3-36) and PYY(1-36)". Peptides 10 (4): 797–803. PMID 2587421. doi:10.1016/0196-9781(89)90116-2.
- Facer P, Bishop AE, Cole GA; et al. (1989). "Developmental profile of chromogranin, hormonal peptides, and 5-hydroxytryptamine in gastrointestinal endocrine cells". Gastroenterology 97 (1): 48–57. PMID 2721879.
- Tatemoto K, Nakano I, Makk G; et al. (1989). "Isolation and primary structure of human peptide YY". Biochem. Biophys. Res. Commun. 157 (2): 713–7. PMID 3202875. doi:10.1016/S0006-291X(88)80308-5.
- Lukinius AI, Ericsson JL, Lundqvist MK, Wilander EM (1986). "Ultrastructural localization of serotonin and polypeptide YY (PYY) in endocrine cells of the human rectum". J. Histochem. Cytochem. 34 (6): 719–26. PMID 3517149. doi:10.1177/34.6.3517149.
- Adrian TE, Ferri GL, Bacarese-Hamilton AJ; et al. (1985). "Human distribution and release of a putative new gut hormone, peptide YY". Gastroenterology 89 (5): 1070–7. PMID 3840109.
- Lundell I, Blomqvist AG, Berglund MM; et al. (1996). "Cloning of a human receptor of the NPY receptor family with high affinity for pancreatic polypeptide and peptide YY". J. Biol. Chem. 270 (49): 29123–8. PMID 7493937. doi:10.1074/jbc.270.49.29123.
- Bard JA, Walker MW, Branchek TA, Weinshank RL (1995). "Cloning and functional expression of a human Y4 subtype receptor for pancreatic polypeptide, neuropeptide Y, and peptide YY". J. Biol. Chem. 270 (45): 26762–5. PMID 7592911. doi:10.1074/jbc.270.45.26762.
- Hort Y, Baker E, Sutherland GR; et al. (1995). "Gene duplication of the human peptide YY gene (PYY) generated the pancreatic polypeptide gene (PPY) on chromosome 17q21.1". Genomics 26 (1): 77–83. PMID 7782089. doi:10.1016/0888-7543(95)80085-Z.
- Kohri K, Nata K, Yonekura H; et al. (1993). "Cloning and structural determination of human peptide YY cDNA and gene". Biochim. Biophys. Acta 1173 (3): 345–9. PMID 8318545.
- Batterham RL, Heffron H, Kapoor S, Chivers J, Chandarana K, Herzog H, Le Roux CW, Thomas EL, Bell JD, Withers DJ (2006). "Critical role for peptide YY in protein-mediated satiation and body-weight regulation". Cell Metabolism 4 (3): 223–233. PMID 16950139. doi:10.1016/j.cmet.2006.08.001.