Paul Krugman
Paul Robin Krugman, nado o 28 de febreiro de 1953 en Albany, Nova York, é un economista, divulgador e xornalista norteamericano, próximo ás formulacións neokeynesianos.
Traxectoria
editarEn 2011 era profesor de Economía e Asuntos Internacionais na Universidade de Princeton. Dende 2000 escribe unha columna no periódico New York Times. En 2008 foi galardoado co Premio Nobel de Economía.[1] Krugman é probabelmente máis coñecido polo público como forte crítico das políticas económicas e xenerais da administración de George W. Bush, que presentou na súa columna.
Escribiu máis de 200 artigos e 21 libros -algún deles académicos, e outros de divulgación-. Preocupouse por reformular modelos matemáticos para resolver o problema de onde ocorre a actividade económica e por que.
En 1991 a American Economic Association concedeulle a medalla John Bates Clark. Gañou o Premio Príncipe de Asturias de Ciencias Sociais no ano 2004 e o Premio Nobel de Economía en 2008.
Notas
editar- ↑ "Krugman Wins Nobel Prize for Economics". The New York Times (en inglés). 13 de outubro de 2008. Consultado o 5 de marzo de 2018.
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editar