Philips é unha empresa holandesa de electrónica. Ten a súa sede na cidade de Ámsterdam, pero a orixe da empresa está en Eindhoven. A empresa produce electrónica de consumo, iluminación, telecomunicacións e equipamento médico.
En 1891 Gerard Philips xunto co seu pai Frederik Philips fundaron Philips & Co. nun local en Eindhoven. Os primeiros produtos foron bombillas, actualmente o local foi convertido nun museo. Orixinalmente a planta de Philips adicábase á montaxe de lámpadas de filamento de carbono. Gerard Philips estaba particularmente interesado na investigación e sentou as bases para o Laboratorio de Física de Philips (NatLab), o sucesor foi, o High Tech Campus de Eindhoven. Coa incorporación do irmán Gerard Anton Philips, en 1895, a dirección da empresa compleméntase cun home de negocios que era capaz de facer medrar a empresa. En 1899 Anton pasa a ser socio xerente da empresa. En 1907, fúndase NV Philips Metal Factory en Eindhoven, seguindo en 1912 co establecemento de NV Philips, Gerard e Anton Philips foron os primeiros directores.
1891 fundación de Philips por Gerard Philips o seu irmán Anton e seu pai Benjamin Frederik David, primo irmán de Karl Marx, para producir lámpadas incandescentes na zona de Eindhoven
1918 saída ao mercado dun tubo de raios X médico e dun servizo de reparación de aparellos radiográficos. Créase a división de sistemas médicos
1925 primeiros experimentos da compañía coa televisión
1926 fundación de Philips en España
1927 inicia a fabricación de radios e pequenos electrodomésticos
Philips chega a España en 1926 nun principio como importadora e distribuidora. En 1927 merca a empresa Lámparas Eléctricas “Z” (SELEZ). Unha empresa fundada en 1908 polo enxeñeiro barcelonés Luis Muntadas Rovira adicada á fabricación de lámpadas de alumbrado. En 1945 comezou a fabricación de tubos fluorescentes e dez anos despois a fabricación de tubos de imaxe para televisores. En 1959 inaugúrase a primeira instalación para fabricar ferritas na Zona Franca de Barcelona, onde no ano seguinte funda Miniwatt, S.A. adicada á fabricación de compoñentes electrónicos.
Nos anos 1980 e 1990 Philips reorganizou toda a súa estrutura produtiva e de organización[1].