Pisa
Pisa ([ˈpiːsa]) é un concello ("comuna") da rexión de Toscana e mais é a capital da provincia homónima de Italia.
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
País | Italia | ||||
Rexión | Toscana | ||||
Provincias | Provincia de Pisa | ||||
Capital de | |||||
Poboación | |||||
Poboación | 88.737 (2023) (479,48 hab./km²) | ||||
Lingua oficial | lingua italiana | ||||
Xeografía | |||||
Superficie | 185,07 km² | ||||
Bañado por | Río Arno | ||||
Altitude | 4 m | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Datos históricos | |||||
Precedido por | |||||
Santo padrón | Rainerius (en) e Bona of Pisa (en) | ||||
Organización política | |||||
• Alcalde | Michele Conti (en) (2018–) | ||||
Identificador descritivo | |||||
Código postal | 56100 e 56121–56128 | ||||
Fuso horario | |||||
Prefixo telefónico | 050 | ||||
Identificador ISTAT | 050026 | ||||
Código catastral italiano | G702 | ||||
Outro | |||||
Irmandado con | |||||
Páxina web | comune.pisa.it | ||||
Historia
editarFundada presumiblemente como colonia grega, foi unha cidade etrusca e despois colonia romana no ano 180 a.C..
Do século IX ó século XI converteuse nunha das repúblicas mariñeiras, combatendo ós árabes polo control do Mediterráneo e rivalizando con Xénova e Venecia.
Pisa tivo un crecemento posterior do poder económico e político debido á adquisición de posesións e dereitos comerciais no leste do Mediterráneo durante o período das cruzadas. Durante as loitas con Xénova pola posesión de Córsega e Sardeña, Pisa foi vencida polos xenoveses na batalla de Meloria no 1284.
Como cidade xibelina, nos s. XIII e s. XIV estivo de arreo en loita con Florencia, á cal venceu no 1406.
Algúns dos monumentos máis importantes de Pisa é a catedral (1068-1118), de estilo románico coa fachada de mármore, portas de bronce de Bonnano Pisano e o púlpito de Giovanni Pisano) e a sonada torre de Pisa, do s. XII, de 55 metros de alto, que se caracteriza pola súa inclinación, que comezou a producirse xusto despois da súa construción.
Xeografía física
editarA cidade atópase a poucos quilómetros da desembocadura do río Arno, nunha zona de chaira chamada Valdarno inferior, pechada ao norte polo monte Pisani.
A área que rodea a cidade está clasificada como de risco sísmico, o municipio foi o epicentro de dous sismos: o terremoto do 10 de xaneiro de 1168, e o terremoto de 1322 ambos tremores foron dunha magnitude de 4,63 na escala Richter , alcanzando o grao V-VI da Escala de Mercalli.
Topónimo
editarAs orixes do nome de Pisa son incertos. A miúdo remóntanse á cidade homónima grega de Elis, habitantes dirixidos por Penélope, poida que fundaran a Pisa Toscana despois da guerra de Troia. Pisa tamén é a miúdo chamada a cidade de Alfea pola súa orixe grega (polo río Alfeo en Élide, Peloponeso). Outros historiadores pensan que poida derivar da palabra pise que os etruscos utilizan para "boca" (en lingua acadia pi = boca, estuario de río). Pero a etimoloxía de Pisa tamén pode provir da lingua lígur para indicar un lugar pantanoso, ou segundo Pino Masi, do grego antigo "Bisae" que se refire aos pasos que se elevan dende o río. Poida que isto se deba á presenza de dous ríos, o Ozzeri (xa desaparecido) ao norte do asentamento e o Arno ao sur. Mentres que en lingua latina a cidade grega se refire simplemente como Pisa, a cidade da Toscana coñécese como Pisae, en plural, e isto sen dúbida inclina cara á orixe da pise etrusca, na que os romanos chamaban Pisae, pero a hipótese non é de todo correcta, porque o substantivo "Pisae" se basea no "pluralia tantum" como tantas outras cidades dos substantivos latinos (Atenae, Atenarum).
Clima
editarMes | Estación | Ano | |||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Xan | Feb | Mar | Abr | Mai | Xuñ | Xul | Ago | Set | Out | Nov | Dec | Inv | Pri | Ver | Out | ||
T. max. media (°C) | 11,2 | 12,7 | 14,9 | 18,3 | 22,2 | 26,1 | 29,3 | 28,9 | 25,9 | 21,2 | 15,9 | 12,1 | 12 | 18,5 | 28,1 | 21 | |
T. min. media (°C) | 2,9 | 3,5 | 5,4 | 8,3 | 11,7 | 15,3 | 17,4 | 17,5 | 14,7 | 10,6 | 6,6 | 3,5 | 3,3 | 8,5 | 16,7 | 10,6 | |
Precipitacións (mm) | 74 | 64 | 77 | 61 | 59 | 34 | 16 | 60 | 83 | 107 | 106 | 82 | 220 | 197 | 110 | 296 | |
Fonte: Facoltà di Agraria de Pisa (1961-1990) |
Simboloxía
editarBandeira de Pisa, escudo de armas da Cidade e do Concello. | Escudo de armas alternativo da Cidade. | Áquila Imperial, escudo da Provincia. | República Marítima, escudo da Mariña Italiana. |
Monumentos e lugares de interese
editar- Piazza del Duomo
- O Duomo
- Campanile di Santa Maria
- Battistero
- Campo Santo
- Piazza dei Cavalieri
- Lungarno
- Le Mura
- Mural Tuttomondo di Keith Haring
Poboación
editarPoboación censada en Pisa e evolución da mesma dende 1861.
Irmandada
editarPisa está irmandada con:
|
|
|