Plácido Domingo
Plácido Domingo, nado en Madrid o 21 de xaneiro de 1941[1], é un tenor español.
(2019) | |
Nome orixinal | (es) José Plácido Domingo Embil |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | 21 de xaneiro de 1941 (83 anos) Madrid, España |
Embaixador de Boa Vontade da UNESCO | |
novembro de 2012 – | |
Datos persoais | |
Residencia | Manhattan Madrid Acapulco Barcelona |
Educación | Conservatorio Nacional de Música (Mexico) (pt) |
Actividade | |
Ocupación | cantante de ópera, director de orquestra, actor |
Período de actividade | 1959 - |
Membro de | |
Xénero artístico | Ópera |
Profesores | Igor Markevitch (pt) |
Tesitura | Heldentenor (pt) , Barítono e tenor |
Instrumento | Voz |
Selo discográfico | EMI Classics |
Familia | |
Cónxuxe | Marta Domingo (1962–) |
Fillos | Plácido Domingo Jr. |
Pais | Plácido Domingo Ferrer e Pepita Embil |
Premios | |
| |
Descrito pola fonte | Biblioteca dixital BEIC Obálky knih, |
Páxina web | placidodomingo.com |
|
Traxectoria
editarNado en España, moveuse a México ós 8 anos coa súa familia, que dirixía unha compañía de zarzuela. En Cidade de México estudou música no Conservatorio Nacional. Foi o cantante reserva de Los Black Jeans en 1958, unha banda de rock formada en 1958 por César Costa. Aprendeu o piano e a dirixir orquestra, pero fixo o seu debut como tenor de ópera en 1961 en Monterrey, México, como Alfredo en La Traviata de Verdi. En 1962 uniuse á Ópera Nacional Israelí en Tel Aviv, onde pasou 2 anos e medio, realizando 280 funcións.
Realizou numerosas actuacións nos Estados Unidos sobre todo en Nova York e San Francisco, aínda que tampouco deixou de facer xiras en cidades de Europa, durante os anos 1960, realizando numerosos papeis musicais e o seu repertorio, está composto dunha ampla gama de directores entre eles von Karajan, Zubin Mehta, James Levine, entre outros, e compositores de música clásica moi coñecidos. Como director de Ópera iniciou as súas actividades en 1973.
Gravou dúos con diversos cantantes como John Denver, José María Cano, Alejandro Fernández, Carlos Santana, Luis Cobos, Caetano Veloso, Patricia Kaas etc. e con José Carreras e Luciano Pavarotti formou en 1990, a célebre sociedade artística dos Tres Tenores.
Notas
editar- ↑ As seguintes fontes coinciden en sinalar 1941 como data de nacemento do tenor: Encyclopedia Britannica; Encyclopedia of World Biography, Thomson Gale, 2006; The Concise Grove Dictionary of Music, Oxford University Press, 1994; Warrack, J. and West, E. The Oxford Dictionary of Opera, OUP, 1992; tamén é o ano que aparece na páxina oficial do cantante Arquivado 12 de outubro de 2007 en Wayback Machine..
Véxase tamén
editarA Galipedia ten un portal sobre: Ópera |