Plotino (en grego Πλωτίνος, Plotínos; en latín Plōtinus), nado no ano 204 ou 205 e finado no 270, foi un filósofo helenístico e unha das máis salientables figuras do neoplatonismo. Moita da información biográfica que hoxe hai del procede do seu discípulo Porfirio.

Modelo:BiografíaPlotino

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento205 (Gregoriano) Editar o valor en Wikidata
Licópolis Deltaica, Antigo Exipto (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Morte270 (Gregoriano) Editar o valor en Wikidata (64/65 anos)
Minturno, Italia (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoFilosofía Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónfilósofo, escritor Editar o valor en Wikidata
Período de tempoAlto Imperio Romano Editar o valor en Wikidata
ProfesoresAmónio Sacas (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
AlumnosPorfirio e Cássio Longino (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteEnciclopedia de Otto
Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron
Pequeno Dicionario Enciclopédico de Brockhaus e Efron Editar o valor en Wikidata
BNE: XX875365 Musicbrainz: c0315c6c-3bad-4118-b75c-062190b72e98 Editar o valor en Wikidata

Traxectoria

editar

Plotino mergullouse no estudo da filosofía aos 27 anos e desprazouse a Alexandría onde buscou un mestre que satisfixera as súas inquedanzas intelectuais e morais ata que encontrou a Ammonius Saccas. Alexandre de Afrodisias, Numenius e varios estoicos influíron tamén no seu pensamento.

Tras nove anos en Alexandría, Plotino decidiu pescudar a filosofía de Persia e a India. Para iso enrolouse no exército de Gordiano III, cuxa campaña foi un fracaso. Isto provocou que Plotino se vise só e abandonado en terra hostil ata que conseguiu alcanzar a segura cidade de Antioquía. A idade de 40 anos, estableceuse en Roma onde fixo un gran número de discípulos (Porfirio, Amelio Xentiliano da Toscana, o senador Castricio Firmus, Eustoquio de Alexandría, Zetos, Paulino...). Plotino gañouse o respecto de Galieno e a súa dona Salonina. Chegouse a concibir unha cidade en Campania como residencia dos filósofos baixo as leis de Platón, proxecto que non chegou a tomar corpo. Foise vivir a Sicilia e pasou o final dos seus días en Campania coidado por Eustoquio.

Os ensaios que constituirán as Enéades foron escritos durante un longo período de 17 anos que chegou ata poucos meses antes do seu pasamento. Incapaz de ordenalos e revisalos por mor da súa deficiente visión, será Porfirio quen nos achegue estruturada esta obra capital da historia da filosofía composta de seis libros de nove tratados cada un.

Pensamento

editar

Plotino mantiña unha gran desconfianza cara ao corpóreo e o material. Sostiña que os fenómenos sensibles eran unha imitación de algo máis elevado e superior, o xenuíno e verdadeiro Ser.

Plotino mantén a existencia do UN, transcendente e sen multiplicidade nin distinción, que en realidade está alén da diferenciación entre o que comunmente coñecemos como ser ou o non-ser. A categoría común de ser a facemos derivar da nosa experiencia corrente en relación a diversidade de obxectos, pero o Un está máis alá das nosas categorías e transcende os obxectos sensibles. O un non é a mera suma da totalidade dos obxectos senón a realidade subxacente e transcendente a todos eles que se identifica co Ben e a Beleza. O pensamento non pode ser atribuído ao Un porque implica distinción, diferenciación entre o pensante e o obxecto pensado. Sen o un nada podería existir. Ao un non se lle pode atribuír ningunha actividade polo que tampouco é o creador da realidade. A multiplicidade deriva do simple, polo que do un, por emanación, derivan todas as cousas. O imperfecto emana do perfecto en estadios de sucesiva imperfección. A emanación non afecta, altera ou diminúe ao Un, igual que o sol non diminúe pola emanación da súa luz.

A primeira emanación é o Nous, o L, o Verbo ou Razón, que sería o equivalente ao Demiúrgo de Platón. Do Nous procede a alma do mundo cuxa emanación inferior é a natureza.

A felicidade do home non depende do mundo físico, senón que é unha experiencia metafísica que se acada mediante a razón e a capacidade de contemplación. O home é independente do seu corpo, a súa alma é inmortal, polo que a enfermidade, a dor ou a incomodidade non teñen porque atinxir ao seu estado de felicidade. É posible acadar a fusión co Un mediante unha especie de iluminación que constitúe unha experiencia mística á que Plotino chegou nalgunhas ocasións segundo relata Porfirio.

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar