Premio
recoñecemento público dunha institución ou entidade
Un premio (do latín praemium) é calquera artigo ou compensación doutro tipo, como agasallos ou cartos, que se reciben a modo de agradecemento ou recoñecemento polo esforzo realizado, aínda que para algúns premios intervén a sorte; tal é o caso dos premios que outorgan as lotarías, rifas e case todos os sorteos de televisión.
Algúns dos premios máis coñecidos son os seguintes:
- Balón de Ouro
- Globos de Ouro
- Premios Emmy
- Premios Grammy
- Premios Mestre Mateo
- Premios Nobel
- Premios Oscar
- Premio Planeta
- Premios Príncipe de Asturias
- Premio Pulitzer
- Premio Xerais
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Premio |