Rairiz de Veiga
Rairiz de Veiga é un concello da provincia de Ourense, pertence á comarca da Limia. Segundo o padrón municipal, en 2014 tiña 1.456 habitantes (1.767 en 2003).
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | España | ||||
Comunidade autónoma | Galicia | ||||
Provincia | provincia de Ourense | ||||
Capital | Rairiz de Veiga | ||||
Poboación | |||||
Poboación | 1.220 (2023) (16,92 hab./km²) | ||||
Xeografía | |||||
Parte de | |||||
Superficie | 72,1 km² | ||||
Altitude | 622 m | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Organización política | |||||
• Alcaldesa | Asunción Morgade (2015–) | ||||
Eleccións municipais en Rairiz de Veiga | |||||
Código INE | 32067 | ||||
Demografía
editarCenso total | 1.456 (2014) |
Menores de 15 anos | 80 (5,49 %) |
Entre 15 e 64 anos | 780 (53,57 %) |
Maiores de 65 anos | 596 (40,93 %) |
Evolución da poboación de Rairiz de Veiga Fontes: INE e IGE. | ||||||||||||||||||
1900 | 1930 | 1950 | 1981 | 2004 | 2009 | 2011 | 2012 | 2013 | 2014 | 2015 | 2016 | 2017 | 2018 | 2019 | 2020 | 2021 | 2022 | 2023 |
4.084 | 4.151 | 4.463 | 4.114 | 1.788 | 1.673 | 1.622 | 1.568 | 1.527 | ||||||||||
(Os criterios de rexistro censual variaron entre 1900 e 2004, e os datos do INE e do IGE poden non coincidir.) |
Xeografía
editarO concello ten unha superficie de 72,39 km², e abrangue 8 parroquias. Atópase na Limia Alta, a unha altitude entre 600 e 1000 m. Ocupa parte dos terreos antigamente anegados pola lagoa de Antela, conservándose algunhas charcas, como as Veigas da Ponte Liñares. As Veigas da Saínza, Ordes e Congostro forman unha valgada enchoupada, de pouca drenaxe. A zona está dentro da zona especial de conservación (ZEC) de Veiga de Ponteliñares[1][2]. Estas veigas adoitan ser zonas húmidas nas tempadas de choiva, permitindo unha grande riqueza biolóxica nos pastos e nas carballeiras. É por iso que está está incluída na Rede Natura 2000. Ademais forma parte da reserva da biosfera Área de Allariz. Alí atópase a carballa da Rocha.
Historia
editarNa zona foron achados restos de palafitas, construcións propias de poboados á beira de lagos e lagoas feitas con madeira e barro, de planta circular e paramentos de cestería. Durante a cultura castrexa houbo asentamentos como o castro de Monte Albán (parroquia de Sabariz), escavado a comezos do s. XX por Florentino López Cuevillas e Vicente Risco, e onde apareceu un enxoval con numerosas pezas de cerámica campaniforme e outros materiais.
Quedou bastante pegada da romanización de Galicia, ao pasar por aquí a Vía Nova ou Vía XVIII do itinerario de Antonino entre Braga e Astorga, que cruzaba o río Limia na Ponte Pedriña.
Na idade media construíuse a Torre de Celme, da que non quedan restos. Xa na idade moderna construíronse o pazo de Santa María de Ordes, un conxunto de casas grandes e capela, na actualidade reformado. respecto á arquitectura relixiosa, a igrexa de Guillamil é de estilo románico. As de Lampaza e Rairiz de Veiga son do s. XVIII con portada renacentista. As de Candás, Congostro, Ordes e Sabariz son barrocas.
Durante o antigo réxime na xurisdición de Rairiz de Veiga impartían xustiza o Conde de Moctezuma (parroquias de Congostro e Ordes) e o Conde de Monterrei. O actual concello constituíuse coa división territorial de España en 1833.
Galería de imaxes
editar- Artigo principal: Galería de imaxes de Rairiz de Veiga.
Parroquias
editarLugares de Rairiz de Veiga
editarPara unha lista completa de todos os lugares do concello de Rairiz de Veiga vexa: Lugares de Rairiz de Veiga.
Notas
editar- ↑ Consellaría de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, Xunta de Galicia (eds.). "Veiga de Ponteliñares". Consultado o 18/10/2019.
- ↑ Axencia Ambiental Europea - Unión Europea (eds.). "ES1130006 Veiga de Ponteliñares". Consultado o 18/10/2019.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Rairiz de Veiga |