Ramón Pérez Costales

médico e político asturiano

Ramón Pérez Costales, nado en Oviedo en 1832 e finado na Coruña o 18 de xaneiro de 1911, foi un médico e político galego.

Modelo:BiografíaRamón Pérez Costales

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento31 de maio de 1832 Editar o valor en Wikidata
Oviedo, España Editar o valor en Wikidata
Morte18 de xaneiro de 1911 Editar o valor en Wikidata (78 anos)
Madrid, España Editar o valor en Wikidata
Ministro de Fomento de España
28 de xuño de 1873 – 18 de xullo de 1873
← Eduardo Benot (pt) TraducirJosé Fernando González Sánchez (pt) Traducir →
Deputado no Congreso dos Deputados
Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
EducaciónUniversidade de Oviedo
Universidade de Santiago de Compostela Editar o valor en Wikidata
Actividade
Lugar de traballo Madrid Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónpolítico, médico Editar o valor en Wikidata
Membro de

Descrito pola fonteEnsayo de un catálogo de periodistas españoles del siglo XIX (1903-1904), (sec:Pérez Costales (Ramón), p.342) Editar o valor en Wikidata
BNE: XX1395343

Traxectoria

editar

Malia comezar os seus estudos na Universidade de Oviedo, tivo que trasladarse a Santiago de Compostela debido a compromisos laborais do seu pai, cidade onde remataría a licenciatura de medicina en 1854. En 1866 trala sublevación dos sarxentos do cuartel de San Gil en Madrid exíliase a Portugal.[1] Dous anos despois, en 1868 volta instalándose na Coruña e formando parte do Partido Repúblicano Federal de Francesc Pi i Margall, alí traballaría duramente na actividade política do partido ata ser apartado da dirección, intre no que comeza a espallar a idea de crear a Unión Republicana de Galicia.

Foi elixido deputado pola Coruña en 1872 e en 1873 (Cortes Constituíntes da I República) volveu ser deputado por Carral. Presentou ás Cortes a proposta de Estatuto de Galicia de José Sánchez Villamarín, na que se pedía "una Galicia independiente pero parte integrante de la nación", aínda que o intento de autodeterminación non prosperou pola pouca duración da I República. Os republicanos federalistas elaboraron de novo en 1883 un proxecto de Constitución para o Estado Galaico, que foi aprobado pola primeira asemblea federal galega celebrada en 1886, que elixiu un Consello de Goberno executivo presidido por Moreno Barcia e outros catro membros, un por cada provincia galega, sendo designado Pérez Costales en representación da Coruña.

Cando Pi i Margall se fixo cargo da República foi designado ministro de Fomento o 28 de xuño de 1873.

En 1894 senta o precedente da Real Academia Galega ao promover xunto coa escritora Emilia Pardo Bazán a Comisión Xestora para a creación da Academia Gallega sobre a base da sociedade Folklore Gallego. Posteriormente, na creación da actual Real Academia Galega, en 1906, sería nomeado académico de honra ao ser a materialización dunha das súas ideas.[2]

  1. Bugallal Marchesi, José Luis (1956). "Cuatro retratos y cuatro retratistas de D. Ramón Pérez Costales: Meléndez, Pardo Reguera, Picasso y Vaamonde". Boletín da Real Academia Galega 27 (309-320): 24–58. Arquivado dende o orixinal o 14 de febreiro de 2023. Consultado o 01 de marzo de 2023. 
  2. Martínez Murguía, Manuel (1911). "Necrología. D. Ramón Pérez Costales". Boletín da Real Academia Galega 4 (43): 149–172. Arquivado dende o orixinal o 01 de marzo de 2023. Consultado o 01 de marzo de 2023. 

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar

Ligazóns externas

editar