Negro ou raza negra son dous termos xenéricos usados para designar o conxunto de grupos étnicos compostos por individuos melanodermos,[1] frecuentemente orixinarios da África subsahariana, mais tamén de Asia do sur e de Oceanía.[2] O uso desta terminoloxía foi especialmente corrente na Europa do século XIX e XX, en función da clasificación dos pobos humanos segundo un dos criterios aparentes (teoría racialista).

Un home da etnia masai en Kenya.
Nenos en Namibia.

Usos contemporáneos

editar

A pertinencia da clasificación da humanidade en razas é hoxe en día fortemente contestada, sobre todo a raíz da secuenciación do xenoma humano: Craig Venter afirma que malia as diferenzas morfolóxicas, é imposíbel separar a humanidade en varias razas, no sentido científico do termo raza. Porén, o termo raza segue a ser de uso corrente para designar as etnias. Desde ese punto de vista, en certos países como os Estados Unidos de América utilízase o termo cunha finalidade de clasificación estatística, sen ningún criterio biolóxico ou científico de ningún tipo. Nos Estados Unidos acabaron por substituír o termo oficialmente polo vocábulo "afroamericano", principalmente a impulsos do movemento polos dereitos civís e deixouse de usar a regra dunha gota en función da cal unha persoa podía ser racializada "negra" nos Estados Unidos e a mesma ser "branca" no Brasil, como o caso de Lena Horne, por exemplo;[3] Eartha Kitt a pesar de ter ascendencia alemá e holandesa de parte paterna, e a súa nai tiña sangue cheroqui e afroamericana, era considerada negra.[4]

O uso do termo inglés "black" (negro) é usado aínda moi frecuentemente, e mesmo polos negros americanos, non así o termo "nigger", que se considera ofensivo e ás veces é substituído polo eufemismo «the N-word».[5] O termo "noir" é de uso común na lingua francesa, e o mesmo que se pode dicir de "negro" en galego e castelán; nas variedades americanas do español acostuma usarse o vocábulo "prieto", correlato exacto do "preto" usual en portugués padrón; estes casos son posibelmente de orixe eufemística, do mesmo xeito que en francés se está a usar o anglicismo black; en inglés é tamén corrente "negro", mais con matiz despectivo.[6]

  1. Atlas marenches éd 1988
  2. La géographie par l’image et la carte, pour la section préparatoire et les classes enfantines, publié par la Librairie Générale vers 1915:
    La race noire peuple le Centre et le Sud de l’Afrique ; Elle peuple aussi une partie de l’Océanie et de l’Amérique.
  3. Carone, Iray; Bento, Maria Aparecida Silva (2017-03-10). Psicologia social do racismo: Estudos sobre branquitude e branqueamento no Brasil (en portugués). Editora Vozes Limitada. ISBN 978-85-326-5103-7. 
  4. "Eartha Kitt, Stage, and Screen Singer born". African American Registry (en inglés). Consultado o 2022-05-02. 
  5. "Nigger and Caricature - Anti-black Imagery - Jim Crow Museum". www.ferris.edu. Consultado o 2022-05-02. 
  6. "Despiden a una profesora por enseñar la palabra ‘negro’ en clase de español". spanish.people.com.cn. Consultado o 2022-05-02. 

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar