Recursividade
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde abril de 2015.) |
A recursividade, ou recursión, é a calidade pola cal un proceso repítese a si mesmo dun xeito autosemellante. O termo aplícase de xeito similar a diversas disciplinas, dende a lingüística á lóxica. A disciplina máis salientable na que se aplica a recursividade é en matemáticas e nas súas ciencias aplicadas, máis prominentemente nas ciencias da computación, na que se refiere a un método de definir funcións na cal a función a definir emprega a súa propia definición. Especificamente, defínense un número potencialmente infinitos de puntos para unha función utilizando unha expresión finita que pode referirse a outros puntos da función, sempre que ocorra dun xeito no que non poida suceder unha cadea infinita de referencias.
Definición formal
editarEn matemáticas e ciencia da computación, unha serie ou clase de obxectos exhiben un comportamento recursivo se poden definirse coas seguintes dúas propiedades:
- Un caso base (ou varios) simple
- Un conxunto de regras que reducen tódolos outros casos a un caso base