Restaurante

establecemento comercial que serve comidas para consumir no lugar

Un restaurante é un establecemento onde se elaboran e serven comidas preparadas, para o seu consumo no mesmo establecemento, a cambio do pago do servizo polos clientes. Pode tratarse dun local permanente ou temporal e admite distintas formas de organización; tamén é posible que sirva as comidas para ser consumidas no domicilio do cliente.

Fachada dun restaurante

Cobre unha gran variedade de modalidades de servizo e tipos de cociña. Existen diferentes tipos de restaurantes dependendo do tipo de comida na que se especializan (marisquerías, churrasquerías, arrocerías etc.) ou da cociña que elaboren (restaurantes de comida chinesa, italiana, india etc.).

Unha forma particular da actividade de restauración está constituída polo servizo a colectividades. Neste caso, no canto de servir comidas a todo tipo de clientes particulares, o establecemento dedícase a preparar comidas preparadas destinadas a conxuntos de persoas consumidoras cunhas características comúns, como alumnos dun colexio, empregados dunha empresa, pacientes dun hospital ou dunha residencia, usuarios dun medio de transporte, internos dun presidio, etc. Neste caso, o consumo faise sempre en instalacións alleas ó establecemento que elabora as comidas.

Aínda que moitas veces teñen uns servizos en todo semellantes, a lexislación diferencia e esixe requisitos diferentes a restaurantes e furanchos ou loureiros, que son (ou deberían ser) locais de tempada (entre febreiro e maio), xeralmente habilitados nunha adega particular, para vender os excedentes do viño que o propietario elabora para o seu consumo particular, xunto cunha carta reducida de tapas que lle sirvan de acompañamento.

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar
  • Real Decreto 3484/2000, de 29 de decembro, polo que se establecen as normas de hixiene para a elaboración, distribución e comercio de comidas preparadas (BOE nº 11, de 12.01.2001) [1].
    • Derrogado por Real Decreto 1021/2022, de 13 de decembro (BOE nº 305, de 21.12.2022 [2].

 
 Este artigo é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.