Rift
Os rifts son fosas tectónicas alongadas onde a cortiza terrestre está a sufrir diverxencia e distensións, produto da separación de placas tectónicas. Se o rift está activo, a tectónica pode producir sismos e vulcanismo recorrente. Os rifts poden ter dimensións de centenares a miles de quilómetros de lonxitude.[1]
Os rifts máis importantes son os rifts mediooceánicos que se localizan na liña mediana das dorsais mediooceánicas definindo límites diverxentes de placa; é unha excepción o Gran Val do Rift, que se acha en África Oriental, e que está a fracturar e dividir a placa africana.
Os rifts mediooceánicos, son límites construtivos entre placas tectónicas no eixo das dorsais oceánicas, onde o ascenso de magma provoca un levantamento da cortiza continental creando un desprazamento na superficie. Desta forma pódense orixinar novos océanos, segundo a teoría da expansión do fondo oceánico, o que implica a separación de ambas masas (tectónica de placas) facendo que ambas se despracen en sentidos opostos e provocando unha ruptura continental que co tempo poden formar límites destrutivos (fosas no mar), xerando así procesos de subducción.[2]
Notas
editar- ↑ Strahler, Arthur N. (1992). "9". Geología física (en castelán). Barcelona: Omega. pp. 231–3, 280–2. ISBN 84-282-0770-4.
- ↑ "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 09 de outubro de 2010. Consultado o 19 de xullo de 2018.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Rift |
Este artigo sobre xeoloxía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |