Romaría
festa popular con peregrinación relixiosa
A palabra romaría[1] ou romaxe[2] vén de romeiro, os peregrinos con rumbo a Roma.
Trátase nas súas orixes dunha celebración católica que consiste nunha viaxe ou peregrinación a un santuario ou ermida, ben estea consagrada a unha Virxe ou un santo patrón do lugar, situada normalmente nunha paraxe campestre ou de montaña. Por extensión, na actualidade, o termo romaría emprégase decote co valor simplificado de festa.
Romarías en Galiza
editarEn Galiza, existen un gran número de romarías, entre as que cómpre salientar:
- A Romaría dos Caneiros celebrase na vila coruñesa de Betanzos no mes de agosto
- A Romaría das Cruces, celebrada na Ponte na parroquia de Arante en Ribadeo. Nela conmemórase unha escaramuza contra os franceses en tempos da invasión napoleónica.
- A Romaría do Faro, Santuario da Nosa Señora do Faro, no Monte Faro, entre os concellos de Chantada e Rodeiro. Hai dúas romarías, unha o día 15 de agosto e outra o 8 de setembro.
- A Romaría da Franqueira, celebrada na Franqueira na Cañiza, celébranse dúas romarías ao ano, unha o luns seguinte ao domingo de Pentecoste, e outra os días 7, 8, 9 e o domingo seguinte do mes de setembro.
- A Romaría de San Fins do Castro, celebrada na ermida do lugar de San Fins, na parroquia de Cesullas, no concello de Cabana de Bergantiños.
- A Romaría da Santa Lucía, celebrada en agosto na parroquia de Santalla de Rei, no concello da Pobra do Brollón.
- A Romaría do San Vitoiro, celebrada en agosto no concello da Pobra do Brollón.
- A Romaría do San Mateo, celebrada en setembro na parroquia da Parte, no concello de Monforte de Lemos.
- A Romaría do Corpiño, na parroquia de Santa Baia de Losón, no concello de Lalín.
- A Romaría de San Brais, celebrada en Briallos, no concello de Portas, o 3 de febreiro.
Refraneiro
editar- Ás romaxes e ás vodas van as tolas todas.
- Ben vai o romeiro cando o bordón lle esquece.
- Boa romaxe fai o que ten a casa en paz.
- Cada romeiro co seu compañeiro.
- O que anda en moitas romaxes gasta o tempo en viaxes.
- Para ir a unha romaxe, non vaias en recovaxe.
- Quen vai a moitas romaxes, gasta cartos e traxes.
Notas
- ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para romaría.
- ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para romaxe.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Romaría |
Bibliografía
editar- "romaría". Enciclopedia Galega Universal. Ir Indo. 1999-2002. ISBN 84-7680-288-9.