Royal Navy
Este artigo (ou sección) está desactualizado(a). A información fornecida mudou ou é insuficiente. |
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde xuño de 2015.) |
A Armada Real Británica ou Royal Navy é o máis antigo dos corpos militares británicos. Desde aproximadamente 1805 e ata a segunda guerra mundial foi a mariña maior e máis poderosa do mundo. A Navy axudou a converter ao Reino Unido na potencia dominante do século XIX, e foi esencial no mantemento do imperio británico. Hoxe en día, a Royal Navy é moito máis pequena, a pesar de que segue sendo a maior armada de guerra da Europa occidental, e tecnoloxicamente, unha das máis avanzadas do mundo.
Armada Real Británica | |
---|---|
Royal Navy | |
Bandeira da Royal Navy. | |
Activa | 1546-actualidade |
País | Reino Unido |
Rama | Naval |
Tamaño | 33 280 Regulares 3 040 Mariños na Reserva 7 960 Royal Fleet Reserve |
Lema(s) | "If you wish for peace, prepare for war" |
Equipamento | 74 buques 174 aeronaves |
Páxina web | http://www.royalnavy.mod.uk |
Historia
editarA Mariña Real Inglesa tivo historicamente un papel central na defensa e nas guerras de Inglaterra, e posteriormente, de Gran Bretaña, do Reino Unido e do imperio británico. Debido a que Gran Bretaña e Irlanda son illas, e que ningún punto do Reino Unido se atopa a máis de 120 quilómetros do mar, calquera potencia inimiga (ao menos antes da aviación), debía atravesar o mar para atacar as illas. A consecución da superioridade naval por calquera potencia hostil suporía un gran perigo para a nación. Máis aínda: unha armada forte era vital no mantemento da seguridade das subministracións e as comunicacións cos lugares distantes do Imperio.
A primeira armada inglesa foi establecida no século IX por Alfredo o Grande, aínda que decontado caeu no abandono. Os reis normandos iniciaron un equivalente en 1155 coa creación da Alianza dos Cinco Portos e o establecemento do posto de Lord Warden nos Cinco Portos. Isto resultou efectivo durante os anos da dinastía Plantagenet, mais como a maioría das institucións deste tipo, caeu tamén en desuso.
A primeira reforma e a maior expansión da Royal Navy, tal como se coñece, sucedeu no século XVI, durante o reinado de Henrique VIII, cuxos barcos Henri Grâce a Deu ("Great Harry") e Mary Rose, enfrontáronse á armada francesa na Batalla de Solent, en 1545. Na época da morte de Henrique, en 1547, a súa frota contaba xa con 58 navíos.
En 1588, o Imperio Español, por aquela época a gran superpotencia naval do mundo, ameazaba Inglaterra coa invasión, e a armada española fíxose ao mar para reforzar o dominio español sobre o Canal da Mancha e transportar tropas desde os Países Baixos ata Inglaterra. Porén, esta armada fracasou no seu intento, debido sobre todo ao pésimo clima que fixo estragos na mesma, e en menor medida ao fustrigamento da Royal Navy e á rebelión holandesa nos territorios lindeiros ao Canal. A perda da armada foi a primeira gran vitoria dos ingleses no mar. Inglaterra continuou atacando os portos españois e os buques que viaxaban polo Atlántico durante o reinado de Isabel I de Inglaterra.
- Véxase Armada Invencible
O servizo naval permanente non existiu realmente ata mediados do século XVII, cando o parlamento tomou o mando da Frota Real tras o derrocamento de Carlos I de Inglaterra na guerra civil. Esta segunda reforma da mariña foi levada a cabo por Robert Blake, durante o goberno de Oliver Cromwell. A imcorporación da Royal Navy significou unha diferenza respecto das forzas de terra, as cales procedían de moi diversas fontes, incluíndo as realistas e as forzas anti-realistas parlamentarias.
A partir de 1692, a Mariña Real Inglesa cobrou importancia ameazando a española e a francesa (segunda en importancia da época) e durante todo o século XVIII a cuestión estivo en liza, aínda que con vantaxe española. A Royal Navy sufriu só unha derrota importante a mans francesas na batalla de Chesapeake contra Francia en 1781, e varias a mans dos españois (en 1741 no sitio de Cartaxena de Indias, e en 1790 no sitio de Tenerife, e nos dous sitios de Bos Aires etc.)
Entre 1805 e 1940, a Royal Navy foi a armada máis potente do mundo, sen case contestación. Desde na batalla de Trafalgar de 1805, onde bateu a unha armada combinada franco-española malia a inferioridade numérica británica, conseguindo con esta actuación o predominio marítimo para todo o século XIX. Esta última acción enmárcase dentro das guerras napoleónicas.
No século XIX, a Royal Navy foi crucial para permitir o mantemento do Imperio Británico. Alén de impedir o tráfico de escravos e a piratería.
A vida a bordo dos buques da Royal Navy consideraríase extremadamente dura conforme aos estándares actuais. A disciplina era severa e usábase con frecuencia o flaxelación para reforzar a obediencia. As leis permitían á mariña apresar mariñeiros para o servizo militar en tempos de guerra, medida esta moi impopular, aínda que esta práctica foi abandonada tras as guerras napoleónicas ao non haber necesidade de manter unha armada tan grande.
Durante as dúas guerras mundiais, a Armada xogou un papel vital na protección das subministracións ao Reino Unido de comida, armas e materiais, e na derrota das campañas alemás de guerra submarina no Atlántico. Tamén foi vital gardando as liñas de tráfico marítimo que permitían a Inglaterra loitar en lugares afastados como o Norte de África, o Mediterráneo e o Extremo Oriente. A supremacía naval era vital para as operacións anfibias como as invasións do norte de África, Sicilia, Italia e Normandía.
Tras a segunda guerra mundial, o emerxente poderío dos Estados Unidos e a decadencia do imperio británico reduciu o papel da Royal Navy. Porén, a ameaza da Unión Soviética e os intereses británicos ao redor do mundo supuxeron un novo e importante desafío para a Navy. Nos anos 1960, a mariña recibiu a súa primeira arma nuclear, e posteriormente converteuse na única portadora da forza nuclear inglesa. Nas últimas etapas da guerra fría, a Navy foi reforzada con tres portaavións de guerra antisubmarina e unha forza de pequenas fragatas e destrutores, co propósito de localizar e destruír en caso necesario os submarinos sovéticos no Atlántico norte.
Operacións recentes
editarA acción máis importante dos últimos tempos foi a derrota en 1982 das forzas arxentinas na guerra das Malvinas. A pesar da perda de catro buques na guerra, a Royal Navy demostrou ser aínda quen de loitar a case 13.000 quilómetros das Illas Británicas. A guerra tamén demostrou a necesidade de máis portaavións e submarinos.
A Mariña inglesa participou tamén na guerra do Golfo, o conflito de Kosovo, a campaña de Afganistán e a guerra de Iraq en 2003, na que os buques da Navy bombardearon as posicións iraquís en apoio ás tropas británicas de terra.
Mariños famosos da Royal Navy
editarA Real Frota e a Real Frota Auxiliar
editarFrota Royal Navy
editarFragatas Tipo 22: 4.
Fragatas Tipo 23: 14.
- HMS Argyll.
- HMS Westminster.
- HMS Lancaster.
- HMS Iron Duke.
- HMS Monmouth.
- HMS Mountrose.
- HMS Richmond.
- HMS Somerset.
- HMS Grafton.
- HMS Sutherland.
- HMS Kent.
- HMS Portland.
- HMS St Albans.
Destrutores T42: 8.
- HMS Exeter.
- HMS Southamptom.
- HMS Nottingham.
- HMS Gloucerster.
- HMS Macnhester.
- HMS York.
- HMS Edimburgh.
Buque de Asalto Anfibio clase Ocean: 1.
Buque de Asalto Anfibio clase Albion: 2.
Buques Hidrográficos e oceanograficos: 6.
Patrulleiras e barcos de adestramento: 22.
- HMS ARCHER.
- HMS BITER.
- HMS EXAMPLE.
- HMS EXPLORER.
- HMS SMITER.
- HMS CHARGER.
- HMS EXPLOIT.
- HMS EXPRESS.
- HMS PUNCHER.
- HMS RAIDER.
- HMS RANGER.
- HMS TRACKER.
- HMS TRUMPETER.
- HMS DASHER.
- HMS PURSOR.
- HMS SABRE.
- HMS SCIMITAR.
Buques Contraminas: 19 (Clase Hunt e clase Sandown) Clase "Hunt".
- HMS BRECON.
- HMS LEDBURY.
- HMS CATTISTOCK.
- HMS COTTESMORE.
- HMS BROCKLESBY.
- HMS DULVERTON.
- HMS MIDDLETON.
- HMS CHIDDINGFOLD.
- HMS HURWORTH.
- HMS ATHERSTONE.
- HMS QUORN.
- HMS WALNEY.
- HMS PENZANCE.
- HMS PEMBROKE.
- HMS GRIMSBY.
- HMS BANGOR.
- HMS RAMSEY.
- HMS BLYTH.
- HMS SHOREHAM.
Submarinos Clase Trafalgar (SSN): 7.
Submarinos Clase Swiftsure (SSN): 4.
Submarinos Clase Vanguard (SSBN): 4.
Frota; Real Frota Auxiliar (R.F.A).
- RFA Argus: Buque Adestramento Helicópteros.
- RFA Bavlerf: Buque de Apoio (Combustíbel).
- RFA Black Rover: Buque de Apoio (Combustíbel).
- RFA Bramblelerf: Buque de Apoio (Combustíbel).
- RFA Dilixence: Buque de Apoio Axiña (Combustíbel).
- RFA Fort Austin: Buque de Apoio (Almacén).
- RFA Fort Georxe: Buque de Apoio (Combustíbel e Almacén).
- RFA Fort Rosalie: Buque de Apoio (Almacén).
- RFA Fort Vitoria: Buque de Apoio (Almacén e Combustíbel).
- RFA Gold Rover: Buque de Apoio (Combustíbel).
- RFA Grev Rover: Buque de Apoio (Combustíbel).
- RFA Dakleaf: Buque de Apoio (Combustíbel).
- RFA Orangeleaf: Buque de Apoio (Combustíbel).
- RFA Sir Bediore: Plataforma de Aterraxe Loxística.
- RFA Sir Galahade: Plataforma de Aterraxe Loxística.
- RFA Sir Tristan: Plataforma de Aterraxe Loxística.
- RFA Wave Knight: Buque de Apoio (Combustíbel).
- RFA Wave Ruler: Buque de Apoio (Combustíbel).
- RFA Cardigan Bai: Porto e Plataforma de Aterraxe Loxística.
- RFA Largs Bai: Porto e Plataforma de Aterraxe Loxística.
- RFA Lyne Bai: Porto e Plataforma de Aterraxe Loxística.
- RFA Hounts Bai: Porto e Plataforma de Aterraxe Loxística.
A futura Armada Real
editar- Portaavións Clase Queen Elizabeth.
- Destrutores T45.
- Submarinos Astute.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Royal Navy |
Outros artigos
editarLigazóns externas
editar- Web Oficial da Roial Navy (en inglés)
- Royal Navy History - Institute of Naval History(en inglés)