Ruxerruxe
Os termos dixomedíxome, ruxerruxe ou rumor refírense a unha noticia vaga baseada en especulacións non confirmadas que se dan por certas cun obxectivo determinado e que condicionan o comportamento dos demais cara a el por enriba da información obxectiva. Ao non se tratar de información contrastada, rara vez se difunde de forma aberta ou oficial, aínda que isto non impide que se estenda de forma rápida. A forma tradicional e máis usada de estender un rumor foi sempre o "boca a boca" pero coa aparición de Internet, a sociedade comezou a tirar proveito do anonimato que dá este medio para estender todo tipo de ruxerruxes. Así, son moi comúns nos ámbitos da prensa rosa ou nos prognósticos políticos, espallándose con enorme eficiencia e fornecendo unha información social grazas ao seu enorme potencial manipulador.
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Ruxerruxe |