Sachsenring
Plano do circuíto
Datos
Carreiras Moto GP; FIA GT1
Localización Alemaña Hohenstein-Ernstthal, Sxonia, Alemaña
Lonxitude 3´760 km.
Curvas 14
Volta rápida (2006) 1:21.815
Piloto récord España Dani Pedrosa
Escudería récord Xapón Honda

Sachsenring é un autódromo localizado en Hohenstein-Ernstthal, na rexión de Saxonia en Alemaña. O trazado principal do circuíto ten 3,760 km e pode dividirse en dous: un traxecto triangular de 1.700 metros e outro con forma de omega que conta cuns 2,1 quilómetros. Na actualidade, o circuíto acolle o Gran Premio de Alemaña de Motociclismo do Campionato do Mundo de Motociclismo.

Historia

editar

O circuíto de Sachsenring construíuse no ano 1937. Dende o ano 1962 até o 1972 Sachsenring acolleu o Gran Premio de Alemaña do Leste de Motocilcismo. A partir de 1998, o Gran Premio de Alemaña de Motociclismo trasladouse de Nürburgring a aquí. Dende aquel momento, este gran premio dispútase neste trazado. Nos anos 2001 e 2002 o DTM tamén se disputou neste lugar.

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar