Salón do Automóbil de Vigo
O Salón do Automóbil de Vigo é un evento expositivo comercial anual, do mundo do motor, que se celebra na primavera no Instituto Feiral de Vigo, dende o ano 1992, sendo así o segundo certame en activo máis antigo de España, só por detrás do Salón do Automóbil da Fira de Barcelona.
Salón do Automóbil de Vigo | |
---|---|
XXI Salón do Automóbil, 2012 | |
Tipo | salón do automóbil e evento periódico |
Data de fundación | 1992 |
País | España |
[ editar datos en Wikidata ] |
Actividades
editarO Salón de Vigo consta de varias actividades. Principalmente a exposición comercial e venda de vehículos de dúas e catro rodas da maioría da marcas, dende turismos ata caravanas e autocaravanas, e mesmo pequenas embarcacións, que inclúe ás veces presentacións dalgúns modelos novos. En 2011 esta exposición tivo ó seu servizo 25.000 m² repartidos en dos pavillóns.
Adoitan expoñerse, tamén, coches e motocicletas antigas (Retro Salón).
Nos anos 2007-2010 fíxose noutro pavillón do IFEVI unha demostración deportiva indoor chamada RacingShow, na que competiron varios pilotos de rally, dos campionatos galego, español e portugués, e de cando en vez algunha estrela internacional, como foi o caso de Juha Kankkunen, Didier Auriol, Miki Biasion ou Timo Salonen.
En ocasións tamén se fan demostracións de karting no exterior do recinto.
Edición 2011
editarEn 2011 o Salón de Vigo cumpriu 20 anos, e tivo lugar entre os días 30 de abril e 8 de maio. Nesta edición homenaxeouse á marca francesa Citroën cunha exposición de 40 coches históricos e outros actuais, e unha concentración de coches de propietarios particulares, que tivo lugar o 7 de maio.[1]
Retro Auto&Moto Galicia
editarDende o ano 2015 fíxose coincidir, durante tres días, co V Retro Auto&Moto Galicia (evento monográfico sobre vehículos e motos clásicas e de época), que nas catro edicións anteriores víñase celebrando en Santiago de Compostela.[2]
Motor Ocasión
editarEn datas posteriores e no mesmo recinto, celébrase o Motor Ocasión, adicado aos vehículos de segunda man.
Galería de imaxes
editar-
Citroën eléctrico, en 2012.
-
Novidoso triciclo eléctrico Peugeot, no mesmo ano.
Notas
editarVéxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Salón do Automóbil de Vigo |
Outros artigos
editarLigazóns externas
editar- Edicións XIX (2010), XX (2011), XXI (2012), XII (2013), XXIII (2014) e XXIV (2015) en EventosMotor.com (en castelán).