Tesalónica

segunda maior cidade da Grecia e principal cidade da rexión grega da Macedonia
(Redirección desde «Salónica»)

Tesalónica,[1] ou popularmente Salónica, é a segunda maior cidade de Grecia e principal cidade da rexión grega da Macedonia, Tesalónica (Θεσσαλονίκη, tamén coñecida por Selánik, Salonika, Thesalonica ou Salónica, Σαλονίκη) ten 800.764 habitantes, contando cos suburbios xunto ao golfo Térmico.

Modelo:Xeografía políticaTesalónica
Θεσσαλονίκη (el) Editar o valor en Wikidata
Imaxe

EpónimoTessalônica da Macedônia (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Localización
lang=gl Editar o valor en Wikidata Mapa
 40°38′25″N 22°56′08″L / 40.6403, 22.9356
EstadoGrecia
Administracións descentralizadasDecentralized Administration of Macedonia and Thrace (en) Traducir
PeriferiasMacedonia Central
ConcelloThessaloniki Municipality (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Capital de
Poboación
Poboación309.617 (2021) Editar o valor en Wikidata (16.036,52 hab./km²)
Lingua oficiallingua grega Editar o valor en Wikidata
Xeografía
Superficie19,307 km² Editar o valor en Wikidata
Bañado porGolfo Termaico (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Altitude6 m Editar o valor en Wikidata
Comparte fronteira con
Datos históricos
Creación315 a. C. Editar o valor en Wikidata
Evento clave
Santo padrónDemétrio de Tessalónica (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Organización política
• Xefe do gobernoKonstantinos Zervas (en) Traducir (2019–) Editar o valor en Wikidata
Identificador descritivo
Código postal530–539, 54015–54655 e 56404 Editar o valor en Wikidata
Prefixo telefónico231 Editar o valor en Wikidata
Outro
Irmandado con

Páxina webthessaloniki.gr Editar o valor en Wikidata
BNE: XX452467

Historia

editar

Foi a capital dun dos catro distritos romanos da Macedonia, gobernada por un pretor, a partir de 146 a.C. O seu nome débese a Tesalónica, media irmá de Alexandre Magno. Casandro, o seu marido, ao mandar construír a cidade en 316 a.C., decidiu homenaxear a esposa. Por outra banda, o nome desta muller puxérallo Filipe II da Macedonia, xa que tivo noticia do seu nacemento no día en que tivera unha vitoria (νίκη, "níke") sobre os tesalios.

Na súa segunda viaxe misioneira San Paulo pregou na súa sinagoga, o templo principal dos xudeus daquela rexión de Macedonia, lanzando as fundacións dunha das máis influentes igrexas da época (a que se destina dúas das epístolas de San Paulo). Certa animosidade contra Paulo, por parte dos xudeus da cidade, levouno a fuxir a Berea.

Desde que foi subtraída á Macedonia, Tesalónica formou parte do Imperio Romano e do Imperio Bizantino ata que Constantinopla foi capturada na cuarta cruzada, en 1224. A cidade tornouse na capital do Reino de Tesalónica, fundado polos cruzados, ata ser capturada polo Despotado bizantino do Epiro en 1224. É reconquistada polo Imperio Bizantino en 1246, mais, sen capacidade para facer fronte ás invasións do Imperio Otomán, o déspota bizantino Andrónico Paleólogo é forzado a vendela a Veneza, que a mantivo ata 1430.

Baixo o dominio do Imperio Otomán ata 1912, a cidade pasou a chamarse Salónica e foi coñecida pola súa poboación maioritariamente xudaica de orixe sefardí, de feito (había tamén algúns xudeus romaniotas) a lingua máis usada na cidade era o ladino. O día de descanso oficial na cidade era o sábado, o sabbath xudeu.

Tesalónica foi o principal "premio" da primeira guerra dos Balcáns en 1912, cando pasou a formar parte de Grecia. Durante a primeira guerra mundial, un goberno provisorio dirixido por Eleftherios Venicelos foi establecido aló tomando parte polos aliados, realizando a vontade do rei alemán pro-neutral de Grecia. A maior parte da cidade foi destruída por un incendio de orixe descoñecida (probabelmente un accidente), en 1917. O fogo tivo como consecuencia a diminución da metade da poboación xudía que emigrou despois de ver as súas casas e os seus medios de subsistencia destruídos. Moitos foron a Palestina. Algúns foron no Expreso do Oriente a París. Inclusive outros foron a América.

Gregos étnicos exiliados de Esmirna e doutras áreas da moderna Turquía en 1922, seguindo a catástrofe da Asia Menor, chegaron a Tesalónica e trouxeron con eles o seu carácter nacional orixinal.

Venicelos prohibiu a reconstrución do centro da cidade ata ter arranxada unha planta moderna da cidade.

A pesar dos esforzos gregos, case tódolos habitantes xudeus da cidade foron asasinados no Holocausto durante a ocupación alemá entre 1941 e 1944.

Artigo principal: Historia dos xudeus de Tesalónica

Patrimonio

editar

Un marco e un símbolo ben coñecidos en Tesalónica, son a Torre Branca. Outros monumentos notables son o Arco de Galerio, a igrexa de San Demetrius e os extensos muros da cidade.

Tesalónica ten bonitas prazas, como a Praza Aristotelous, Praza Agias Sofias, Praza Nea Panagia e a Praza Navarinou.

Cidades irmás

editar
Predecesor:
  Copenhague
 
Capital Europea da cultura

1997
Sucesor:
  Estocolmo
  1. López Martínez, María Cruz (2005). Gran dicionario século 21 da lingua galega. Editorial Galaxia. p. 1445. ISBN 9788482893419. 

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar

Ligazóns externas

editar