Lúas de Galileo
Chámanse lúas de Galileo ou satélites galileanos os catro satélites de Xúpiter descubertos por Galileo Galilei. Son os meirandes satélites de Xúpiter, sendo incluso vistos con telescopios de baixo poder. Foron observados por Galileo o 7 de xaneiro do 1610. Galileo observou os satélites durante varios días e describiu que estaban orbitando a Xúpiter. Este descubrimento reforzou a teoría heliocéntrica de Copérnico.
Un dato curioso notado por Pierre Simon Laplace é que Ío, Europa e Ganímedes se atopan nunha configuración dinámica chamada resoancia de Laplace: por cada volta de Ío arredor de Xúpiter, Europa dá unhas dúas e, por cada volta desta última, Ganímedes dá dúas (ou sexa, unha tripla resonancia de tipo 1:2:4). Descoñécese ata o momento se esta é unha configuración primordial.
Breves descricións
editar- Ío é o satélite galileano máis achegado a Xúpiter. As forzas de marea provocadas pola forte atracción gravitacional de Xúpiter son tan marcadas que provocan un vulcanismo moi activo, cuxa consecuencia é a ausencia total de cráteres de impacto. A súa superficie está cuberta de xofre.
- Europa é o máis pequeno dos satélites galileanos pero quizais sexa o máis interesante. Está cuberta por unha capa de xeo, e ten moi poucos cráteres, o que indica unha superficie relativamente nova. Pénsase (e hai moita evidencia a favor disto) que debaixo da "casca" de xeo sólido da súa superficie debe existir un océano de auga líquida. As estimacións do grosor da casca de xeo van desde 10 a 100 km.
- Ganímedes non só é o satélite máis grande de Xúpiter, senón tamén o máis grande do Sistema Solar. Especúlase que Ganímedes tamén poida ter un océano escondido debaixo da súa superficie, cuberta de xeos.
- Calisto é o satélite galileano máis afastado de Xúpiter, e é tamén o que ten a superficie máis vella, xa que está saturada de cráteres.
As lúas Galileanas, por orde de proximidade a Xúpiter, son as seguintes:
Nome | Imaxe | Estrutura interior |
Diámetro (km) |
Masa (kg) |
Densidade (g/cm3) |
Semieixe maior (km) | Período orbital (días) |
---|---|---|---|---|---|---|---|
Ío | 3.643 | 8.93×1022 | 3.528 | 421.800 | 1,77 | ||
Europa | 3.122 | 4.8×1022 | 3.014 | 671.100 | 3,55 | ||
Ganímedes | 5.262 | 1.48×1023 | 1.942 | 1 070 400 | 7,16 | ||
Calisto | 4821 | 1.08×1023 | 1.834 | 1 882 700 | 16,69 |