O Seixal é unha cidade portuguesa pertencente ao Distrito de Setúbal, rexión de Lisboa e subrexión da Península de Setúbal, con cerca de 31,600 habitantes.

Modelo:Xeografía políticaSeixal
Imaxe

Localización
Mapa
 38°38′32″N 9°06′26″O / 38.6422246, -9.1072662
EstadoPortugal
DistritosSetúbal Editar o valor en Wikidata
Contén a división administrativa
Poboación
Poboación158.269 (2011) Editar o valor en Wikidata (1.648,64 hab./km²)
Xeografía
Superficie96 km² Editar o valor en Wikidata
Comparte fronteira con
Datos históricos
Creación1836 Editar o valor en Wikidata
Día festivo
Santo padrónPedro Editar o valor en Wikidata
Identificador descritivo
Código postal2840 Editar o valor en Wikidata
Fuso horario
Outro
Irmandado con
Boa Vista
Beira (pt) Traducir
Baucau
Lobito (pt) Traducir
Lobata (pt) Traducir
Matola (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata

Sitio webcm-seixal.pt Editar o valor en Wikidata

É sede dun concello con 95,50 km² de área,[1] subdividido en 4 freguesías.[2] Con 184,269 habitantes (2011), é un dos oito concellos máis populosos de Portugal. O concello está limitado ao leste polo concello do Barreiro, ao sur por Sesimbra, ao oeste por Almada e ao norte polo esteiro do río Texo, a través do cal ten ligazón a Lisboa.

Historia

editar

Da historia remota da sede do concello pouco se sabe. Aínda así, a cidade ten orixe, probábelmente, nun pequeno núcleo de pescadores e o seu nome pode estar asociado a unha gran cantidade de seixos existentes nas praias ribeirías que serían utilizados como lastre nas embarcacións.

Demografía

editar
Poboación do concello do Seixal (1849 – 2011)
1849 1900 1930 1960 1981 1991 2001 2011
4 383 6 661 10 088 20 470 89 169 116 912 150 271 184 269

Freguesías

editar
 
Mapa das freguesías do Seixal.

O concello do Seixal está dividido en 4 freguesías:

Información turística

editar
 
Igrexa Parroquial de Nossa Senhora da Conceição.

É unha cidade plana que motiva o cicloturismo e, como tal, conta cun carril bici ao longo da baía ligando as cidades de Amora e Seixal, pasando polas localidades do Seixal, Arrentela e Amora.

Foi o lugar onde Paulo e Vasco da Gama construíron a súa frota marítima para viaxar ata a India e ten numerosas quintas señorais, cun patrimonio riquísimo testemuño desta época.

Terra de pescadores e viveiro de músicos, o Seixal e a Amora teñen presente a cualidade artística das mellores bandas filharmónicas nacionais, tales como a Sociedade Filarmónica União Arrentelense, a Sociedade Filarmónica Operária Amorense, a Sociedade Filarmónia União Seixalense e a Sociedade Filarmónica Democrática Timbre Seixalense.

Ao pasear polo Seixal por terra, do núcleo histórico destaca a Praça Luís de Camões, o Patio do Genovês, o Largo da Igreja, a praza dos Mártires da Liberdade e a rúa Paiva Coelho, sen esquecer a magnífica gastronomía. Na beira do río destacan as embarcacións típicas do río Texo e a vista de Lisboa.

Economía

editar

O 11 de xaneiro de 2007 o Seixal recibiu a primeira reunión da Comisión Executiva da Ratecork. Esta entidade ten como base a defensa e a promoción da cortiza europea, e o Seixal reitera a vicepresidencia xuntamente con Vendas Novas. Da asociación forman parte outros concellos portugueses, españois, italianos e franceses, o que fai que Portugal estea na vicepresidencia da liga europea de concellos corticeiros, composta por comunidades tradicionalmente vinculadas á produción, transformación e exportación de cortiza.[3]

Educación

editar
  • Agrupamento de Escolas Paulo da Gama - Amora
  • Agrupamento de Escolas de Pinhal de Frades - Arrentela/Fernão Ferro
  • Agrupamento de Escolas Nun' Álvares - Arrentela
  • Agrupamento de Escolas Dr. António Augusto Louro - Seixal/Aldeia de Paio Pires
  • Agrupamento de Escolas Terras de Larus - Amora
  • Agrupamento de Escolas Pedro Eanes Lobato - Amora
  • Escola Secundária Moinho de Maré
  • Escola Secundária Manuel Cargaleiro
  • Escola Secundária Alfredo dos Reis Silveira
  • Escola Secundária Dr. José Afonso
  • Escola Secundária de Amora

Saúde

editar

Centros de saúde públicos

editar
  • Centro de saúde do Seixal
  • Unidade de saúde familiar do Seixal
  • Santa casa da Misericórdia do Seixal
  • Centro de saúde de Corroios
  • Unidade de saúde familiar Moinho da Maré
  • Centro de saúde de Amora
  • Extensão de saúde Largo do Rosinha
  • Centro de saúde da Cruz de Pau
  • Extensão de Fernão Ferro
  • Extensão da Torre da Marinha
  • Extensão do Pinhal dos Frades

Saúde privada e farmacias

editar

No sector privado, existe unha ampla oferta de empresas que prestan coidados de saúde.

O concello do Seixal ten 33 farmacias, das cales trinta efectúan servizos permanentes e tres prestan servizo de reforzo.

Comunicación social

editar
  • Rádio Baía
  • Rádio Seixal
  • Comércio do Seixal e Sesimbra - Semanal
  • Diário da Região - Semanal
  • Jornal da Região
  • Jornal do Seixal - Quincenal
  • Diário do Distrito - Diario

Eventos culturais e deportivos

editar


  1. Instituto Geográfico Português (2013). "Áreas das freguesias, municípios e distritos/ilhas da CAOP 2013". Carta Administrativa Oficial de Portugal (CAOP), versão 2013. Direção-Geral do Território. Arquivado dende o orixinal (XLS-ZIP) o 09-12-2013. Consultado o 28/11/2013. 
  2. Lei n.º 11-A/2013, de 28 de janeiro: Reorganização administrativa do território das freguesias. Anexo I. Diário da República, 1.ª Série, n.º 19, Suplemento, de 28/01/2013.
  3. Seixal integra movimento europeu de defesa e promoção da cortiça, en Boletim Municipal do Seixal, nº 474, p. 5, 15 de febreiro de 2008
  4. Instituto Nacional de Estatística, ed. (2011). "Estatísticas oficiais". 
  5. Censo 2011 do Instituto Nacional de Estatística[4]

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar