Serratia
Serratia | |||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Cultivo de Serratia marcescens, a especie máis típica do xénero, en XLD ágar.[1] | |||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||
| |||||||||||||
Especies | |||||||||||||
S. entomophila |
Serratia é un xénero de bacterias gramnegativas, anaerobias facultativas, con forma de bacilo da familia das Enterobacteriaceae. A especie máis común do xénero é S. marcescens, que normalmente é a única patóxena e xeralmente causa infeccións nosocomiais (hospitalarias). Porén, hai raras cepas de S. plymuthica, S. liquefaciens, S. rubidaea, e S. odoriferae que poden causar enfermidades infecciosas.[2] Membros deste xénero producen un pigmento vermello característico chamado prodixiosina, e poden distinguirse doutros membros da familia Enterobacteriaceae pola súa característica produción de tres encimas: DNase, lipase, e xelatinase.[3]
Antes pensábase que S. marcescens non era unha bacteria patóxena, ata que se descubriron as súas capacidades infecciosas. Debido ao pigmento vermello que produce, foi moi utilizada para rastrear a transmisión bacteriana e para estudar o asentamento e arrastre da bacteria polas correntes de aire.
Infeccións en humanos
editarNos hospitais, as especies de Serratia tenden a colonizar nos adultos os tractos respiratorio e urinario, en vez do tracto gastrointestinal (a pesar de ser unha Enterobacteriaceae).
A infección por Serratia é responsable de aproximadamente o 2% das infeccións nosocomiais do sangue, tracto respiratorio superior e tracto urinario, feridas cirúrxicas, e pel e tecidos brandos en pacientes adultos. En salas de pediatría téñense informado de estalidos de infeccións de meninxite por S. marcescens, infeccións de feridas, e artrite.[4]
As infeccións por Serratia causaron endocardite e osteomielite en persoas adictas á heroína.[5]
Informouse de casos de artrite por Serratia en pacientes ambulatorios que recibiron inxeccións intraarticulares.
Notas
editar- ↑ Images courtesy of CDC (http://phil.cdc.gov/phil/home.asp) Accessed 07 July 2011.
- ↑ Basilio J. Anía, M.D. "Serratia". eMedicine. Consultado o 2007-03-14.
- ↑ "Serratia". University of Texas at Houston Medical School. Arquivado dende o orixinal o 28 de xaneiro de 2007. Consultado o 2007-03-14.
- ↑ Health Canada. MSDS - Infectious Substances. Serratia. (http://www.phac-aspc.gc.ca/lab-bio/res/psds-ftss/msds138e-eng.php Arquivado 04 de febreiro de 2012 en Wayback Machine.) Accessed 07 July 2011.
- ↑ MicrobeWiki, Serratia marcescens (http://microbewiki.kenyon.edu/index.php/Serratia_marcescens). Accessed 07 July 2011.