Sylvia Plath

poeta e novelista estadounidense

Sylvia Plath, nada en Boston o 27 de outubro de 1932 e finada en Londres o 11 de febreiro de 1963,[1] foi unha poeta e novelista estadounidense cuxa obra constitúe unha dobre procura desesperada da realidade do mundo e da identidade feminina.

Modelo:BiografíaSylvia Plath

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento27 de outubro de 1932 Editar o valor en Wikidata
Boston, Estados Unidos de América Editar o valor en Wikidata
Morte11 de febreiro de 1963 Editar o valor en Wikidata (30 anos)
Londres, Reino Unido Editar o valor en Wikidata
Causa da mortesuicidio Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaHeptonstall (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
ResidenciaLondres Editar o valor en Wikidata
RelixiónUnitarismo Editar o valor en Wikidata
EducaciónSmith College - ciencia da literatura
Newnham College (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoPoesía, ensaio e ficción Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónpoetisa, autobiógrafa, autora de diarios, ensaísta, escritora, novelista, escritora de literatura infantil Editar o valor en Wikidata
EmpregadorSmith College Editar o valor en Wikidata
Xénero artísticoPoesia confessional (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Pseudónimo literarioVictoria Lucas Editar o valor en Wikidata
Obra
Obras destacables
Arquivos en
Familia
CónxuxeTed Hughes (1956–1963) Editar o valor en Wikidata
FillosFrieda Hughes, Nicholas Hughes Editar o valor en Wikidata
PaisOtto Plath Editar o valor en Wikidata  e Aurelia Plath Editar o valor en Wikidata
IrmánsWarren Joseph Plath Editar o valor en Wikidata
Premios
Sinatura Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteObálky knih,
Medvik >>>:Plath, Sylvia, 1932-1963,
American Women Writers (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
IMDB: nm0686799 BNE: XX1642346 Musicbrainz: 9b73926a-d249-4dfd-841b-db3a56be5d9f Songkick: 46265 Discogs: 854503 WikiTree: Plath-66 Find a Grave: 1580 Editar o valor en Wikidata

Traxectoria

editar

Sylvia Plath naceu no seo dunha familia de clase media no barrio de Jamaica Plain (Massachusetts), e pasou a súa infancia en Winthrop. Xa de nena escribía, chegando a publicar o seu primeiro poema aos 8 anos. A pesar da súa aparente estabilidade, no seu interior incubaba graves problemas psíquicos que tiñan a súa orixe na morte de seu pai (un especialista en abellas e profesor de Bioloxía na Universidade de Boston) a causa dunha embolia pulmonar cando a poeta contaba con 8 anos.

A escritora comezou os estudos universitarios no Smith College (Massachusetts) e, grazas a unha bolsa de estudos Fulbriht, trasladouse á Universidade de Cambridge. Durante a súa época de estudos, Plath sufriu unha depresión crónica (agora sábese que padecía un trastorno bipolar), chegando incluso a un intento de suicidio no ano 1952, algo que detallou máis tarde na novela A campá de cristal (The Bell Jar). Graduouse con honores[2] tres anos máis tarde, despois dunha tempada de recuperación nun psiquiátrico. Foi en Cambridge onde a escritora coñeceu o que sería o seu marido, Ted Hughes,[3] un poeta inglés co que casaría en 1956.

 
A casa de Sylvia Plath no 23 Fitzroy Road de Londres

Entre xullo de 1957 e outubro de 1959, Plath deu clases no Smith College ata que se trasladou, xunto co seu home, a Boston, onde a escritora asistiu a seminarios con Robert Lowell e con Anne Sexton. Este traslado debeuse ó insoportable que se lle fixo a súa estancia no Smith College, comezando así unha nova etapa de inestabilidade. Cando Plath quedou embarazada, regresaron ao Reino Unido, instalándose primeiro en Londres e logo en North Tawton (Devon). En 1960 publicou a súa primeira recompilación, O coloso (The Colossus) e, en 1962 o matrimonio separouse, apenas dous anos despois do nacemento do seu segundo fillo. Esta separación debeuse, sobre todo, á relación amorosa que Hughes mantiña coa poeta Assia Wevill, aínda que é posible que Olwyn Hughes, irmá do poeta, interferise na súa relación. A separación afectoulle moito a Plath.

A escritora retornou a Londres cos seus dous fillos, pero ela, que ao longo da súa vida sufrira numerosas depresións, rematou coa súa vida asfixiándose con gas o 11 de febreiro de 1963.

Sylvia Plath só publicou dous libros en vida: a colección de poemas The Colossus e a novela The Bell Jar, editada co pseudónimo de Victoria Lucas. Postumamente, apareceu o seu libro Ariel. O seu marido, o poeta inglés Ted Hughes, encargado de xestionar o legado da súa antiga esposa, supervisou e editou a publicación da súa obra[4]

O seu primeiro libro, O coloso (1960), puxo en evidencia a meticulosidade do seu oficio e un estilo moi persoal, aínda que moitas veces foi descrito como convencional e carente do drama das súas obras posteriores. Ariel (1965) está considerado como o seu mellor libro de poemas, o cal, ao igual que a poesía publicada despois do seu suicidio, reflicte un ensimesmamento e unha obsesión pola morte. A campá de cristal (1963), é o testemuño do seu propio derrubamento psíquico provocado por unha sucesión de fracasos sentimentais e polas complicadas relacións que mantivo cos homes que nas relecturas destacan as presións sociais e culturais.[5] Con Poemas completos, editado polo seu home no 1981, Plath gañou, postumamente, o premio Pulitzer no 1982. Outras obras publicadas despois da súa morte son os poemarios Cruzando a auga (1971) e Árbores de inverno (1972), e Johnny Panic e a Biblia de soños, un libro de contos.

  • A campá de cristal (The Bell Jar) (1963). Traducida ao galego por Celia Recarey (Irmás Cartoné, 2023)
  • Cartas a casa (Letters home) (1975).
  • Johnny Panic e a Biblia de soños (Johnny Panic and the Bible of Dreams) (1977).
  • Os diarios de Sylvia Plath (The Journals os Sylvia Plath) (1982).
  • The Magic Mirror (1989), a tese para Smith College.
  • The Unabridged Journals of Sylvia Plath (2000).

Poesía

editar
  • O Coloso (The Colossus) (1960).
  • Ariel (1965).
  • Three Women: A Monologue for Three Voices (1968).[6]
  • Cruzando a auga (Crossing the water) (1971).
  • Árbores de inverno (1972).
  • Poemas completos (The Collected Poems) (1981).

Obras para nenos

editar
  • The Red Book (1976).
  • The It-Doesn't-Matter-Suit (1996).
  • Collected Children's Stories (2001).
  • Mrs. Cherry's Kitchen (2001).

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar

Ligazóns externas

editar