Tendón
O tendón é unha parte do músculo estriado, de cor branca, de consistencia forte e non contráctil, constituído por fibras de tecido conectivo que se agrupan en fascículos.
Tendón | |
---|---|
O tendón de Aquiles | |
Tendóns dunha man | |
Latín | tendo |
Dorlands/Elsevier | Tendon |
Características
editarOs tendóns están formados por tecido conectivo denso. As fibras que o forman encóntranse entrelazadas por tecido conectivo denso regular non modelado, recibindo o nome de peritendón. O tendón exposto ao ar deteriorase rapidamente (por exemplo, en feridas ou intervencións cirúrxicas). Segundo a súa disposción, os tendóns clasifícanse da seguinte maneira:
- Sen vaíña sinovial: situados en zonas de baixa fricción.
- Con vaíña sinovial: situados en zonas de maior fricción.
Características histolóxicas
editarEstá formado principalmente por fibras de coláxeno de tipo I, moi estreitamente agrupadas entre si, ademais dunha escasa cantidade de fibras elásticas e mucopolisacáridos (encárganse de mantelo unido ao óso).
Localización
editarEstá situado a nivel dos músculos e ten a función de facer de nexo entre o músculo e o óso. Poden unir tamén os músculos a estruturas moles como o globo ocular.
Función
editarTeñen a función de inserir o músculo no óso ou na fascia e trasmitirlles a forza da contracción muscular para producir un movemento. Mentres que os tendóns serven para mover o óso ou a estrutura, os ligamentos son o tecido conectivo fibroso que unen os ósos entre si e xeralmente a súa función é a de unir estruturas e mantelas estables.
Véxase tamén
editarOutros artigos
editarBibliografía
editar- Wheater's. Histología funcional (en castelán).