Teodorico III, rei franco
Teodorico II (tamén Teoderico, en francés, Thierry III), fillo de Clodoveo II, nado en 654 e finado no 691, foi rei de Neustria e Borgoña, entre o 673 e o 691 e de Austrasia, entre o 679 e o 691.
Nome orixinal | (la) Theudoricus |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | década de 650 valor descoñecido |
Morte | 691 (Gregoriano) (24/34 anos) valor descoñecido |
Lugar de sepultura | Arras |
Rei dos francos | |
679 – 691 ← Dagoberto II – Clodoveo IV → | |
Rei dos francos Neustria | |
675 – 679 ← Khilderico II – Supresión do cargo → | |
Rei dos francos Neustria | |
673 – 673 ← Clotario III – Khilderico II → | |
Actividade | |
Lugar de traballo | París |
Ocupación | monarca |
Período de actividade | (Con vida en: século VII ) |
Outro | |
Título | Rei dos francos (679–691) Rei dos francos (673–691) |
Familia | Dinastía Merovinxia |
Cónxuxe | Clothildis Doda |
Fillos | Chrodelind von Franken, Clodoveo IV, Khildeberto III |
Pais | Clodoveo II e Batilde |
Irmáns | Khilderico II Clotario III |
Parentes | Clotario IV, may be child Bertrada de Prüm, may be child |
Descrito pola fonte | Allgemeine Deutsche Biographie (pt) Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron |
Aínda que estaba apoiado polo mordomo de palacio Ebroin, foi expulsado do trono de Neustria polos partidarios do seu irmán Khilderico II, e encerrado nun convento. Despois do asasinato deste último no 675, no bosque de Lognes preto de París, mediante unha conxura organizada polos señores francos, que o xulgaban demasiado autoritario, sae do mosteiro e faise co trono de Neustria.
Á súa vez, Dagoberto, fora proclamado rei polos señores austrasianos no 674 e volve, despois do asasinato de Khilderico, para conquistar o trono de Austrasia, onde fora rei o seu pai. Pero contén mal a insubordinación dos grandes e termina sendo tamén asasinado no 679, á idade de 27 anos deixando o trono de Austrasia a Teodorico.
Pero Pipino de Herstal, mordomo de palacio de Austrasia, levántase en armas contra el e termina por expulsalo, concentrando nas súas mans os tres reinos de Austrasia, Neustria e Borgoña. Namentres, temendo un enfrontamento cos grandes señores francos, susceptíbeis e envexosos do seu poderío, permite que, baixo o seu control, Teodorico ocupe o trono dos francos, pero retendo Austrasia.
Teodorico III casou con Clotilde con quen tivo os seguintes fillos:
- Clodoveo IV (680-695) que substitúe ao seu pai á morte deste;
- Khildeberto III (683-711) que substitúe ao seu irmán á súa morte no 695.