Terra Eo-Navia
Bandeira do Eo-Navia
Localización
Eo-Navia e Ibias
Datos
Capital Navia
Comunidade Autónoma Asturias Asturias
Superficie 1.645 km²
Poboación (2007) 36.208 hab.
Densidade de poboación 22,01 hab./km²

A Terra Eo-Navia (en castelán e oficialmente Eo-Navia)[1] é unha rexión que se atopa no occidente do Principado de Asturias, limítrofe con Galicia e que comprende 19 concellos situados entre os ríos Eo e Navia (máis concretamente o río Frexulfe). Trátase dunha denominación de recente creación que non se corresponde con ningunha división territorial oficial ou de uso cotián tradicional. Xunto co Bierzo occidental na provincia de León e As Portelas na provincia de Zamora considérase este territorio como parte da Galicia estremeira.

O termo naceu en sectores do galeguismo[Cómpre referencia], e en primeira instancia correspóndese cunha realidade lingüística e cultural, xa que fai referencia aos concellos do Principado nos que se fala o galego.

En segunda instancia, o termo fai referencia a aspiracións políticas defendidas por parte do nacionalismo galego, que reivindica esa comarca cultural como parte do dominio lingüístico galego e fala dunha necesidade de cooficialización do galego nesa área[2]. En troques, algunhas publicacións como La Nueva España ou a propia Academia Asturiana negan e rexeitan[3] frontalmente o galeguismo desta zona limítrofe coa provincia de Lugo.

Segundo un estudo do profesor da Universidade Complutense de Madrid Alberto Gómez Bautista, na Galicia estremeira (que abrangue as zonas de Eo-Navia, Ancares Leste, Bierzo Occidental e As Portelas) existen entre 70.000 e 100.000 galegofalantes, é dicir un 50% da poboación ten o galego como lingua de uso cotián. Así mesmo, algúns falantes do Eo-Navia e tamén do Bierzo tamén falan asturleonés[Cómpre referencia].[4]

  1. "Informe lingüístico sobre a terra Eo-Navia". Andel Virtual. Arquivado dende o orixinal o 04 de marzo de 2016. Consultado o 06 de maio de 2009. 
  2. "Carlos Varela, académico da RAG, fala dun tabú a se referir á lingua como galego na zona Eo-Navia". Arquivado dende o orixinal o 18 de setembro de 2019. Consultado o 06 de maio de 2009. 
  3. "Plataforma Cultural Eonaviega contra o galeguismo no Occidente de Asturias". Arquivado dende o orixinal o 05 de setembro de 2014. Consultado o 06 de maio de 2009. 
  4. 2004, 7 63-66 (páxina II) Arquivado 03 de abril de 2010 en Wayback Machine. Madrygal. Revista de Estudios Gallegos

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar

Outros artigos

editar

Ligazóns externas

editar

Concellos

editar