That's My Boy
That's My Boy[4] é unha película de comedia norteamericana protagonizada por Adam Sandler, Andy Samberg e Leighton Meester. O guión foi escrito por David Caspe e dirixido por Sean Anders.
That's My Boy | |
---|---|
Ficha técnica | |
Título orixinal | That's My Boy |
Director | Sean Anders |
Produtor | Jack Giarraputo Adam Sandler Heather Parry Allen Covert |
Guión | David Caspe |
Intérpretes | Adam Sandler Andy Samberg Leighton Meester James Caan Susan Sarandon Luenell Ciara |
Música | Rupert Gregson-Williamscrit |
Fotografía | Brandon Trost |
Montaxe | Tom Costain |
Estudio | Happy Madison Productions Relativity Media |
Distribuidora | Columbia Pictures |
Estrea | 2012 |
Duración | 114 minutos[1] |
Orixe | Estados Unidos |
Xénero | Comedia |
Orzamento | $70 millóns[2][3] |
Na rede | |
|
A película foi producida baixo a compañía de produción de Sandler, Happy Madison; e foi rodada en Massachusetts, nos arredores de Boston, Everett, Lynn, Brockton, Stoughton e Cape Cod.[5] A película estreouse o 15 de xuño de 2012.[6][7] e é distribuída por Columbia Pictures.
Sinopse
editarO filme comeza cando o adolescente Donny Berger coñece a muller dos seus soños. O único problema é que esta muller, Mary McGarricle, é a súa profesora. Así, a profesora acaba tendo un fillo con el, feito que a acaba levando á cadea, deixando só a Donny para criar o neno.
Donny intentou ser un bo pai, pero non o fixo moi ben. Agora, trinta anos despois, Todd (Andy Samberg) xa é adulto e é un alto executivo en Wall Street. Afastouse de Donny tan pronto como puido e non o viu durante anos. Mais Donny ten problemas, xa que lle debe miles de dólares a Facenda, e é entón cando pensa que poñerse en contacto co seu fillo é a única maneira de conseguir os cartos para evitar o cárcere. Localiza o fillo cando este está preparando a súa voda con Jamie (Leighton Meester).
Elenco
editar- Adam Sandler como Donny
- Justin Weaver como Donny de 1984
- Andy Samberg como Todd
- Leighton Meester como Jamie
- Susan Sarandon como Mary McGarricle
- Eva Amurri como Mary McGarricle de 1984
- Milo Ventimiglia como Jack
- Rex Ryan como Jim Nance
- Luenell como Champale
- Ciara como Brie
- Vanilla Ice como el mesmo
- Peggy Stewart como avoa Delores
- Alan Thicke como pai de Donny na versión da televisión
- James Caan como padre McNally
- Dan Patrick como Randall Morgan
- Will Forte como Phil
- Rachel Dratch como esposa de Phil
- Blake Clark como Gerald
- Colin Quinn como DJ de Strip Club
- Nick Swardson como Kenny
- Ana Gasteyer como Sra. Ravensdale
- Ian Ziering como Donny na versión da televisión
- Todd Bridges como el mesmo
- Tony Orlando como Steve Spirou
- Baron Davis como profesor de ximnasio
- Dennis Dugan como conserxe da escola
- Jackie Sandler como Masseuse
- Brad Grunberg como Tubby Tuke
Produción
editarA película titulouse orixinalmente I hate you, dad (Ódiote, papá). Logo cambiouse a Donny's boy (O rapaz de Donny) antes de que os produtores finalmente a chamaran That's my boy (Ese é o meu rapaz).[4][8]
Promoción
editarUn tráiler de banda vermella foi lanzado o 1 de marzo de 2012.[7] Un tráiler de banda verde foi lanzado máis tarde o 5 de marzo de 2012. O 1 de xuño de 2012, todo o elenco sentou coa MTV no escenario de City Walk para discutir a película, os seus próximos proxectos individuais e tamén participaron nun Q&A (Preguntas e respostas) co público. A película tamén foi promovida nos MTV Movie Awards de 2012, onde Adam Sandler, Andy Samberg e Leighton Meester foron os presentadores do «mellor bico».
Un tráiler falso foi publicado por Samberg na conta de The Lonely Island en YouTube o 1 de xuño de 2012.[9]
Acollida
editarRecadación
editarA película abriu o 15 de xuño de 2012 con $4.6 millóns e conseguiu $13 millóns no seu debut en toda a fin de semana, que sería a peor fin de semana inaugural de Sandler desde Reign Over Me en 2007,[10] que contou cun orzamento significativamente menor.
A película recadou $13.453.714 na súa fin de semana inaugural, ocupando o posto número catro detrás das segundas fins de semana de Madagascar 3: Europe's Most Wanted e Prometheus e a apertura de Rock of ages.[11] A 27 de xuño de 2012, a película recadou $30 447 403 a nivel nacional e $33 318 295 en todo o mundo.[3]
Resposta da crítica
editarAs críticas foron principalmente negativas. Rotten Tomatoes reporta que só o 23% dos críticos de cine deu unha recensión positiva baseado en 85 comentarios, co consenso que indica que «se ben representa unha nova incursión en obscenidade para maiores de idade típica de Sandler, en That's my boy empeza a repetir un efecto decrecente, arrastrando a Andy Samberg con el».[12] Metacritic dálle unha cualificación de 30/100, o que indica «críticas xeralmente desfavorables». O programa de críticas en liña Half in the Bag, denomina a película «patética» e critica a Sandler como cómico, incluíndo a súa incapacidade para crear humor real que non estea baseado en chistes infantís.
A película foi criticada pola súa representación cómica de violación de menores, pedofilia e incesto.[13][14][15][16][17][18][19][20][21]
Notas
editar- ↑ That's my boy (15) - British Board of Film Classification
- ↑ Kaufman, Amy. latimes.com, ed. "Movie Projector: 'Madagascar 3' to top 'Rock' musical, Sandler comedy". Consultado o 10 de novembro de 2012.
- ↑ 3,0 3,1 Ficha de That's My Boy en Box Office Mojo (en inglés).
- ↑ 4,0 4,1 Ngo, Binh (3 de febreiro de 2012). "La comedia de Adam Sandler Donny's boy cambió a That's my boy". Movies with Butter. Arquivado dende o orixinal o 29 de febreiro de 2012. Consultado o 10 de novembro de 2012.
- ↑ "Thursday, July, 21: Filming Locations in NYC, Detroit, Chicago, & more including AWOL, Boss, and SVU". On Location Vacations. 9 de xullo de 2011. Arquivado dende o orixinal o 24 de xullo de 2013. Consultado o 10 de novembro de 2012.
- ↑ "I Hate You, Dad". CraveOnline. Arquivado dende o orixinal o 17 de marzo de 2011. Consultado o 10 de novembro de 2012.
- ↑ 7,0 7,1 Ng, Philiana (10 de novembro de 2012). "Thats My Boy Trailer. Adam Sandler, Andy Samberg". The Hollywood Reporter. Consultado o 1 de marzo de 2012.
- ↑ Eisenberg, Eric (16 de xaneiro de 2011). "Adam Sandler Comedy I Hate You, Dad Retitled Donny's Boy, First Image Arrives Online". Cinema Blend. Consultado o 10 de novembro de 2012.
- ↑ "That's My Boy Trailer - Samberg Cut" - YouTube
- ↑ Rosen, Christopher (16 de xuño de 2012). "'That's My Boy' Box Office: Adam Sandler Comedy Bombs, Tom Cruise's 'Rock Of Ages' Disappoints". Huffington Post. Consultado o 10 de novembro de 2012.
- ↑ Weekend Box Office Results for June 15-17, 2012 - Box Office Mojo
- ↑ Ficha de That's My Boy en Rotten Tomatoes (en inglés).
- ↑ http://www.salon.com/2012/06/16/sympathy_for_adam_sandler/
- ↑ "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 18 de xuño de 2012. Consultado o 10 de novembro de 2012.
- ↑ http://www.dailymercury.com.au/story/2012/06/21/movie-review-thats-my-boy-adam-sandler/
- ↑ http://www.qt.com.au/story/2012/06/21/movie-review-thats-my-boy-adam-sandler/
- ↑ http://ncfm.org/2012/05/news/discrimination-against-men-news/adam-sandlers-new-movie-thats-my-boy-exploits-child-victims-of-sexual-assault-please-boycott-the-movie/
- ↑ "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 02 de xaneiro de 2013. Consultado o 10 de novembro de 2012.
- ↑ http://www.huffingtonpost.com/christopher-rosen/thats-my-boy-adam-sandler_b_1600054.html
- ↑ http://goodmenproject.com/noseriouslywhatabouttehmenz/thats-my-boy/
- ↑ http://goodmenproject.com/good-feed-blog/adam-sandler-and-rape-culture/
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editar- Páxina oficial (en inglés)