Thutmose III
Thutmose III, reinou ca. 1479 ao 1425 a.C.[1], foi o sexto faraón da XVIII dinastía do Imperio Novo, considerado un dos máis grandes gobernantes do Antigo Exipto.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1481 a. C. |
Morte | c. 1425 a. C. (55/56 anos) |
Lugar de sepultura | KV34 (pt) |
Faraón | |
1479 a. C. – 1425 a. C. ← Hatshepsut – Amen-hotep II (pt) → | |
Título real no antigo Exipto
| |
Actividade | |
Ocupación | estadista |
Período de tempo | Imperio Novo de Exipto e Dinastía XVIII de Exipto |
Outro | |
Título | Faraón |
Familia | Dinastía XVIII de Exipto |
Cónxuxe | Nebtu Satiah Nebsemi Menhet, Menwi and Merti Hatchepsut Meryt-Ra |
Fillos | Amen-hotep II () Hatchepsut Meryt-Ra Amenemhat () Satiah Nebetiunet () Hatchepsut Meryt-Ra Menkheperre () Hatchepsut Meryt-Ra Siamun () Iset () Hatchepsut Meryt-Ra Meritamen () Hatchepsut Meryt-Ra Beketamun () |
Pais | Tutmés II e Iset |
Irmáns | Neferure |
Descrito pola fonte | Dictionary of African Biography, Africa: An Encyclopedic Reference (en) , (vol:2) |
Traxectoria
editarThutmose III era fillo de Thutmose II e de Iset[2]. Ao morrer seu pai, asumiu o trono pero moi neno, exerceu o poder efectivo a Grande Esposa Real, Hatshepsut, que acabou proclamándose tamén faraón, compartindo durante vinte e dous anos teoricamente o poder, aínda que Thutmose tivo nesta época un papel secundario. Morta esta no ano 1458 a.C., iniciou a súa soberanía plena cunha campaña militar, dirixiuse cara ao Levante, para facer fronte a unha rebelión local en Kadesh, esmagando unha coalición formada por canaanitas, mitannis e a propia Kadesh , tras un alarde estratéxico, escollendo os pasos máis difíciles das montañas do Carmelo, na famosa batalla de Megiddo (1457 a.C.). Tras esta, cerca e toma a cidade, paso fundamental para o dominio de Siria e Fenicia. Asiria, Babilonia e os hititas amósanlle acatamento.
Tras estes triunfais comezos, desenvolveu múltiples vitoriosas campañas, salientando a primeira contra o imperio hurrita de Mitanni. Thutmose levou por terra a súa frota para cruzar por sorpresa o Éufrates e arrasar o país inimigo.
En varias ocasións tivo que sufocar rebelións en Siria, para o cal non dubidou en asaltar cidades e empobrecer ás poboacións privándoas do grao, que dos peiraos de Fenicia partía para Exipto, fornecendo o poderío exipcio. Tamén tivo que volver contra Mitani.
Nas derradeiras accións militares dirixiuse contra Nubia consolidando unha expansión territorial nunca acadada dende o Éufrates ata a cuarta fervenza. Foi tamén un soberano construtor, ordenou a elevación de máis de 50 templos. Salientan as súas intervencións en Karnak
Sucedeulle o seu fillo Amenhotep II..
Notas
editar- ↑ Cline, Eric H. e O'Connor, David (2006) Thutmose III : A New Biography, University of Michigan Press, ISBN 0-472-11467-0, p. 1
- ↑ Tyldesley, Joyce (1996) Hatchepsut: The Female Pharaoh, Viking, pp.94-95.