Tibia
óso da perna
A tibia é un óso humano longo que ocupa a parte interna da perna. Recibe o nome vulgar de canela.
Tibia | ||
---|---|---|
Osificación da tibia | ||
Gray | tema #61 256 | |
Articulacións | Fémur, astrágalo e peroné |
Estrutura
editarPresenta, como todo óso longo, unha epífise proximal, unha diáfise e unha epífise distal.
- Epífise proximal: Ten unha forma cuboidea, e por iso, consta de seis superficies.
- Superficie superior: Presenta dúas pequenas escavacións, destinadas a artellarse cos meniscos do xeonllo. Entre eles hai unha pequena espiña que separa dúas áreas de inserción: unha preespiñosa, onde se inserta o ligamento cruzado anterior do xeonllo; e unha retroespiñosa, onde se insire o ligamento cruzado anterior.
- Superficie inferior: É unha zona de transición entre diáfise e epífise. Nos nenos aínda non se osifica ata a puberdade.
- Superficie anterior: Atopamos dous tubérculos, un anterior (tubérculo tibial anterior), que permite a inserción do ligamento rotuliano; e un lateral (tubérculo do tibial anterior ou de Gerdy), onde remata o músculo tensor da fascia lata e comeza o músculo tibial anterior.
- Superficie posterior: Insírese o músculo semimembranoso, formando tres tendóns:
- Tendón directo: É o tendón que se insire no óso, e é o de maior funcionalidade.
- Tendón reflectido: É un tendón que nace a nivel tibial. Segue por unha canle ósea por toda a superficie posterior ata a interna.
- Tendón poplíteo oblicuo: Ascende cara a parte posterior do xeonllo.
- Superficie interna: Insírese o ligamento lateral interno do xeonllo, que consta de dous planos:
- Plano superficial: Máis longo e máis ancho co fondo. Cobre ó fondo e chega a cubrir ó tendón reflectido do semimembranoso.
- Plano fondo: Máis curto e menos ancho.
- Superficie externa: Insírese nela parte do músculo poplíteo e o ligamento lateral externo do xeonllo.
- Diáfise
- Superficie interna: Presta inserción ós músculos da pata de ganso na parte superior:
- Semitendinoso
- Recto interno da coxa
- Sartorio
- Superficie externa: Nos dous terzos superiores insírese o músculo tibial anterior
- Superficie posterior: Insírense:
- Músculo poplíteo
- Músculo sóleo
- Músculo tibial posterior
- Músculo flexor longo do primeiro dedo
- Bordo anterior: Vaise desprazando cranio-caudalmente cara a parte interna. É un bordo moi afiado.
- Bordo interno: Pouco importante.
- Bordo externo: Artéllase co peroné. Véxase Articulacións tibio-peroneas
- Superficie interna: Presta inserción ós músculos da pata de ganso na parte superior:
- Epífise inferior:
- Superficie anterior: Pasan os tendóns de:
- Músculo tibial anterior
- Músculo extensor común dos dedos do pé
- Músculo extensor propio do I dedo
- Músculo peroneo anterior
- Superficie posterior: Paso do músculo tibial posterior e dos músculos flexores.
- Superficie superior: Continúase co resto do óso.
- Superficie inferior: Artéllase co óso astrágalo.
- Superficie interna: Continúase co maléolo tibial
- Superficie interna do maléolo: É unha superficie subcutánea. Os impactos nela ocasionan moita dor.
- Superficie externa do maléolo: É unha superficie articular. Artéllase co astrágalo.
- Base do maléolo: Continúase co resto do óso.
- Vértice do maléolo: Insírese o ligamento lateral interno do nocello.
- Superficie externa: Presenta unha faceta articular para o peroné. Véxase articulacións tibio-peroneas
- Superficie anterior: Pasan os tendóns de:
Funcións
editarAdemais da función de sostén, contribúe á mobilidade do xeonllo e á do nocello.
Articulacións da tibia
editarAdemais das xa mencionadas do nocello e o xeonllo, están as articulacións tibio-peroneas.